Mostrando entradas con la etiqueta colaboración familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colaboración familias. Mostrar todas las entradas

26 de abril de 2016

Unha irmá música na aula!!

Tamén os nenos e nenas de 3º EI tivemos unha visita musical e moi moi especial!!! E desta volta foi a irmá de Manoel que veu a contarnos cousiñas sobre o violoncello e a deleitarnos con algunhas pezas.

violoncello 4 
 Descubriunos algúns segredos do seu instrumento, o nome das súas partes e cousas ben interesantes. Ademais tocounos dúas pezas e....o que estabamos desexando....ensinounos a tocar un chisquiño: postura, como coller o arco e onde frotar as cordas e tamén aprendemos unha palabra que nos encantou  "pizzicato", un xeito de tocar as cordas co dedo en lugar de frotalas co arco.

violoncello 2 violoncello 1 violoncello 3 
Grazas Carme por acompañarnos e facer desta tarde musical unha tarde ben emotiva.

22 de abril de 2016

Uns clarinetes mooooi especiais!!!

Fai uns días na clase de música da clase dos Dragóns e da clase de 1º Ep tivemos a sorte de contar cun concerto didáctico en exclusiva.
Viñamos de investigar nas anteriores clases como son e como soan algúns instrumentos das diferentes familias: o piano, o violín, o contrabaixo, o xilófono, ... E para ensinarnos como funcionan os instrumentos de vento viñeron dous "grandes clarinetistas" , polo menos para Xabi e Antía seguro que son os máis grandes.
Nuria e José Luis ensináronnos as diferentes partes  e segredos do clarinete para logo tocar os grandes éxitos que todos e todas coñecen. Pasámolo xenial e aprendemos un montón sobre o clarinete!

Moitísimas grazas Nuria e José Luis!

14 de abril de 2016

Nuria cóntanos moito sobre tartarugas

Ola a todos e todas!!!
Fai uns días estivo compartindo cos Dragóns un anaquiño a nai de Xabi, Nuria. 
Contounos un montón de cousas sobre as tartarugas:...como nacen, que comen, as súas partes,.... Descubrimos que hai moitas tartarugas diferentes e que hai tres tipos: de terra, de auga, e as mariñas. Estivemos moi atentos a todo o que Nuria dicia e gozamos moito de todo o  aprendido. Ensinounos diferentes tartarugas nunha presentación que puidemos ver no ordenador xigante.


Colaboración Nuria Corro

O que máis nos gustou foi poder tocar e ver o caparazón e o peto dunha tartaruga boba e os esqueletes de outras dúas tartarugas máis pequerrechas. Puidemos ver os seus ósos e como son por dentro. Ademais Nuria trouxo unha tartaruga disecada que parecía que ía camiñar en calquer instante... Non sabedes o moito que gozamos de tantas cousas que poder ver e sentir coas nosas  propias mans.

Colaboración Nuria tartaruga

colaboración Nuria presentación


colaboración Nuria esqueletes

Colaboración Nuria caparazón

 E para que seguiramos investigando deixounos moitas fotografías de tartarugas coas que estamos a facer un precioso mural que pronto veredes.

colaboración Nuria Fotos
 

Cantas emocións e que ben o pasamos!!
 Moitas grazas Nuria por preparar tanto a túa colaboración e por pasar un ratiño con nós.

E aos demais papas e mamas...... xa sabedes esperámosvos para compartir xuntos calquer actividade porque o importante é compartir un anaquiño de día xuntos no cole. Agardámosvos


< https: dateposted-public="" in="" photos="" title="Dragóns e Nuria" www.flickr.com="">Dragóns e Nuria

28 de marzo de 2016

Primeiras visitas ao comedor

Ola!!
Os papás e mamás xa comezaron a visitarnos no comedor, desta volta os primeiros invitados foron Andrea e David, os papás de Valeria .
Foi un día xenial para nós, pasámolo xenial e eles tamén gozaron das nosa compaña e das nosas historias. Xantamos xenial e a comida estaba moi rica.... 
¿¿ Queredes ver o ben que o pasaron??

Comedor Valeria

Xa sabedes que estades todos e todas convidados a vir comer un día con nós, animádevos e recordade que no último trimestre temos un montón de sorpresas e que a partir de mediados de maio faisenos moi complicado que poidades vir, así que xa sabedes escollede un día e..... esperámosvos!!!

 Ata entón...... mil bicos

2 de marzo de 2016

Unha mamá na aula!! Visita de Conchi, a nai de Pedro

O mércores pasado, tivemos unha gran sorpresa xa que Conchi, a nai de Pedro, axompañounos pola tarde. Veu  facer con nós un teatriño de títeres. Trouxo moitas cousas preparadas...e  ademais  algunha sorpresa...

