Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso. Mostrar todas las entradas

3 de julio de 2015

Este curso xa remata!!!

Ola a todos e todas! A derradeira semana deste curso tivemos moitas e moi diversas actividades novidosas. Para comezar estivemos os Caracois e os Dinosaurios xuntos na mesma aula, xa que os momentos se son compartidos son mooooito mellores... 
Como puidéstedes ver o luns fomos a Santo Anxo de Rábade a pasar o día, pero as emocións non remataron aí. A derradeira semana de cole tiña que ser suuuuperespecial!!!

Así que, o mércores fixemos XOGOS DE AUGA, mirade como exercitamos a noso corpo, calculamos cantidades, traballamos a orientación espacial... 

Xogos de auga 1
calculamos velocidades... 
Xogos de auga 2
e pasámolo xeeeenial!!!
Xogos de auga 3


O xoves foi tamén un dos nosos días máis especiais xa que gozamos da compaña das familias nunha festa con xantar campestre, comida riquísima e animación de tarde.

De menú tivemos: 
-Entrantes: tortilla de pataca, empanada 
-Prato principal: churrasco, chourizo e criollo.
-Sobremesa: sandía.

Churrascada 1

Churrascada 2

Rematamos a xornada cun número de circo con malabares, maxia, mimo e....ata lume!!!
E agora chega o momento da......despedida!!! pero non é unha despedida triste nooon
É un ata despois do verán!!!
Este foi un curso   cheo de aprendizaxes, ilusión, descubrimentos, emocións... e a verdade é que gozamos todas e cada unha das cousiñas que fixemos dende as nosas obras de arte até os obradoiros ou clases de música. 

Agardamos que este blog vos axudase a sentirvos un chisco máis partícipes do que acontece no cole e que gozarades de todo o que compartimos con vós e... estade moooi pendentes porque volveremos en setembro, coma sempre, con grandes novidades e moitas moitas gañas e forzas para que sexa un curso aínda mellor (se é que o pode ser...) que este.

Todo o equipo de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria desexámosvos un moi bo verán e que gocedes da familia neste tempo de lecer. Biquiños mil!!!





12 de junio de 2014

Xa no cole e comezando a velada

Vaia día que levamos... e o que nos queda.
Logo de aproveitar a tarde ao máximo xa estamos no cole. Primeiro unha ducha revitalizadora e a continuación unha boa cea antes de choutar un pouco a ritmo de música. Todo isto rematará coa agardada acampada no cole.
Mañá xa vos contaremos como foi a noite xa que esta promete!!!
Moitos bicos para todas e todos e boas noites.

4 de julio de 2013

Fin de curso 2013

Ola a todos e todas!
A estas alturas xa gozastes coas fotos de todo o curso dos vosos nenos e nenas, pero... faltan as da nosa visita a Santo Anxo de Rábade e as da actuación do clown e malabarista Peter Punk coas que rematamos as intervencións no blog por este curso.
A de Santo Anxo foi, coma sempre,  unha saída moi especial pola presenza dos pais e nais que compartistes  con nós un día cheo de grandes descubrimentos, emocións e moitas risas.
Chegamos ben cediño para aproveitar ao máximo o estupendo día que tivemos, repartímonos en dous grupos e fomos explorar todas as marabillas que alí hai. Vimos distintos tipos de ovos, dende os máis xigantes de avestruz até ovos tan pequeniños que nos daba medo rompelos.

Rábade visita

Puidemos ver unha gran variedade de animais, dende os máis comúns como vacas, patos, ocas e galiñas até os máis maxestuosos como os pavos reais que nos marabillaron coas cores da súa plumaxe, tanto tanto... que ao rematar a visita nos deron como recordo unha fermosa pluma.
Todos estes animais atópanse nun entorno privilexiado, acorde ás súas necesidades, no que atopamos numerosas árbores que os cobixan do sol e pequenos estanques con auga para refrescarse.

Rábade visita 2

Rábade visita 1

 Despois dunha visita moi animada e chea de sorpresas chegou a hora de comer porque tanto axetreo deunos moita fame... iso sí, xantamos  moi ben e deseguida nos puxemos a xogar porque nos facía moita ilusión compartir este tempo con vós.

