21 de mayo de 2014

PATCH AT LÚA'S HOUSE!

       Boas a todos e todas,

Como non podía ser menos, Patch foi á casa de Lúa e a súa familia toda unha tarde e a súa noite, para pasar xuntiños unhas horas e coñecerse máis e mellor. Patch voltou cheo de historias e anécdotas e, como non, moi contento.

      Entre outras cousas, montaron en monopatín, xogaron no xardín e viu como unha pita poñía un ovo, algo que nunca antes vira e que o impresionou moitísimo. Logo xogaron con Ío e a súa mamá, fixeron  un chisco de compra no mercado da casa e antes de durmir leron un conto de Sesame Street. 

     Aquí nos quedan as precious fotos, que agradecemos compartades con todos nós, e que como sempre, nos encantan. Esperamos que a vós tamén!

       See you soon! 


1- Riding the scooter

2- In the garden

3- Hen house

4- In the garden with the egg

5- Playing with Ío & Uxía

6- Family presentation

7- Doing some shopping

8- Paytime

9- Story time

10- Night night

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!