O primeiro que fixemos foi preparar a decoración do teatriño, para despois poñela sobre o cartón que xa pintaran Adriana e Pedro na casa. Recortamos, pegamos e deixamos todo listo para poder montalo e darlle os últimos retoques.

elaboración do teatriño


Pero...aquí non rematou todo, Conchi sorprendeunos cuns fermosos dragóns de cores feitos de vasiños e tiras de papel, que puidemos empregar como "Función de Estrea" do noso novo xogo para a aula; mirade como gozamos!


probamos o teatriño
como desfrutamos do teatriño


Como podedes ver, foi unha tarde xenial. Recordade que a clase dos dragóns ten moitas ganas de que todos e todas pasedes por aquí para compartir moitas cousas con vós.
Bicos mil!

unha tarde xenial, gracias Conchi
 

3 de febrero de 2016

Maquillaxe coas familias

E hoxe dende 1º de EI ata 2º de EP pasamos unha tarde do máis creativa nenos e nenas, profes e familias.
 Estivemos todos e todas moi a gusto e disfrutamos moito creando as maquillaxes que cada ano imos perfeccionando en técnica...non si familias máis expertas???

 Grazas a todas por facer destas experiencias un tempo moi agradable no que charlar, rir e compartir. Este ano como novidade....non só pintaron os papás e mamás senón que tamén se deixaron pintar...a ver se os/as  vedes nas fotos!!! 

maquillaxe1 maquillaxe2 maquillaxe 6 Maquillaxe 4 Maquillaxe 3 

Seguide atentos....mañá será unha tarde do máis...ummmmm...doce!!!
 

21 de diciembre de 2015

Visitamos o estudo de gravación "Abrigueiro"

O mes de decembro é un mes máxico que quixemos empezar en Infantil con un proxecto ben bonito, cargado de emotividade e no que o pasamos xenial familias, profes e pequechas e pequechos.

Xa sabedes os máis veteranos que moi pretiño de aquí de Lugo, nas montañas do Courel, vive unha personaxe moi entrañable, de oficio carboeiro, que pola noite de Nadal baixa das montañas para percorrer toda Galicia visitando as casas dos nenos e nenas cando están durmidiños para apalparlles a barriguiña, ver se comeron ben e abondo, e deixarlles unha presiña de castañas e mais algún agasallo que el mesmo fai coas súas mans con elementos da natureza. Si, si!!! O APALPADOR!!!.

Pois ben, con David e Catuxa, os nosos profes de música, aprendemos unha cantiga que fala del e conta esta historia. Unha cantiga feita a partires dun poema de Xurxo Valcárcel  ao que David, coa súa zanfona lle compuxo unha música. E claro, cantámola tan ben e gustábanos tanto que acordamos facer algo máis con ela.
E aquí chegou Arturo, o papá de Aroa da clase dos tiburóns, que nos convidou ao seu estudo de gravación Abrigueiro para que puidesemos sentirnos como os artistas de verdade e....Gravar a música e as nosas voces nun disco. UAUEEEE!!! que grande idea.

E alá fomos no bus, ata a casa de Aroa, Carmen e Arturo a pasar o día. Acolléronnos marabillosamente e ademais da parte técnica da grabación, pasamos un día xenial en contacto coa natureza, xogando na casiña da árbore, nas randeiras, co balón, coa herba, coa terra......

Aquí vos deixamos algunhas das fotos dese gran día que pasamos en Friol nas que poderes ver o entorno privilexiado do que gozamos e o ben que o pasamos nos descansos. A parte musical e de estudo....non queremos amosárvola aínda....temos sorpresas.....de momento isto é todo.
Almorzando
Visita Abrigueiro 5


Visita Abrigueiro 4

Como non, logo do almorzo tocou un descanso ben merecido...

Visita Abrigueiro 3

Visita Abrigueiro 1

Xantar!!!: empanada e "Hot Dog"!!!

Visita Abrigueiro 6
  
  E logo... máis xogo...

Visita Abrigueiro 2
 

Visita Abrigueiro

A xornada rematou con todos nós esgotados pero moi moi satisfeitos e satisfeitas polo gran traballo conseguido con moito esforzo e ilusión por parte de todos e todas. 

Sabemos que estades desexando ver máis... SEGUÍDENOS CON ATENCIÓN.....TRAERÁ O APALPADOR O AGASALLO AO BLOG??

