29 de abril de 2011

Día do libro

O pasado 23 de abril foi o día do libro, e para conmemoralo os nenos e nenas de Infantil fomos á Biblioteca Nodal de Lugo. Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Lector do Centro e ten como obxectivos fomentar o gusto e interese pola lectura e literatura, valorar e fomentar o uso dos recursos públicos da cidade e coñecer o funcionamento da biblioteca.

E para isto tivemos a sorte de contar con Conchita que, con un conto con pictogramas que nós podiamos tamén ler, fomos descubrindo segredos da biblioteca como.....Pepito!!! un poliño que vive na biblioteca e que polo día anda agochado observando aos nenos e nenas mentres len e que á noite sae para ler tamén el moitos contos e correr grandes aventuras.
conchita e pepito
escoitando o conto
Grazas a Pepito soubemos para que serven as etiquetas que levan os libros no lombo e despois puidemos gozar dunha mañá entre libros. Recollimos os nosos carnés de lectores e lectoras para poder ir cando queiramos e levar contos á casa e cada un de nós escolleu un título para levar ás aulas.

lemos
lemos2
lemos1

16 de abril de 2011

Proxecto internivelar- Cambio climático

Ao longo deste segundo trimestre que agora remata, os nenos e nenas de Infantil participamos no proxecto sobre Cambio climático ao redor do cal participamos todos os cursos, dende 1º EI ata bacharelato.
En Infantil centramos o tema no cotiá, no máis cercano para nós porque é o que realmente nos interesa e motiva e a partir do cal somos quen de ir construíndo os concetos máis abstractos. Nesta ocasión centramos a nosa investigación nos residuos que xeramos no comedor: as botellas de plástico de auga. Titulámolo: O NOSO CONSUMO, A NOSA PEGADA facendo referencia á pegada ecolóxica.

A primeira parte do proxecto consistíu en averiguar cantas botellas de 1,5l gastabamos en 1 semana, e nun mes. Ao longo dos días fómonos xuntando cunha chea de botellas, demasiadas!!!que almacenamos e....xa se nos ocorrería que facer con elas!!!
recoller botellas
Os nenos e nenas de ESO suxeríronos que as botellas máis grandes consumían menos plástico. Algo totalmante paradóxico para nós. Pero quixemos comprobalo polos nosos propios medios. Experimentalmente vimos que era certo. Empezamos a consumir garrafas de 5 l e despois de 8 l. Comparamos as cantidades de residuos que xerabamos e....claro! canto máis grande a botella menos resíduo a igual cantidade de auga.
1 semana
Pero quixemos ir máis aló, e investigando investigando coñecimos as botellas de cristal retornables e tamén apuntamos a posibilidade de consumir auga da billa e utilizar xerras para servila no comedor. Esta será a nosa proposta de mellora!!!!!
mural
Descubrimos que non só contamina o resíduo en si senón o mesmo feito da súa fabricación. Así que falamos da separación de resíduos nos bidóns axeitados para poder reciclalos pero démonos conta de que o máis importante é poder reducir o consumo dos mesmos e reutilizar os materiais o máis posible.

E como sempre unha cousa leva á outra....pois os nenos e nenas da clase das medusas démonos conta de que o leite que tomamos no cole tamén ven en botellas de plástico, e decidimos escribir unhas cartas para mandar á fábrica de onde a mandan para propor que as substitúan por botellas de cristal retornables. Temos moita ilusión en que nos respondan e ver se somos quen de conseguir algún pequeno cambio......

Coas nosas conclusións e propostas de mellora fixemos un mural para poder comunicarlle aos compañeiros e compaleiras e familias que viñeron ao acto final de proxecto as nosas ideas, e coas botellas que fomos xuntando fixemos unha instalación e escultura.....a que impacta! (son só as botellas que xeramos en dúas semanas!!!)

mural
instalacion
DSC01821
DSC01820
escultura

5 de abril de 2011

Mamás nas aulas

Na clase das Estrelas Exploramos o universo con María, a mamá de María.
Coma sempre resúltanos moi grato falar das visitas dos nosos pais e nais que coa súa colaboración e esforzo consiguen ilusionarnos traéndonos información moi interesante e divertida ao mesmo tempo.

Neste caso foi María a que nos visitou para, durante a tarde do venres, levar a nosa imaxinación polo universo e explorar moitas das cousas que alí podemos atopar.

Falounos das constelacións, que están formadas por estrelas e teñen distintas formas. Ensinounos algunhas destas formas e o nome que recibían, por exemplo a Osa Maior, e logo disto, deixamos voar a nosa imaxinación para crear a nosa propia constelación! Algo que nos encantou, porque como xa sabedes, imaxinación non nos falta!

Tamén nos contou que hai unha constelación moi especial que tén a forma da cabeza do rato Mickey e que recibe o nome de Disney. Como xa vos imaxinades, foi a nosa favorita.

Seguimos a nosa viaxe polo universo e descubrimos que as estrelas teñen distintas cores, algunhas son azuis, outras brancas e outras vermellas.

Logo disto fixemos un obradoiro moi entretido e orixinal que ademais era un regalo para nós. Tróuxonos unhas bolas de plástico transparente dentro das cales metiamos unha estrela de cartón, decorámolas cos anaquiños de plástico de cores e por fóra estaba escrito o nome de cada unha das estrelas, que somos nós, con pintura fosforescente (esto gustounos moitísimo). Logo puidémolas colgar e ver o noso nome e a estrela brilar de noite. Ao tempo que faciamos estrelas contounos unha historia na que os protagonistas eran dez estreliñas, que casualidade! Á profe tamén lle trouxo unha e...fíxolle moita ilusión!

Gozamos moito con esta visita, como con todas, e encantaríanos que sigades facéndoo, porque para nós é moi divertido e emocionante, e coma sempre darvos as grazas polo voso apoio e implicación na nosa aventura de medrar!

maría 2
maria 1
maria 3

Pintamos camisetas
Na clase das landras tivemos a sorte de contar con Ana, a mamá de Carlos, que nos trouxo unhas camisetas con landras debuxadas que nós coloreamos e que pronto levaremos para a casa. Fíxonos moita ilusión poder decorar coas nosas propias mans a roupa que levaremos os días de sol coma hoxe, e que seguro luciremos moi orgullosos e orgullosas.
carlos 2
mama carlos
landras camisetas

Xa vedes cantas visitas e colaboracións estamos a ter!!! Queda pouco de curso así que se tedes ganas de vivir esta emocionante experiencia non vos demoredes!!!