31 de diciembre de 2012

Creatividade a moreas!!

Se na entrada anterior falabamos do inicio do proxecto musical, agora queremos amosarvos algunhas das nosas creacións plásticas destas datas.

Por unha banda, como final do trimestre, preparamos nas tres aulas as bolsiñas nas que transportar os nosos traballiños. E como xa sabedes que para nós é fundamental  o principio da reutilización e redución de resíduos este ano decidimos utilizar en 1º e 2º EI sabas que xa non usabamos nas casas e en 3º EI camisetas das mamás e/ou papás. Dende aquí queremos darvos as grazas a todas as familias que sempre estades moi dispostas a colaborar tamén nesta parte de búsqueda na casa.

Este era o material inicial do que partir para,  con un toque máxico, reconvertilo en bolsiñas fantásticas nas que cada trimestre meter os traballiños, e cando rematen esta función inicial as poidamos utilizar no día a día (para levar a merenda, o pixama de fin de semana etc.....!!! unha chea de usos que lles podemos dar.

Na clase das sereas e das fadas o toque máxico foi o tinguido.


tinguir fadas
  tiinguir sereas

E os leóns enfeitamos as teas cos estampados das nosas mans.
bolsas 2º

 Como xa é habitual, por esas datas o cole sempre participa nalgún proxecto solidario. Este ano colaboramos co Banco de Alimentos de Lugo.
Os rapaces e rapazas de 2º ESO foron os encargados de vir a contarnos a súa experiencia no mesmo un día de reparto pola tarde axudando e da visita ao cole da fundadora do mesmo. Viñeron ás nosas aulas despois a contarnos o que viviran e como podiamos colaborar, así que ademais de aportar comida elaboramos unha postais donativo para a recolllida de fondos cos que mercar alimentos, inspiradas no tema: unha cestiña feita con diferentes materiais e cheíña de comida.
Aquí podedes ver o que fixemos en 2º EI: a cestiña con papel de xornal enroscado e dentro metímoslle fabas, lentellas e pasta.
cestas leons
Grazas de novo familias pola vosa colaboración tamén neste proxecto porque o resultado foi un éxito tanto na recollida de alimentos como de fondos para mercalos dende o cole. E por suposto a aprendizaxe ao redor deste tema mereceu a pena, non vos parece?

              Outro dos proxectos que trae o Nadal é a elaboración de postais de felicitación.
 En infantil sempre facemos un modelo (ou dous) para a nosa familia e outro para enviar a algún neno ou nena de outra clase. O intercambio destas últimas faise o último día pola mañá e de forma un tanto peculiar porque se trata de metelas por debaixo da porta sen que nos vexan, petar nela para avisar e despois saír correndo para non ser vistos. É moi emocionante!!

En 1º e 2º a inspiración para facelas foron os alimentos. Que bonitas!
arbore fadas postais leons
E as sereas iniciamos un proceso de investigación/creación con algúns alimentos vendo as súas posibillidades plásticas.
estampar
 Para as familias este ano a clase das sereas fixo unha felicitación en 3D con material de refugallo 100%.
A silueta do nosos brazo fixo de molde para a árbores en cartón que despois enfeitamos con anaquiños que sobraron de outros traballos e a silueta de nós mesmos coa mensaxe de Nadal.       A que son chulas?
postais sereas


 Estas son só algunhas mostras da parte plástica do proxecto "Nadal" pois como é xa tradicional de novo os xoguetes co material de refugallo, os adornos para a árbore, adornos para as aulas e corredores, preparamos os traxes para a actuación..... (Upss, esto será outra entradiña....)

De momento deixámosvos con esta parte da nosa creación pero...queda moito que contar!!! esperámosvos aquí!




















27 de diciembre de 2012

Os Bolechas en Lugo




Que ben o pasamos onte!!! verdade que vos gustou??

Dende aquí queremos agradecer a Bolanda o agasallo de Nadal que trouxo para  todos os  nenos e nenas de Infantil do cole: as invitacións que fixeron que gozaramos dunha tarde do máis especial cos nosos amigos Os bolechas na estrea da súa xira "Brincabolechas, circo de Nadal"  en Lugo.

Nós coñecémolos ben pois nas nosas aulas sempre están presentes os seus contos coas súas aventuras, trastadas e tamén os libros de investigar que nos dan moita información nos proxectos de aula.

O espectáculo foi do máis ameno con música,  maxia, malabares, acrobacias e as nosas personaxes favoritas: Carlos, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa. E saber que imos poder seguir lendoos en novas aventuras é moi emocionate. Grazas unha vez máis.

E se queredes seguir as novas desta familia non vos perdades a súa páxina chea de sorpresas!!!

