29 de mayo de 2014

BOAS NOITES DENDE GARABULLOS!

        Moi boa noite!

Xa estamos todos e todas deitadiñas, durmindo e descansando despois do longo e intenso día que vivimos hoxe. Fixemos e aprendemos unha chea de cousas, xogamos un montón, demos de comer aos animais, saímos a pasear pola natureza, fixemos galletas, e por suposto, estivemos na procura de Lume, que polo de agora aínda non apareceu.

       Bueno, deixámosvos ate mañá, desexándovos que durmades e descansedes tranquilos, moito e ben, vós tamén!


Night night

9 comentarios:

  1. Boas noites pequechiñas e pequechiños!Que aventura tan bonita!Seguro que Lume está preto da lagoa que alí hai moitos bichiños.Ánimo na vosa busca!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas! Estamos segurísimos e segurísimas de que o atoparemos! Agora estamos esperando a que deixe de chover para saír na súa procura!

      Eliminar
  2. Pero que contentos se ven! ... Ánimo, que seguro que hoxe atopades a Lume!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que estamos moi contentos. Só precisamos unhas raiolas para dar luz, calor e outras cores a este segundo día! Grazas polos ánimos, seguro que nos veñen moi ben!

      Eliminar
  3. A disfrutar inda que chova. Botas e chubasqueiro e listo. O de menos é o clima. Somos galegos. Un bico a tod@s.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes toda a razón, pero os raios de sol de onte sentáronnos taaan ben...
      Mais, se chove, que chova! Viva Galicia! Moitos bicos para vós tamén!

      Eliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Pois a cantar e bailar e dar de comer aos bichiños!Para iso da igual que chova!Jijiji.Xa nos tarda saber máis de Lume.Biquiños

    ResponderEliminar
  6. Niso estamos: cantando, bailando e xogando un montón! Agora imos facer pizza para a cea, e despois temos... FESTAAAA!!
    A noite voltamos con máis novas! Chuchiños!!

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!