14 de mayo de 2014

Visita Uxía e Ío

Ola a todos e todas!!!!

Fai uns días tivemos unha visita moi moi especial!.
Uxía e Ío a mamá e irmanciña de Lúa viñeron á clase das Bolboretas para que rematáramos a nosa investigación sobre o corpo.
Estivemos moitos días falando e facendo moitos traballiños sobre nenos, nenas, maiores, e bebés, incluso trouxemos algunha foto de cando nós eramos  bebés moi pequerrechiños.


Colaboración Uxía 3


Collage Uxía 6


Cando falabamos sobre os bebes tiñamos moitas dúbidas... así que Uxía axudounos a resolvelas,....
Gozamos moito de este ratiño con Ío, comprobamos que comía só leite que lle daba Uxía da teta, que aínda non sabía gatear, que non tiña dentes, e unha cousa moi curiosa... que os bebes teñen a cabeza máis blanda que a nosa.... e puidemos comprobalo!!!!

Colaboración Uxía 5


Colaboración Uxía 2


  E tamén puidemos axudarlle a cambiar o cueiro de Ío.


Colaboración Uxía 4


Agora todos e todas estamos preparados e preparadas para coidar dun bebé, JEJEJE
Foi unha tarde moi especial e moi divertida, os nenos e nenas da clase das Bolboretas pasámolo xenial e queremos darlle as grazas a Uxía e a Io porcompartila con nós.


Colaboración Uxía 1

Aos demais papás e mamás  esperámosvos en canto poidades e vos apeteza pasar un ratiño con nós. Xa sabedes que podedes facer o que máis vos guste!!!

Mil bicos... A clase das Bolboretas!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!