13 de diciembre de 2015

Visita do papá de Álvaro


O xoves pasado tivemos a visita dun papá, o de Álvaro, que nos veu contar como se festexaba o Nadal nun país que el coñecía ben: Alemaña.
Falounos de cando el tiña a mesma idade que nós e de como celebraban alí estas festas, do Advento, de San Nicolás, dos agasallos que lle deixaban aos nenos e nenas naquel país, do frío e da neve que por estas datas cobre os tellados..
visita pai

Ademais preparamos unha bebida típica para combatir o frío:  ponche.
visista pai 1
visita pai 2
ZUME DE UVA, DE LARANXA, CANELA,CRAVO,AZUCRE..


E probamos unhas galletas típicas, que como nos deixou a receita imos tentar facelas na clase para que poidades probalas o día da festa.

visita pai 3
visita pai 4
visita pai 5
SAÚDE!!
E por último, presentounos unha canción de Nadal alemana que vai ser a nosa canción nas Audicións de Nadal. Estades convidados a vir claro!!

visita pai 6

                                                 " kling glöckchen klingelingeling"



Moitas grazas a Richard por agasallarnos cun anaquiño da túa infancia en Alemaña. 



26 de noviembre de 2015

as familias van ao cole 2

Esta semana foi o turno das familias da clase dos Tiburóns, 3ºde Infantil, que viñeron á clase para compartir unha tarde coas outras familias e as profes do curso.
Como xa vos contamos aquí estas reunións de grupo son importantes por unha banda para crear outro  espazo máis de comunicación familia-escola e para compartir as nosas vivencias, emocións, dificultades e visións arredor do proceso de aprendizaxe e a crianza dos nosos fillos e fillas.

 
Ademais as profes da etapa nos contaron, neste caso, cousiñas ao redor do proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura, a metodoloxía que se sigue no cole e como dende a casa podedes fomentar esa curiosidade e gusto polomundo da lectura e escritura, para nós un proceso máxico e moi moi enriquecedor.

E como non, os nenos e nenas da clase querían que vos sentírades como na casa.....bueno, esta é tamén a vosa casa!! pero para facelo se cabe aínda máis agradable cociñaron unhas "minimadalenas" que polos restos que quedaron cremos que estaban boísimas, jejeje. Verdade??




23 de noviembre de 2015

O bosque en Outono

Ola a todos e todas!
Despois da gran festa do Magosto  aínda nos quedaron ganas de seguir investigando sobre o outono e... que mellor maneira de facelo que sair ao monte a ver todas as marabillas que nos trae esta formosa estación.
Para esta saída contamos coa colaboración do papá de Jairo: Miguel que nos quixo amosar os bosques que hai na contorna da súa casa.
Comezamos o día moi nerviosos... íamos facer a primeira saída do curso e puxémonos mans á obra:

botas de auga... postas!
abrigos... postos!
.......................... pois xa estamos preparados e preparadas!

Subimos ao bus e entre cancións e risas... chegamos!

Foi Miguel quen nos recibiu e o primeiro sitio ao que  nos levaron el e Jairo foi un bosque cheeeo de carballos e castiñeiros que agocha, debaixo da terra, un castro aínda por descubrir. Alí atopamos un recuncho que semellaba máxico, repleto de follas e con pequenos tesouros agochados: castañas, cogumelos e até limacos (eses animaliños baballentos tan riquiños....que parecen caracois que perderan a súa cuncha) que atopamos sen problema porque somos uns graaandes investigadores e investigadoras... e tamén valentes exploradores e exploradoras que nos lanzamos a coronar os cumios que rodeaban o castro coma uns campións e campionas!
Ao longo de todo o paseo Miguel foinos explicando e amosando os nomes e características dos cogumelos que atopamos, e se algo nos quedou moi moi claro é que: NUNCA comades ou toquedes un cogumelo se non estades seguros de que clase é!

Logo de tanto paseo e emocións de súpeto comezamos a escoitar ruxidos... grrrrr noooon, non vos asustedes, eran os nosos estómagos que son moi puntuais e clamaban polo almorzo.

Desfixemos o camiño andado e fomos á casa de Jairo onde nos puxemos as botas con galletas con forma de castaña que fixo Selene, a mestra de inglés, e mmmm que ricas estaban (levaban chocolate!) e acompañámolas cuna batidos de chocolate e chocolatinas que o papá de Jairo nos trouxo!
Despois de repoñer forzas toca facer un pouco de exercicio....Imaxinades  o que se nos ocorreu??? Pois sí, fomos xogar no estupendo  xardín da casa de Jairo e pasámolo xenial!!!

Todo o que vos contamos aquí non reflicte realmente o ben que o pasamos, por iso pensamos que a mellor presentación é este vídeo que preparamos con moitísimo agarimo, agardamos que gocedes con el!



Que vos pareceu? Fermoso a que sí? Pois todo isto non sería posible sen a colaboración dos papás de Jairo, especialmente a de Miguel, que buscou un oco para colaborar con nós, dende aquí moitííísimas grazas por todo!
Seguide moi pendentes do blog porque deseguida teredes novas nosas! 

