Mostrando entradas con la etiqueta vacacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vacacións. Mostrar todas las entradas

3 de julio de 2015

Este curso xa remata!!!

Ola a todos e todas! A derradeira semana deste curso tivemos moitas e moi diversas actividades novidosas. Para comezar estivemos os Caracois e os Dinosaurios xuntos na mesma aula, xa que os momentos se son compartidos son mooooito mellores... 
Como puidéstedes ver o luns fomos a Santo Anxo de Rábade a pasar o día, pero as emocións non remataron aí. A derradeira semana de cole tiña que ser suuuuperespecial!!!

Así que, o mércores fixemos XOGOS DE AUGA, mirade como exercitamos a noso corpo, calculamos cantidades, traballamos a orientación espacial... 

Xogos de auga 1
calculamos velocidades... 
Xogos de auga 2
e pasámolo xeeeenial!!!
Xogos de auga 3


O xoves foi tamén un dos nosos días máis especiais xa que gozamos da compaña das familias nunha festa con xantar campestre, comida riquísima e animación de tarde.

De menú tivemos: 
-Entrantes: tortilla de pataca, empanada 
-Prato principal: churrasco, chourizo e criollo.
-Sobremesa: sandía.

Churrascada 1

Churrascada 2

Rematamos a xornada cun número de circo con malabares, maxia, mimo e....ata lume!!!
E agora chega o momento da......despedida!!! pero non é unha despedida triste nooon
É un ata despois do verán!!!
Este foi un curso   cheo de aprendizaxes, ilusión, descubrimentos, emocións... e a verdade é que gozamos todas e cada unha das cousiñas que fixemos dende as nosas obras de arte até os obradoiros ou clases de música. 

Agardamos que este blog vos axudase a sentirvos un chisco máis partícipes do que acontece no cole e que gozarades de todo o que compartimos con vós e... estade moooi pendentes porque volveremos en setembro, coma sempre, con grandes novidades e moitas moitas gañas e forzas para que sexa un curso aínda mellor (se é que o pode ser...) que este.

Todo o equipo de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria desexámosvos un moi bo verán e que gocedes da familia neste tempo de lecer. Biquiños mil!!!





30 de noviembre de 2012

Galén Christmas Camp

Xa se achega o mes de Decembro e as vacacións de Nadal polo que queremos propoñervos un moi apetecible plan para gozar deste tempo de lecer e facilitar ao tempo a conciliación familiar e laboral dos papás e mamás.

Trátase dun campamento de Nadal para nenos e nenas de 3 a 10 anos divididos en grupos de idades e con actividades de carácter fundamentalmente lúdico en inglés e en dúas quendas de tres días nos meses de decembro e xaneiro. O horario será de 10 a 17hrs con posibilidade de ampliación horaria e aberto tamén a nenos e nenas de fóra do centro.

 Aquí vos deixamos o cartel e se queredes máis información non dubidedes en consultarnos.

Tedes máis información na web do cole.

4 de julio de 2012

Verán en Lugo

Xa rematou o curso siiiiii!!!! e con el chegan momentos para gozar da familia, da area e a auga, dos xogos con outros nenos e nenas, das viaxes e... en fin, uns días para gozar de novas aventuras e experiencias.
 Nós tivemos un curso moi moi intenso e gozamos moito das actividades dentro e fóra do cole, compartindo emocións, sensacións e novas experiencias cos nosos compis e cos nosos profes. Bueno, e tamén con vós, familias e este curso tamén foi moi enriquecedor grazas á vosa colaboración e confianza no noso  proxecto pedagóxico. Grazas, foi un curso xenial!

Dende aquí queremos recomendarvos algunhas ofertas culturais da cidade para este verán.
Xa sabedes que o que as nosas profes recomendan que fagamos nestes dous meses é gozar da familia, da natureza, das bibliotecas e lectura de miles de contos e nos recomendan que asistamos a todos aqueles eventos culturais (música, teatro, contacontos, danza ....) que contribúan a aumentar e enriquecer a nosa intelixencia cultural.
 Aquí tendes algunhas propostas, esperamos vervos nalgunha delas!
 Programa Cultura Aberta 2012

  E o Blog tamén se vai de vacacións, así que ....vémonos en setembro!!!!!

 BICAZOSSSSSS!

23 de diciembre de 2010

Lugo en nadal para miúdos

_
Nestes días de vacacións queremos recomendarvos algunhas actividades programadas polo Concello, pero especialmente a sesión de contacontos do Mércores 29 de decembro no Centro sociocultural Uxío Novoneyra a cargo de Manolo Panforreteiro, que foi profe de música no cole e que segue a colaborar con nós.
Deixámosvos aquí unha pequena reseña sobre a actividade, que de seguro nos gustará moito aos pequenos e non tan pequenos.

CONTANDO AOS SETE VENTOS
DE MARES, CONTOS E VENTOS

O mar é diferente en cada praia. Así tamén estas historias van
mudando. En cada porto deixan algo novo que rescata o anterior.
Estes contos son encontros que viaxan coas súas músicas, coas
súas sonoridades agochadas en pequenas cousas, cos seus soños


Manolo Panforreteiro
Músico e actor. Entre a música e o teatro comezou as súas
intervencións para o público infantil, sempre guiado pola
búsqueda, o xogo e a imaxinación.
A súa experiencia na formación artística de persoas con autismo e
síndrome de Down levouno á apertura dun amplo campo de
experimentación dos modos de mirar, escoitar e sentir. É pianista,
gaiteiro e multi-instrumentista con predilección polas sonoridades
e os instrumentos menos convencionais. Escolle para as súas
actuacións obxectos, instrumentos e historias sorprendentes coas
que consegue involucrar a pequenos e maiores


Ademais desta, o concello oferta outras actividades para nós que podedes consultar aquí, na Programación de Nadal do Concello de Lugo

Pois aproveitade entón estes días de vacacións escolares para gozar do teatro, a música e os contos en familia.
Temos pendente aínda contarvos o ben que o pasamos na semana de actividades de nadal no cole....está cocéndose a entrada e non tardará moito, estade atentos e atentas!!!!.