Os Bolechas



25 de diciembre de 2012

Arrancando o Nadal con Isabel

Quixemos iniciar o proxecto do Nadal con unha visita moi especial: a mamá de Samuel, Isabel que quixo compartir con nós algunhas das tradicións da súa terra natal, Asturias

 Empezamos por situala no mapa. samu4 samu5
 Amosounos as semellanzas e diferenzas con Galiza na orografía, nas paisaxes, na comida e bebida, nas tradicións e nos instrumentos, concretamente da gaita asturiana. samu1
 Escoitamos música asturiana onde tocaba a gaita e algunhas cancións infantís en Bable. Entre elas había unha cantiga de Nadal "Los tres Reis", que decidimos aproveitar para preparar de cara á festa de Nadal e compartila coas familias e compañeiros e compañeiras que nos virán a ver.....empezaba aquí un proxecto
 musical!!

  samu3

Descubrimos que a letra da canción era parecida ao galego...máis....non o era. Aprendimos que ese idioma se chama Bable, que o papá de Samuel, Xabel, o fala moi ben e comparamos verbas galegas e asturianas. Que lingua tan melodiosa! aseméllase en moitas cousas ao noso idioma!

Foi unha tarde moi amena na que Os Leóns o pasamos xenial e que nos serviu para coñecer máis cousas de Asturias da comunidade veciña, coa que atopamos moitas semellanzas!

Grazas Isabel e Samuel por compartir un pedaciño da vosa historia con nós!!

 Aproveitamos tamén esta entradiña para adicarlle a Samuel e á súa familia un ATA PRONTO!! porque marchan a vivir a Verín e os botaremos moito moito de menos. Esperámosvos sempre aquí e gardámosvos no corazón!

Moitos bicos de toda a comunidade educativa de Galén.


22 de diciembre de 2012

Remate do primeiro trimestre

Xa rematamos o primeiro trimestre de cole!! que rápido se nos pasou e que chea de cousas vividas e aprendidas!
 Estas últimas semanas tivemos moitísimas actividades por iso vos propoñemos dende aquí irvos contando todo o que fixemos en varias entradas que publicaremos ao longo das vacacións do Nadal. Estamos a preparar as entradas así que estade moi moi atentos: ultimos proxectos das aulas, concerto de Nadal, visita dos Reis e Apalpador etc....

O Venres pola mañá foi un día de intensas emocións  e este ano quixeron compartila con nós os da tele...si, si, saímos en TVE. e aquí podedes ver  os programas:

AQUÍ podedes ver a visita do Apalpador e os Reis a partires do minuto 41.


 E AQUÍ a partir do minuto 12 o canto de aguinaldo que compartiron os nenos e nenas de 1º e 2º EP cos nenos e nenas de Educación Infantil.

E isto só para ir abrindo boca que nestes días irémosvos ensinado moitas mási cousiñas. Vémonos!!!

5 de diciembre de 2012

O Outono

Xa a piques de rematar esta fermosa estación que nos agasalla coas súas bonitas cores queremos ensinarvos algunhas das cousiñas  que fixemos nos nosos proxectos de aula.

Nas tres aulas e enlazando coa saída ao monte que fixemos coa mamá de Adri  falamos das cores do outono, das árbores e de como van cambiando ao longo do ano, das follas e das diferentes formas, cores e tamaños, dos froitos propios da época etc... E utilizamos todos estes elementos naturais para clasificar, contar, escribir, falar e crear ......

O primeiro paso foi saír fóra a recolectar todas aquelas cousiñas coas que a natureza nos agasalla e que nos darán despois moito xogo nas aulas.
follas 8 follas 7 follas 6 follas 5 follas 4 follas 3 follas 2 follas 1
E xa nas aulas comezou o traballo despois de secalas e prensalas.

 traballando coas follas
Despois de ler e observar as lindas ilustracións do conto "The Leaf man" inspirounos a idea de intentar facer as nosas propias ilustracións cos materiais naturais que recollemos. Na aula das fadas representamos algúns dos animais que aparecen no conto. Que chulos!! fadas follas2 fadas follas 7 fadas follas 5 fadas follas 4 fadas follas 3 fadas follas 1
Aos nenos e nenas da clase dos leóns motivounos moito máis representarnos a nós mesmos coas follas e aproveitamos tamén algúns papeliños para facer os detalliños de pelo, ollos, boca etc.... Aquí estamos, somos nós!!

 follas leóns 3 follas leon 2 follas leóns 3
E os nenos e nenas da clase das sereas escollimos representar cousas moi variadas: paisaxes, casiñas, caras etc mirade!
 follas sereas 2 follas sereas 3 sereas follas 1
Coas follas que nos sobraron fixemos estampados e traballamos a simetría: estampar1 estampar 2
Ademais destes traballiños con elementos naturais tamén recreamos con outros materiais de refugallo unhas árbores de outono, espidos ou con algunha folliña aínda por caer facendo arbores árbores
 Os nenos e nenas da clase dos leóns tamén fixemos unha árbore que quedará ao longo do ano no corredor e que iremos enfeitando en cada estación como corresponda. Desta primeira volta con folliñas de outono. árbore leóns Que vos parece??? Traballamos moitísmo non si????