8 de mayo de 2014

Así son eu!

As nenas e nenos de 1º de E.P. rematamos o traballo  sobre o corpo humano. Tentamos coñecernos un pouco máis, para elo pesámonos, medímonos, miramos o número de calzado e tamén o día, o mes e o ano que nacemos

foto 1
foto2
foto3
.


Tamén trouxemos das nosas casas material para investigar sobre o esquelete e os músculos.

foto 4

Ademais do noso corpo, elaboramos unhas tiras de tea que chamamos as "tiras das emocións", que  utilizamos para identificar o estado das nosas emocións e comunicalo ao resto da clase e que saiban como nos sentimos ao longo do día. Case sempre estamos contentas e contentos, pero algunha vez tamén enfadados e tristes.


foto5



Para finalizar fomos á Coruña visitar un museo ciéntifico: o Domus.

Iria diseccionounos un ollo. Ao principio dábanos un pouco de grima tocarlle!

foto 7

foto8
foto 9
foto 10


Pasámolo xenial!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!