22 de abril de 2012

Robby and Patch at Ana's house!

Ola! Esta fin de semana Robby, Patch e mais eu pasámola xuntos. Fixemos un montón de cousas, entre elas ir ao parque a xogar á pelota, logo comezou a chover e marchamos á casa para xantar e despois fixemos un brownie de chocolate. Tivemos una marabillosa visita de Marina, a miña afillada, e xuntos tomamos o té mentres merendamos e logo estivemos a ler o conto de Rapunzel, en inglés claro. Ao rematar xa era hora de cear. Depois lavamos os dentes e descansamos un pouco vendo a tele. Vimos Horton, unha fantástica historia dun elefante que axuda a un minúsculo mundo que vive nunha flor.
O día pasou rapidísimo, e cando nos demos conta xa era hora de marchar para a cama. Así o fixemos. Alí  Marina e máis eu lemos un conto e en canto Robby e Patch se quedaron durmidos, Marina marchou para a súa casa... apagamos a luz e descansamos moito e ben.
 Foi un día espléndido. Deixámosvos as fotos que amosan o fermoso día compartido cos nosos amiguiños. Tamén nos gustaría que vós fixerades o mesmo para así gozar todos e todas delas. 1. Breakfast 2. Park 3. Robby lunch 4. Patch lunch 5. Brownie cake 6. Teatime 7. Reading time 8. Dinner 9. Teeth 10. Relax 11. Sleeping story 12. Rapunzel 13. Sleepppp...

18 de abril de 2012

Actores e actrices.

Seguro que algúns de vós xa nos vistes estes días no cole....cámaras de televisión, micros, grúas polo patio..... e é que todo o cole estamos inmersos no proceso de gravación dun videoclip sobre o lavado de mans que formará parte dunha campaña que o Ministerio de Sanidade está a preparar para conmemorar o 5 de maio o Día Internacional do Lavado de mans.
SONY DSC
Son os rapaces e rapazas de 3º de ESO os que crearon a idea do video, os contidos, escenas, a letra da canción... e agora os encargados/as de produción xunto cos profesionais da Fundación Tic que nos apoian na parte máis técnica.
Onte gravamos as escenas de exterior na que colaboramos todo o centro e hoxe pola mañá fixemos a nosa pequeniña escena na aula de 1º EI. Foi toda unha experiencia: rodeados de cámaras, claquetas, palabras como "Acción" ou "prevenidos" que nos chamaron tremendamente a atención e sentímonos por uns instantes como verdadeiros actores e actrices.

Deixámosvos aquí algunhas imaxes do momento.
video1
SONY DSC
SONY DSC
SONY DSC
SONY DSC

Visita ao CENTRAD

O pasado venres estivemos de visita no Centro de Artesanía e Deseño e alí puidemos ver e ata tocar instrumentos antigos, os traxes que fai moitos anos vestían en Galiza homes, mulleres, nenos e nenas e fixemos xogos para atopar as diferentes pezas de ourivería que alí teñen.
Por todas partes cousas interesantes e que nunca antes viramos!
Xa dende o momento de entrar atopámonos cun batuxo..... aínda que o nome nos pareceu un tanto raro pronto adiviñamos entre todos e todas para que serviría.
batuxo

Despois, coas nosas gafas máxicas tiñamos que buscar pola exposición de ourivería as diferentes pezas que se nos ensinaban en papel....e foi difícil pero tamén o conseguimos!

gafas máxicas

Tamén visitamos o obradoiro de carpintería onde nos ensinaron diferentes tipos de madeira, diferentes ferramentas para traballala e diferentes pezas que alí fan.
carpintería

E tamén estivemos nun lugar moi especial: a reprodución do Pórtico da Gloria onde fixemos xogos de busca de diferentes animais nunha sala chea de zanfonas e instrumentos antigos do máis especiais. E aquí por suposto acordámonos moito de David e de todo o que nos ensina ao redor dos instrumentos...canto sabiamos xa!!!
pórtico

E tamén puidemos tocar de verdade este instrumento que funcionaba metendo aire con un pedal e que grazas ás diferentes teclas producía uns sons ou outros dependendo do tubiño polo que saía o aire....e por suposto o que máis molaba era busacr os máis graves e os máis agudos....os máis estrondosos sons sempre son os que máis nos molan....jejejeje.
aerofono

E por suposto visitamos tamén a exposición do Traxe Galego. Alí puidemos ver os diferentes tipos de traxe: de home e de muller, de gala ou de faena, as formas e cores etc....
Agora nas aulas seguiremos investigando ao redor deste tema e xa vos iremos contando.
roupa pequecha

E...queremos recordarvos que se queredes podedes vir a participar nas aulas compartindo con nós un ratiño lendo un conto, falando da vosa profesión, aportando nalgún dos proxectos iniciados, cociñando con nós etc.... é dicir compartindo un pocuquiño de vós con nós. A experiencia é sempre moi positiva e aos nenos e nenas nos encanta tervos na aula....veña que xa esta a rematar o curso animádevos!!!!

16 de abril de 2012

Robby and Patch are going to your house!

Robby

Patch

Boas a todos e todas;

A partir de mañá martes Robby e Patch visitarán os fogares dos vosos fillos e fillas de 1º de E.I. Alí pasarán a tarde e a noite xogando, comendo e durmindo, e facendo todo aquelo que vós fagades. Os vosos fillos e fillas terán a responsabilidade de coidar dos nosos amiguiños, darlles de comer e de deitalos na súa camiña cando eles marchen para a cama. Pola mañá almorzarán e irán xuntos para o cole, e de seguro que con fermosas historias e anécdotas que contarnos.
Esta bonita actividade levarémola a cabo os martes, mércores e xoves e en quendas. Un día levarán a Robby e outro a Patch e o funcionamento será o mesmo. Ambos son moi bos e amigables polo que o goce está garantido.
Sabemos que coidaredes ben deles, polo que esperamos que gocedes desta fermosa e enriquecedora experiencia.
Se podedes e queredes, podedes facer fotos do proceso para así compartilas con todos nós.