O luns foi un día moi divertido e cheíño de sorpresas para a clase dos caracois e a clase dos dinosaurios!!
Foi a nosa primeira saída deste curso, e para algúns nenos e nenas a primeira viaxe no bus. Non sabedes que ben se ven as cousas dende aí arriba!!!!
Navallos é a aldea onde vive Lúa, da clase dos caracois e a súa familia. Cando chegamos,moi emocionados e emocionadas, estaban esperandonos Uxía, David e Ío con un montón de sorpresas para nós.
Antes de nada e para coller forzas almorzamos para ir a recoller os froitos do outono. Despois David levounos por prados e bosques marabillosos nos que atopamos moitas cousas... Xa vedes no video que cogumelos máis grandes. Ademais recollimos mazás, noces, unhas flores que se chaman "quitamerendas" e a que non sabedes por que??. Nós si, preguntade preguntade.
Con todo eso nas nosas cestas voltamos á casa e coa axuda de David prendemos o forno de pedra que teñen na casa.....porque iamos facer pan!!!!! Menuda sorpresa!! Cada un de nós fixo o seu boliño e o metimos no forno!!! Probástelo verdade? Estaba boísimo....
Tamén fixemos unha empanada coas mazás que recolleramos no paseo. MMMMMMMMMM... non sabedes o riquísima que estaba!! Foi a nosa sobremesa do xantar!!!
Tamén fixemos unha empanada coas mazás que recolleramos no paseo. MMMMMMMMMM... non sabedes o riquísima que estaba!! Foi a nosa sobremesa do xantar!!!
Antes de comer aínda nos agardaba unha cousa máis: saímos da casa de Lúa e fomos ata a casa da súa veciña Amparo que nos quería amosar un xatiño que nacera dous días antes,... Había moitos animais.... vacas, varios xatos, cabras, cans, galiñas,..... Cantas cousas que ver!!!!
E por fin chegou a hora de comer,.... tiñamos moita fame despois dunha mañá moi intensa e cando rematamos chegou a hora de xogar un pouco e de celebrar unha pequena festa. David e Uxía sacaron os seus instrumentos e tocaron un ratiño para nós. Pasámolo xenial!! Bailamos, cantamos,.....
E... chegou a hora de voltar ao cole!!! Estabamos moi cansos e cansas pero foi un día marabilloso no que gozamos moito da natureza nesta fermosísima estación do ano e da familia de Lúa.
Moitísimas grazas por todo Uxía e David foi un día inesquecible!!!!!
E recordade que para nós son moi importantes as vosas colaboracións e que nos encanta compartir momentos especiais canda vós....
Así que.....FAMILIAS.... ide pensando que podedes vir facer con nós. Esperámosvos!!!
Así que.....FAMILIAS.... ide pensando que podedes vir facer con nós. Esperámosvos!!!
Bicos Mil.