Rábade comida e xogo

Rábade comida e xogo 1
   
E chegou o día esperadísimo xa dende hai uns anos por todo o cole.....A churrascada!!!
Este ano tamén nos acompañástes as familias de todos os nenos e nenas do centro. Comemos churrasco, tortilla, empanada, sandía e...os postres coma sempre servíronnos os rapaxes e rapazas de 4º da ESO para recadar fondos para a súa excursión do ano que vén.
E para rematar o gran día  contamos cunha actuación moi divertida, a verdade é que nos fixo rir moitísimo! Foi o clown e malabarista Piter Punk  o que nos fixo, a grandes e pequenos, sacar unhas gragalladas e vivir emocións intensas.

Collage 1 pres
   
 Algúns de nós tivemos a oportunidade de participar na actuación, aquí podedes ver o ben que o fixemos!

Collage2 Laura

Collage3
   
 A maxia e os malabares estiveron moi ben, pero o que máis nos impresionou foi todo o que se atreveu a facer co lume... 

Collage4
   
 Un dos momentos máis divertidos foi o final da actuación no que Natalia lle deu un tartazo a Peter Punk... Mirade que cariña se lle quedou!

Collage5
   
 Coma todos os anos o curso pasou voando, fixemos un montón de actividades e aprendimos moito ao tempo que  divertimos! Despois de tanto traballar toca descansar, que o merecemos moito... Agardamos que pasedes un bo verán e repoñades forzas para o vindeiro curso! 

 Moitos biquiños!!!

21 de junio de 2012

Día de picnic en Rábade

Hoxe, como todas as semanas de fin de curso dende hai xa 12 anos, os nenos e nenas de Educación Infantil e as mamás e papás que nos puideron acompañar, pasamos o día no centro Santo Anxo na compaña de Alberto e Enrique que tantas cousas nos ensinan sobre os animaliños que alí coidan.
Unha vez máis queremos agradecerlles a súa sempre boa disposición a compartir con nós os seus saberes sobre o mundo das aves e o seu estupendo espazo natural. Grazas, encántanos reencontrarnos ano tras ano con vós.

Os máis pequenos iniciámonos no mundo das aves e os que levamos anos indo tiñamos moitas moitas ganas de volver a ver e recordar...e recordabamos moitas cousas si....e ampliamos coñecementos e por suposto experiencias, emocións e aventuras.

Alberto e Enrique foron guiándonos polos diferentes espazos: a zona de incubación, os escondrixos onde as aves poñen os oviños, a corte das vacas, o galiñeiro, a zona dos chivos etc.....

Vimos e tocamos diferentes ovos de animais....dende o máis grande da avestruz ata o máis pequeno de canario así como os niños onde as mamás ou papás os quentan ata que saen os bebés. ovos
 Na zona das incibadoras vimos como estas máquinas fan as veces de mamá que quenta os oviños, como se sabe se un ovo ten embrión ou é para comer e puidemos tocar a un poliño de faisán que recén saíra do ovo

 pitiños

Tamén comprobamos os diferentes tamaños de cráneos de diferentes mamíferos. O máis grande de xabarín e o máis pequeno de toupiña. craneos
 Andivemos na busca dos agochos que hai para que as aves aniñen, e ademais de comprobar se había bichiño dentro quixemos comprobar que se sinte alí dentro meténdonos en todos os recunchiños que
 atopabamos.

bichos2
E estivemos coas que cada ano son as estrelas da visita: as cabras e os ñandús. E ademais este ano había novidades xa que Domingo, o ñandú,  tiña novos compañeiros e compañeiras. E tiñamos preparado un cubo con pan para darlles de comer aos Chivos chivóns, como os do conto!!



 bichos
Este ano tamén contamos coa participación de algunhas familias que nos acompañaron no percorrido, no xantar e despois compartiron o rato de xogos. Grazas a todas e a todos, pasámolo moi moi ben e parece que estivemos todos moi a gusto verdade???  é xenial poder compartir momentos familia-escola dunha forma  tan distendida e compartindo momentos cos nenos e nenas.
... familias 1 familias 3 familias 2  ben o pasamos
 E xa chegada a hora de marchar estaba agardándonos Alberto con unha sorpresa: plumas dos pavos reais que nos acompañaron todo o día dende o alto dos tellados. Que chulas! pavos

22 de junio de 2011

E xa rematou!!!

Si si, xa rematou o curso e agora chega o verán para que gocemos da praia, da natureza, do sol, dos xogos e da nosa familia. E para despedir o curso tivemos un montón de actividades que nos falta por contarvos así que ...aí vai.

