17 de mayo de 2014

Visita de Carmen, mamá Gonzalo: Os volcáns

Ola!!!
A Clase das Águias traemos outra proposta moi interesante para todos e todas: Ao longo do segundo trimestre estivemos investigando sobre os volcáns. Se lembrades veu Santi, o profe dos maiores a falarnos das rochas volcánicas.
 Ao longo da nosa investigación descubrimos as partes do volcán e as súas funcións, as diversas formas que poden ter, os nomes dos volcáns máis coñecidos... a verdade é que non paramos!
E para nós non hai mellor xeito de rematar un proxecto que a visita dun pai ou nai. Desta volta  foi Carmen, a mamá de Gonzalo, a que nos trouxo unha idea abraiante: construir os nosos propios volcáns e ver en primeira fila a maxia dunha erupción volcánica!!!

Comezamos! ..... precisamos os seguintes materiais:
* bandexa de porexpán
* unha botella de plástico pequena (para realizar dentro o experimento)
* papel de aluminio - será o noso cono volcánico, a montaña que se vai formando co magma
* témperas de cor marrón para pintar o cono volcánico (opcional)

rocedemento: pegamos a botella á bandexa de porexpán, para que  non caia, e cando o volcán entre en erupción o magma non caerá na mesa.Logo cubrimos a botella co papel de aluminio xa pintado e enganchámolo na boca da botella para que non se mova.



Moi ben! Xa se achega a hora da verdade...Agora imos metendo na botella:

* Auga - 1/3 da botella
* 2 culleradas de bicarbonato
* 2 culleradas de colorante
* Un chorro de xabrón
* Un chorro abundante de vinagre

E... a remexer!!!

Visita Carmen Volcáns 4

Visita Carmen Volcáns 5
 
Mirade que cariñas...






Visita Carmen Volcáns 10 

Para rematar, despois de tantas emocións, Carmen leunos un conto coa colaboración de Tamara. Este momento serviunos para asentar os coñecementos que fomos adquirindo e para relaxarnos un pouquiño antes da saída, porque tiñamos moitas ganas de contar aos papás e mamás toooodo o que  fixeramos e, como non, amosar os nosos volcáns!


A verdade é que este proxecto nos motivou moitísimo ao longo de todo este tempo  e grazas a Carmen puidemos realizar este experimento taaan chulo e emocionante. Non cabe dúbida de que a mellor maneira de aprender é experimentar e... como non! DIVERTIRSE!!!

Animámosvos a todos e todas a realizalo xa que para nós foi unha experiencia inesquencíbel!

Moitas grazas  Carmen!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!