Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas

6 de febrero de 2016

Lambetadas do Entroido


E non sería Entroido..! sen unhas boas sobremesas, por iso dende Infantil ate 2º de E.P. o mércores pola parde adicámolo a facer uns postres deliciosos.
As nenas e nenos de infantil preparamos unhas rosquillas moi sabrosas. Mesturamos con moita precisión leite, aceite, fariña, e despois amasamos moito ate facer moitos aneis, redondiños.. e o resultado... xa o puidestes comprobar.


rosquillas entroido 2

 Estaban ricas, verdade?

As nenas e nenos de 1º de E.P. cociñamos filloas.
Batemos ben os ovos, fariña, leite e despois aos fogóns. Moi importante!! mover axiña a tixola para que a filloa sexa ben redondiña.

filloas 1

filloas 2
filloas 3
filloas 4

E, por último os nenos e nenas de 2º EP preparamos unhas rosquillas de Entroido.
Estamos feitos uns especialistas en repostería. Puxémoslle tanto empeño, que nos saíron rosquillas como churros. 
Mirade, mirade...!
rosquillas 1 2º
rosquillas 22º

3 de febrero de 2016

Maquillaxe coas familias

E hoxe dende 1º de EI ata 2º de EP pasamos unha tarde do máis creativa nenos e nenas, profes e familias.
 Estivemos todos e todas moi a gusto e disfrutamos moito creando as maquillaxes que cada ano imos perfeccionando en técnica...non si familias máis expertas???

 Grazas a todas por facer destas experiencias un tempo moi agradable no que charlar, rir e compartir. Este ano como novidade....non só pintaron os papás e mamás senón que tamén se deixaron pintar...a ver se os/as  vedes nas fotos!!! 

maquillaxe1 maquillaxe2 maquillaxe 6 Maquillaxe 4 Maquillaxe 3 

Seguide atentos....mañá será unha tarde do máis...ummmmm...doce!!!
 

2 de febrero de 2016

Obradoiro de Caretas

Hoxe os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º EP inauguramos a semana de actividades de Entroido con un obradoiro de caretas.
En Galén xa sabedes que as festas son algo máis que ese propio día e....ademais de levar xa un tempo preparando os bailes, as músicas, os disfraces.....a semana previa á festa adicamos as tardes a facer cousiñas típicas destas datas que tanto nos gustan aos que somos tan festeiros e festeiras.
Pero tan só comezamos...seguide atentos cada día ao que acontece!!!

Aquí vos deixamos as fotos das nosas caretas:
Como non podía ser de outra maneira nas aulas de nfantil quixemos inspirarnos no nome das nosas clases: dragóns e tiburóns. A que quedaron chulas??
Caretas dragóns tiburóns

Os nenos e nenas de1º EP quixemos converternnos en Piratas
caretas piratas 1º caretas1ºep
e os de 2º ep, como xa somos algo maiores,  cada un escolle un modelo que despois decora como
máis lle gusta..... artistas non si?

caretas 2ºep























E mañá día especial a compartir coas familias....xa vos contaremos!





20 de febrero de 2015

As familias maquillan, peitean....que artistas!

A tarde do martes da semana de entroido foi moi especial en infantil e 1º 2º de primaria. Non só  porque tiñamos obradoiro de maquillaxe senón tamén porque ían compartir con nós esa tarde as familias. Fixéronnos peiteados, pintamos as unllas e enfeitaron as nosas caras ata parecer as personaxes que cada un de nós escollera.

Entroido 1
 Xa vedes, cada ano as familias se van facendo máis expertas!!!
Entroido 2
 Que obras de arte non si??

Entroido 3

Entroido 4

Entroido 5

Grazas a todas as mamá e papás por facer esta tarde un chisco máis especial se cabe.
Xa sabedes que en Galén é importante a vosa colaboración e implicación  nas aulas facendo deste espazo un lugar de encontro e intercambio.
Grazas!!

17 de febrero de 2015

Caretas e Garabatas!!

Non só iamos comer docer de entroido non.
Outra das tardes desta semana adicámola a facer na aula caretas e un complemento para disfrazarnos.

Os nenos e nenas da clase dos caracois fixemos, con un plato de papel e un pouco de papel de cores unha careta de león coa súa fermosa melena.
Caretas leóns

Na clase dos dinosaurios fixemos uns coelliños do máis simpáticos.
caretas 3
caretas 2
 
E para locir elegantes fixemos unhas garabatas ben grandotas que nos sentan requeteben.
garabatas
Garabatas Dinos

16 de febrero de 2015

Cociña de Entroido

Esta semana, previa á festa de Entroido foi, como cada ano, moi moi especial.

Hoxe ímosvos ensinar o ben que o pasamos os nenos e  nenas de Infantil e 1º 2º ep no obradoiros de  cociña, con receitas propias destas datas.

O luns fixemos obradoiro de cociña típica de entroido: filloas e rosquillas.
Ademais de ir preparando as masas e dándolles formas ás rosquillas, os nenos e nenas de 1º EP lanzámonos sen pizca de reparo a facer o postre estrela destas datas: as filloas. Quen dixo medo???
Con un chisco de axuda mesturamos os ingredientes e ata manexamos a tixola con moita arte!!!

Mirade mirade:
Filloas1
filloas 2
 
filloas 3
E por suposto despois de tremendo traballo....a comelas!  
rosquillas prim.
rosquillas 2
As rosquillas tamén se nos deron moi moi ben, e isto de ter que facelas coas mans ten as súas vantaxes para ir probando a masa ao tempo que producimos aron en serie jeje!!!
rosquillas prim2
 Tamén fixemos uns paquetiños para levalas a casa e compartilas. 

Foi un día delicioso!!!

6 de marzo de 2014

Obradoiros de Entroido 2014

Xa remataron as festazas de Entroido, e queremos amosarvos o intensas que foron as últimas semanas en Infantil e no primeiro ciclo de Primaria.

Ademais de facer os nosos disfraces para a festa, estivemos moi moi atarefados con cousiñas propias destas datas:: fixemos caretas, cociñamos, ensaiamos os bailes, maquillámonos e o pasamos superben.

O luns á tarde  obradoiro de caretas: en 1º de primaria escollemos diferentes animais e os nenos e nenas de infantil inspirámonos no nome da nosa clase para facer con diferentes materiais as nosas máscaras: bolboretas, arañas e águias e quedaron moi moi chulas non si??

caretas 1
caretas 2
caretas 3º
caretas  3º
caretas ep
O obradoiro do martes foi moi moi especial xa que contamos, como xa vimos facendo hai anos, coa colaboración dos papás e mamás para maquillarnos e peitearnos. 
Grazas unha vez máis famillias, porque este tipo de actividades compartidas enriquecen moito as nosas aulas e fannos sentir a todos e todas parte do mesmo equipo. Animádevos a contarnos na parte de comentarios as vosas sensacións e vivencia. Veñaaaaa!!!
maquillaxe mamás 4
maquillaxe mamás 3
maquillaxe mamás 2
maquillaxe mamás 1
caras maquillaxe1
caras 3
caras 2
E  mércores... rechupeteamos os dedos facendo filloas e rosquillas e quedaron moi moi ricas!!

rosquillas 3
rosquillas 2
rosquillas 1
filloas 1
filloas 2
roscas 2º
Así de ben o pasamos!! Nuns días amosarémosvos o resultado final dos disfraces, a coreografía e a grande festa do venres. Seguídenos con atención!!