As actividades comezaron o pasado venres 16 con churrascada no cole que compartimos coas familias de todos os nenos e nenas: tortillas, empanadas e o delicioso churrasco fixeron do xantar todo un pracer. Os cafés, doces e refrescos puidemos degustalos na cafetaría que os compañeiros e compañeiras de 4º ESO montaron para recadar fondos para o vindeiro ano irse de excursión. Todo un éxito!!
E despois de encher as barriguiñas e xogar por fóra,´puidemos gozar da historia "A guerra das Galixias" dos títeres Cachirulo. Rimos moito!
DSC02195
DSC02191
DSC02196

O luns 20 acompañounos o sol e a calor e pasámolo bomba cos xogos de auga: mollar-mollarnos, baixar polo tobogán de auga, encher-baleirar cacharros...en fin, que a auga é un elemento do máis divertido.
DSC02265
DSC02251
DSC02209

O martes fomos de excursión a Rábade, ao centro Santo Anxo, onde nos esperaban Enrique e Alberto que, coma sempre, nos contaron cousas moi interesantes sobre as aves: como nacen, como as coidan, os nomes e características peculiares de algunhas especies, onde aniñan, que comen....e unha chea de cousas que despertaron a nosa curiosidade se cabe aínda máis. Grazas Alberto e Enrique é un gustazo pasar o día con vós.
DSC02303
Enrique descubríndonos os agochos dos patos
DSC02299
Alberto coas plumas de cores e as dos pavos reais

Collage de Picnik

E grazas unha vez máis aos papás e mamás que nos acompañaron, que ademais prepararon e compartiron con nós xogos pola tarde. Dá gusto pasar o día con vós.
DSC02310
Collage de Picnik
Collage de Picnik

E xa como remate final o mércores á mañá foi tamén moi intensa: recoller as nosas cousiñas da aula, xuntar os traballos do trimestre, almorzo especial no comedor, xogos no castelo hinchable.....e despedirnos dos compañeiros e compañeirsa e das mestras ata o curso que vén. Todos e todas iniciaremos unha nova etapa nunha nova aula e con moitas moitas experiencias pendentes que vivir como as vividas ata agora.

Foi un curso estupendo, cheo de emocións e experiencias que nos fixeron avanzar, sentirnos cada día máis capaces e autónomos para decidir sobre nós mesmos e o noso contorno e todo o aprendido está en nós mesmos, pouco a pouco o iredes vendo.

Ata o curso que veeeeeeen!!!!!

AH!!! e non deixedes de visitar o blog de cando en vez que publicaremos algunha cousiña ao longo do verán.

20 de junio de 2011

Aviso: fotos

Xa está a piques de rematar o curso e....xa, xa...queredes saber que estamos a facer estes días de tanta actividade...Para iso aínd vos imos facer esperar un pouquiño....
Mentres tanto queriamos dicirvos que tedes á voa dispposición un montón de fotos de todo o curso e o video da aventura pirata. Se queredes telos podedes levar un lápis de memoria entre mañá e pasado ás titoras para poder ter estes recordos na casiña.

Mañá imos a Rábade, e compartiremos con algunhasfamilias un día ben completiño.

Xa non queda nadaaaaaa!!!!

19 de junio de 2011

Aviso: xogos de auga

Mañá luns 20 de xuño teremos pola tarde xogos de auga. Xa que parece que o sol vai aparecendo e quentando, non podemos desarpoveitar o momento de divertirnos coa auga. Para elo, temos que levar unha mochila con toalla, un bañador, chanclas e crema para o sol.
Ímolo pasar xenial, xa veredes!!!
Esta semana que pasou e os tres días que quedan de cole da vindeira semana están a ser do máis divertido e entretido. Estamos coas actividades de fin de curso e cada día algo especial. En breve subiremos unha entrada contándovos o que fixemos.

11 de junio de 2011

Saída a Rábade

Xa temos data para a saíd a de fin de curso á que estades convidadas as familias a acompañarnos aínda que o lugar cambiou. Finalmente iremos a Rábade ao centro Santo Anxo.
Será o martes 21 de xuño despedindo así o curso cunha actividade lúdica e gratificante compartida coa familia. Nós iremos en bus e a vós podedes acompañrnos en coche. Levade un xogo pensado para xogar alí!

Se non podedes vir non vos preocupedes que os pais e nais que veñan farannos sentir a todos e a todas como en familia.
Avisade ás nosas profes se queredes vir ao longo desta semana.