4 de mayo de 2014

Visita 24-O M.A.M.A

Ola:
A semana pasada os nenos e nenas de 6º E.P viñeron a facernos unha visita á clase das bolboretas, das arañas e das águias para falarnos do maltrato animal. Eles formaron unha asociación, 24-O M.A.M.A (Movemento Anti Maltrato Animal) e queren convencer a todos os nenos e nenas de Galén do importante que é ter animais cerquiña de nós, de todo o cariño que nos dan, todo o que nos poden axudar e do importante que é tratalos ben.
Tamén nos ensinaron que tiñamos que facer cando atopamos un animal abandonado, e como acercarnos a eles sen que se asusten.
Pasámolo xenial!!!
Gracias por vir e compartir todo esto con nós.
24-O MAMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!