30 de mayo de 2014

REMATOU O SEGUNDO DÍA E MAÑÁ XA NOS VEMOS!

     Ola familias!

Xa case estamos aí, e sabemos que estades desexando vernos e que vos contemos de viva voz todo canto vivimos aquí en Garabullos. 
 Pois resumindo o día, ao rematar de facer os saquiños, saímos en busca de flores e plantas olorosas para enchelos e  ver tamén se atopabamos a Lume, que segue sen dar rastro.
Logo xantamos e uns estabamos tan cansos que necesitamos durmir unha pequena sesta para recuperar forzas e enerxía para seguir o día. Outros, en cambio, sacamos de alfombras e xogos de inxenio e de mesa e puxémonos a xogar no chan. Unha vez todos espertos, merendamos e despois fixemos pizza para a cea. Hoxe foi un día moi especial pois, ademais de ser o último día de excursión, tivemos unha festa!! Agora falta saber canto aguantaremos xa que tanto trote déixanos derrengados, polo que de seguro durmiremos de marabilla. Xa o estamos facendo!

 Ainsssss, outra noite máis...!! Desexamos que descansedes e durmades ben e tranquilos, porque mañá toca poñer a orella a todo canto vos queremos e temos que contar.
Moitos chuchiños e apertas cheas de amor e agarimo!
Deica mañá queridos e queridas!


Party & bedtime

2 comentarios:

  1. Bos dias dende Lugo!Good morning!
    Espero que hoxe teñades unha maña excelente para poder atopar a Lume!Igual xa esta camiño do Galén,que con unas nenas e nenos tan estupendos non quixo quedar en Cospeito e está no cole esperándovos.
    Profes que tal?Que non ensinades nada o careto nas fotos...jijiji.ÁNIMO!

    ResponderEliminar
  2. Bo día & good morning Íria!
    Pois a verdade é que hoxe fai un día espléndido para estar fóra todo o tempo. Hoxe atopamos unha nota da Meiga da Lagoa no baño de rapazas e ímoslle cantar unha canción para que nos visite. Tamén nos dixo de Lume que o cenvertera nun animal que dá lambetadas e que lle encanta darlle ao rabo!! Que será?! Aish que neeervios!!
    Despois se queres facémonos fotos xuntas ou mandámosche uns "selfies", paréceche?!
    Deica moi pronto!!

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!