Ola a todos e todas!
A estas alturas xa gozastes coas fotos de todo o curso dos vosos nenos e nenas, pero... faltan as da nosa visita a Santo Anxo de Rábade e as da actuación do clown e malabarista Peter Punk coas que rematamos as intervencións no blog por este curso.

A de Santo Anxo foi, coma sempre, unha saída moi especial pola presenza dos pais e nais que compartistes con nós un día cheo de grandes descubrimentos, emocións e moitas risas.
Chegamos ben cediño para aproveitar ao máximo o estupendo día que tivemos, repartímonos en dous grupos e fomos explorar todas as marabillas que alí hai. Vimos distintos tipos de ovos, dende os máis xigantes de avestruz até ovos tan pequeniños que nos daba medo rompelos.

Puidemos ver unha gran variedade de animais, dende os máis comúns como vacas, patos, ocas e galiñas até os máis maxestuosos como os pavos reais que nos marabillaron coas cores da súa plumaxe, tanto tanto... que ao rematar a visita nos deron como recordo unha fermosa pluma.
Todos estes animais atópanse nun entorno privilexiado, acorde ás súas necesidades, no que atopamos numerosas árbores que os cobixan do sol e pequenos estanques con auga para refrescarse.

Despois dunha visita moi animada e chea de sorpresas chegou a hora de comer porque tanto axetreo deunos moita fame... iso sí, xantamos moi ben e deseguida nos puxemos a xogar porque nos facía moita ilusión compartir este tempo con vós.
E chegou o día esperadísimo xa dende hai uns anos por todo o cole.....A churrascada!!!
Este ano tamén nos acompañástes as familias de todos os nenos e nenas do centro. Comemos churrasco, tortilla, empanada, sandía e...os postres coma sempre servíronnos os rapaxes e rapazas de 4º da ESO para recadar fondos para a súa excursión do ano que vén.
E para rematar o gran día contamos cunha actuación moi divertida, a verdade é que nos fixo rir moitísimo! Foi o clown e malabarista Piter Punk o que nos fixo, a grandes e pequenos, sacar unhas gragalladas e vivir emocións intensas.

Algúns de nós tivemos a oportunidade de participar na actuación, aquí podedes ver o ben que o fixemos!
A maxia e os malabares estiveron moi ben, pero o que máis nos impresionou foi todo o que se atreveu a facer co lume...
Un dos momentos máis divertidos foi o final da actuación no que Natalia lle deu un tartazo a Peter Punk... Mirade que cariña se lle quedou!
Coma todos os anos o curso pasou voando, fixemos un montón de actividades e aprendimos moito ao tempo que divertimos! Despois de tanto traballar toca descansar, que o merecemos moito... Agardamos que pasedes un bo verán e repoñades forzas para o vindeiro curso!
Moitos biquiños!!!