Biquiños mil da Clase dos Dragóns e dos Tiburóns!!!

6 de noviembre de 2015

As familias van ao cole 1

Esta semana tocoulles o turno ás familias de 1º e 2º de Infantil, a Clase dos Dragóns, compartir coas profes unha tarde na que falaron de.....FALARON DE NÓS!!!

Como o oídes. Os papás e mamás do grupo teñen dúas citas ao longo do curso (en novembro xa iniciado o cole e avanzado o período de adaptación, e en Maio para contarnos como foi o curso) para poder compartir inquedanzas e coñecer de primeira man como estamos no cole, que facemos e como medramos e aprendemos no cole Galén.
Nesa reunión de maiores están as nosas profes, a coordinadora da etapa e a orientadora que está presente ao longo de toda a etapa nas reunións individuais de cada familia así como tamén nestas grupais.

En Galén a comunicación coas familias e a participación das mesmas é moi importante nesta tarefa compartida que é acompañar aos nosos pequechos na aventura de medrar e aprender. De aí que ademais do contacto día a día directo coa titora(as mamás e papás entran ata as aulas cada día a levarnos e recollernos) se establezan dúas reunións individuais(como mínimo) de cada familia coa titora e a orientadora  xunto coas dúas de grupo  para ademais favorecer o intercambio entre as familias do mesmo e falar da evolución do grupo como tal.
reun familias 1º2º
Pois ben, esta primeira reunión da clase dos Dragóns foi esta semana. Os obxectivos da mesma eran:

1.Valorar a evolución do periodo de adaptación.
2.Establecer contacto entre as familias do grupo
3.Crear un clima de colaboración familia-escola con propostas de actividades conxuntas
4.Informar ás familias da metodoloxía propia de Galén na etapa de Infantil
5 .Recoller posibles suxestións das familias

Os nenos e nenas, sabendo que os papás e mamás ían estar na nosa aula, quixemos facer todo o posible para que se sentisen tan a gusto coma nós e decidimos prepararlles un delicioso Biscoito con Mazás que tiñamos na aula do Proxecto de Outono que estamos a iniciar.....e polo que vimos que sobrou.....debia estar riquísimoooooo!!!

E non só nós tiñamos sorpresas.....Tamén as profes sorprenderon e deixaron emocionadas ás familias compartindo un video no que se nos ve como foi o período de adaptación, o día a día na aula, coas nosas rutinas e momentos característcos. E sobre todo puideron ver que xa nos sentimos moi  a gusto, cada día máis  seguros e autónomos e con ganas de facer moitas cousas novas cos nosos compis e as profes que nos acompañan día día.
Pero que mellor que velo para valoralo non??' Aquí tendes o video do noso período de adaptación. Disfrutádeo:

Grazas a todas ás familias por acompañarnos nunha tardiña chuviosa pero especial.

24 de junio de 2015

Saída a Santo Anxo 2015


Unha das actividades de fin de curso que nos gusta moitisimo, e que cada ano estamos esperando con moita ansia é a visita ao Santo Anxo de rábade.
Alí estaban esperándonos, como todos os anos, Alberto e Enrique, con moitas ganas de compartir con nós os seus saberes sobre as aves.

Ao longo da mañá visitamos as diferentes casiñas dos patos, os ñandús, os cisnes, faisáns.....e unha chea de nomes que aprendimos.


Santo Anxo 1

Santo Anxo 2

Santo Anxo 3

Santo Anxo 4
Despois, e sentíndonos grandes aventureiros e aventureiras, fixemos unha rota ata chegar á Lagoa do Rei. Aquel é un lugar máxico e moi bonito, onde as aves aniñan no inverno e veñen dende moi lonxe a pasar aquí a estación máis fría.
 
Santo Anxo 5
Despois de taaaanto esforzo e de un tempo de xogo, foron chegando as familias para compartir con nós o tempo de xantar e de xogo.
Santo Anxo 6

Santo Anxo 7

Santo Anxo 8
Foi un día estupendo. O sol acompañounos toda a xornada e o entorno axudou a que experiencia fose moi positiva. Grazas ás familias por compartir este día de despedida de curso. 

Santo Anxo 9

10 de junio de 2015

Comedor Maio

E xa estamos a piques de rematar o curso siii!!!! Aquí podedes ver ás familias que no mes de maio compartiron con nós este momento tan especial que é o xantar. Grazas familias por compartir con nós este ratiños, foi un pracer. 

Comedor Pablo e Miguel

Lucía y Sara comedor


 


Comedor Antía


Comedor Álvaro