17 de enero de 2014

Visita ao Museo Provincial de Lugo

Xa voltamos do Nadal e iniciamos un novo trimestre con moitas sorpresas por vir, novas experiencias e unha chea de aventuras.
E iniciamos xa con unha saída!! Fixemos unha visita polos recunchos do Museo Provincial de Lugo.

Coa compaña das Guías fomos coñecendo ás diferentes persoas que traballan alí: garda de seguridade, guías, mantemento, bibliotecarias etc... e os diferentes espazos da primeira planta.
Comezamos visitando a cociña, unha cociña moi antiga un tanto diferente á nosa. Descubrimos como cociñaban na Lareira ademais de que lles servía para quentarse sentados nos escanos arredor do lumementres se cociñaban os alimento nos tres pes, nas tixolas e...ata vimos unha batidora antiga sen enchufes nin cables claro!!

Visita ao museo 1 

Despois fomos a ver como era o chan das casas romanas, con mosaicos feitos de pedriñas moi pequeniñas que van facendo debuxos moi lindos, de formas e incluso de animais ou persoas. Tamén vimos esculturas con persoas daquela época e descubrimos como ían vestidos con túnicas homes, mulleres e nenos/as.

Visita ao museo 2 

Paseamos polo claustro que nos contaron que era como cando nós saímos ao patio e alí puidemos ver reloxios de sol. Como estaba moi nublado non vimos o funcionamento pero Lucía, a guía, explicóunolo moi ben.

Visitamos tamén a biblioteca...cantos libros hai alí!!...e tan antigos que están escritos e ilustrados a man.

Xa de novo  na parte máis moderna do museo, xogamos a construír os nosos porpios museos colgando nas paredes cadros por temas: de mulleres, de animais, de paisaxes...simulando ser do servizo de catalogación do museo.
Visita ao museo 3 visita ao museo 4 visita ao museo 4 Visita ao museo 5 
Que ben o pasamos e...canto nos gusta descubrir cousiñas de fai tantos tantos anos.

14 de enero de 2014

Aniversarios de Decembro


E Decembro ademais de festas e moitas sorpresar tamén nos trouxo algúns aniversarios....mirade  que maiores estamos!!!


Aniversarios Decembro 1ºEI
Aniversarios Decembro 2ºEI
Aniversarios Decembro 3º EI

11 de enero de 2014

Así foi o Nadal 2013, 4ª parte: Audicións.

Como non podía ser doutro xeito e como toda festa que se preste, o Nadal vai acompañado de música e nós fomos os anfitrións nas audicións que preparamos e compartimos con vós. En Infantil cantamos "Jingle jingle little bell" e "Alegría", chea de boas vibracións. Para esta canción contamos ademais coa colaboración dos rapaces e rapazas de 1º da ESO. En 1º e 2º de EP cantamos "What do you want for Christmas" e "Quérote Máis" de Sonoro Maxín que nos deixou con moi bo rollo de cara ás vacacións.
Agora deixámosvos aquí un pequeno vídeo para lembrar aquel momento. Agardemos que vos gusteeeee!!!!



 

6 de enero de 2014

Así foi o Nadal 2013, 3º Parte: As súas Maxestades de Oriente

Si, si como ledes!! Melchor, Gaspar e Baltasar tamén se achegaron polo cole para saudarnos e traernos uns agasallos ás aulas. Na súa primeira viaxe de recoñecemento (claro! non sabiades que antes da data de reis fan unha primeira visita a todas as cidades para facer o mapa e a rota de viaxe?? pois agora xa o sabedes)  acordaron facer unha pequena paradiña en Galén para traer os nosos agasallos de aula.

Pois en canto nos viñeron avisar de que estaban a chegar saimos todos e todas (grandes e pequenos) ás gradas de fóra para velos chegar dende ben alto. Mirade que cara de ilusión e impaciencia. A espera foi....longa coma sempre nestas ocasións ...e por un lado do patio vimos chegar unha....FURGONETA! na que viñan os tres Reis Magos...

esperando 1
esperando 2

Ao cole Galén os Reis veñen cada ano nun medio de transporte diferente: viñeron xa en cabalo, moto, bici, bus antigo, seiscentos, traspaleta, quad etc...

Despois dos primeiros saúdos de rigor xuntámonos os grupos nas aulas para poder telos máis preto e falar un cachiño con eles. Algúns de nós, con moita prudencia, preferimos non achegarnos moito e incluso buscamos os colos das nosas profes que nos facían sentir máis seguros. Outros/as pola contra animámonos a parolar un ratiño con eles e achegarnos a bicarlle sou darlles a man, incluso para recoller os agasallos que trouxeron.
reis3-4
reis 5
agasallo
reis 1-2º
 
 Foi un día de grandes emocións que iremos gardando nas nosas mochilas para lembrar cando nos fagamos grandes.

E hoxe é noite de reis nas casiñas así que...a durmir que xa son horas!!
Que teñades unha marabillosa noite de soños cumpridos e un feliz día de Reis.