Queremos presentarvos a dúas novas compañeiras de aula........si, si, as nenas e nenos de 1º de EP temos dúas cobaias na aula!!.
Quixemos escoller nome para elas mais primeiro tivemos que exploralas para saber se eran machos ou femias e poderlles poñer un nome a xeito. Despois de algunhas pesquisas e debate para poñernos de acordo entre tantas propostas ...acordamos que se chamarían "Estrellita" e "Pipa".
Son un pouco tímidas, pero cada día que pasa nos coñecen un pouco máis e deixan que lle fagamos caricias e aloumiños.
O venres tocou sesión de limpeza do seu espazo e poidemos bañalas. Claro que con taaaanto pelo tivemos que secarllo co secador. Ao principio estaban un pouco asustadas, pero gozamos moito, elas e nós.
Agora iremos compartindo con elas máis momentos e poderemos ir observándoas e coñecendo un pouco máis a estes animaliños tan...suaves e peludos!! Xa vos iremos contando.
Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas
12 de marzo de 2015
12 de febrero de 2014
Unha cobaia na clase
Por fin chegou Pelusita!!.......que non sabedes quen é Pelusita?
Pois a cobaia que temos na aula os nenos e nenas de 1º de EP. Trouxoa un amigo do cole, Mundo, para que a coidemo durante uns meses.
Os primeiros días tivemos que falar moi baixiño e non a collemos para que se afixera e se sentira segura con nós. Hoxe, por primeira vez, atrevémonos a acariñala e collela no colo. Ao principio estaba un pouco nerviosa... ela e nós tamén!. Notabamos como lle latexaba o corazón mais ao pouco estaba tan contenta que non quería volver para a gaiola.
Os encargados de clase, Carlos e Alejandra, foron buscarlle á cociña unhas follas de leituga e unha mazá e tamén repuxeron a auga.
Estabamos tan contentas e contentos que a nós tamén nos costou moito deixala para iniciar outra actividade.
Agora temos unha nova compañeira de aula á que coidar e atender....será toda unha aventura compartida!
Grazas a Mundo por compartir con nós a Pelusita.
8 de febrero de 2011
Aprendemos con Carmen, a nai de Rafa
A semana pasada estivo en 2ºEI Carmen que, xunto con Rafa, nos fixeron pasar unha tarde moi divertida e entretida.
Primeiro faláronnos de distintos animais acuáticos, do que comen, como comen, como se moven na auga, como se comunican... e logo levamos á práctica cómo come unha balea azul, que, coas súas barbas deixa marchar a auga e os peixes quédanlle dentro da boca.


Tamén poidemos "sentir" as vibracións que emiten os golfiños para comunicarse na auga tan só empregando unha goma elástica e a manilla dunha porta. Esto gustounos moito porque, por un anaco, convertímonos en golfiños!

Pero Rafa e Carmen aínda nos tiñan unha derradeira sorpresa... todos os nenos e nenas tumbámonos no corredor de infantil e comprobamos que medíamos o mesmo que unha balea ao nacer!

Esta visita, como todas as que nos facedes, encantounos, porque gozamos moito co voso apoio, con todo o que nos contades e, sobre todo, coa vosa compaña. Así que, animádevos e sorprendédenos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










