22 de junio de 2011

E xa rematou!!!

Si si, xa rematou o curso e agora chega o verán para que gocemos da praia, da natureza, do sol, dos xogos e da nosa familia. E para despedir o curso tivemos un montón de actividades que nos falta por contarvos así que ...aí vai.

As actividades comezaron o pasado venres 16 con churrascada no cole que compartimos coas familias de todos os nenos e nenas: tortillas, empanadas e o delicioso churrasco fixeron do xantar todo un pracer. Os cafés, doces e refrescos puidemos degustalos na cafetaría que os compañeiros e compañeiras de 4º ESO montaron para recadar fondos para o vindeiro ano irse de excursión. Todo un éxito!!
E despois de encher as barriguiñas e xogar por fóra,´puidemos gozar da historia "A guerra das Galixias" dos títeres Cachirulo. Rimos moito!
DSC02195
DSC02191
DSC02196

O luns 20 acompañounos o sol e a calor e pasámolo bomba cos xogos de auga: mollar-mollarnos, baixar polo tobogán de auga, encher-baleirar cacharros...en fin, que a auga é un elemento do máis divertido.
DSC02265
DSC02251
DSC02209

O martes fomos de excursión a Rábade, ao centro Santo Anxo, onde nos esperaban Enrique e Alberto que, coma sempre, nos contaron cousas moi interesantes sobre as aves: como nacen, como as coidan, os nomes e características peculiares de algunhas especies, onde aniñan, que comen....e unha chea de cousas que despertaron a nosa curiosidade se cabe aínda máis. Grazas Alberto e Enrique é un gustazo pasar o día con vós.
DSC02303
Enrique descubríndonos os agochos dos patos
DSC02299
Alberto coas plumas de cores e as dos pavos reais

Collage de Picnik

E grazas unha vez máis aos papás e mamás que nos acompañaron, que ademais prepararon e compartiron con nós xogos pola tarde. Dá gusto pasar o día con vós.
DSC02310
Collage de Picnik
Collage de Picnik

E xa como remate final o mércores á mañá foi tamén moi intensa: recoller as nosas cousiñas da aula, xuntar os traballos do trimestre, almorzo especial no comedor, xogos no castelo hinchable.....e despedirnos dos compañeiros e compañeirsa e das mestras ata o curso que vén. Todos e todas iniciaremos unha nova etapa nunha nova aula e con moitas moitas experiencias pendentes que vivir como as vividas ata agora.

Foi un curso estupendo, cheo de emocións e experiencias que nos fixeron avanzar, sentirnos cada día máis capaces e autónomos para decidir sobre nós mesmos e o noso contorno e todo o aprendido está en nós mesmos, pouco a pouco o iredes vendo.

Ata o curso que veeeeeeen!!!!!

AH!!! e non deixedes de visitar o blog de cando en vez que publicaremos algunha cousiña ao longo do verán.

20 de junio de 2011

Aviso: fotos

Xa está a piques de rematar o curso e....xa, xa...queredes saber que estamos a facer estes días de tanta actividade...Para iso aínd vos imos facer esperar un pouquiño....
Mentres tanto queriamos dicirvos que tedes á voa dispposición un montón de fotos de todo o curso e o video da aventura pirata. Se queredes telos podedes levar un lápis de memoria entre mañá e pasado ás titoras para poder ter estes recordos na casiña.

Mañá imos a Rábade, e compartiremos con algunhasfamilias un día ben completiño.

Xa non queda nadaaaaaa!!!!

19 de junio de 2011

Aviso: xogos de auga

Mañá luns 20 de xuño teremos pola tarde xogos de auga. Xa que parece que o sol vai aparecendo e quentando, non podemos desarpoveitar o momento de divertirnos coa auga. Para elo, temos que levar unha mochila con toalla, un bañador, chanclas e crema para o sol.
Ímolo pasar xenial, xa veredes!!!
Esta semana que pasou e os tres días que quedan de cole da vindeira semana están a ser do máis divertido e entretido. Estamos coas actividades de fin de curso e cada día algo especial. En breve subiremos unha entrada contándovos o que fixemos.

16 de junio de 2011

Escaladaaaaa!!!

Si, si!!! como ledes, tivemos a nosa primeira experiencia de escalada grazas ao papá e mamá de Icía que viñeron a compartir con nós a súa aficción a trepar polas paredes e rocas. Foi unha actividade do máis emocionante.
A primeira parte fixémola na aula. Jaime explicounos un pouco a parte teórica da seguridade, a parte máis importante para que esta actividade sexa gratificante.
Aprendemos nomes ben curiosos dos trabellos que serven para escalar sen perigos: o "gri-gri ou grilo", "mosquetón", "pés de gato ou gatos", arnés, corda dinámica, casco etc... Puidemos tocar e probar todo o material e ata aprendemos a facer o "nó de oito"
material

Rematamos a tarde con moitas ganas e emoción polo que ao día seguinte pola mañá ía pasar e....chegou o día!!!! ...e esta é a parede que subimos...trepidante non???
roca
Acompañounos Álvaro o porfe de educación física dos grandes para poder asegurarnos nunha das vías. Grazas Álvaro, gozamos contigo e os teus consellos nas ascensións foron moi importantes e útiles.
álvaro

E xa vedes nas imaxes....todos e todas probamos e chegamos ao máis alto, algúns repetimos e quedounos o aquel de volver facelo.

grupo 1
grupo 2
grupo 3
grupo 4
grupo 5
Como vedes Pilar tamén probou claro!!

Que bo sabor de boca nos deixou...repetiremos!!??
grupo

11 de junio de 2011

Saída a Rábade

Xa temos data para a saíd a de fin de curso á que estades convidadas as familias a acompañarnos aínda que o lugar cambiou. Finalmente iremos a Rábade ao centro Santo Anxo.
Será o martes 21 de xuño despedindo así o curso cunha actividade lúdica e gratificante compartida coa familia. Nós iremos en bus e a vós podedes acompañrnos en coche. Levade un xogo pensado para xogar alí!

Se non podedes vir non vos preocupedes que os pais e nais que veñan farannos sentir a todos e a todas como en familia.
Avisade ás nosas profes se queredes vir ao longo desta semana.

7 de junio de 2011

Campamentos urbáns

clave de son

Xa non queda nada para o remate do curso!!!
De cara a facilitar a conciliación familiar e laboral das familias, Galén oferta actividades de lecer e tempo libre especialmente deseñadas para nós nos campamentos urbanos para nenos e nenas de 3 a 9 anos en horario de 10 hrs a 17hrs (posibilidade dende as 09hrs con ampliación)

Este ano a música guiará as nosas actividades, os nosos sentementos e as nosas emocións. Compartiremos escearios con músicos de verdade, construiremos instrumentos, bailaremos, cantaremos e contaremos....non o podedes perder!!!!!
Déixámosvos o enlace á páxina de Galén onde tedes máis información e....non tardedes en apuntarvos!!! os monitores e monitoras están xa listos para empezaaaaaar...
Clave de sons

6 de junio de 2011

Piratas, a aventura.

Xa...xa sabemos que non cumplimos o prometido...que as fotos non puideron ser antes....pero é que a aventura vivida foi tan intensa que non tivemos nin un segundo para poder subilas.
Así que agora toca contárvolo todo...ou case todo porque as grandes emocións... son difíciles de contar.

Pois o día de praia na Illa de Irás e si volverás foi inmellorable, locía o sol pero non demasiada calor, así que tomamos o bocata e xogamos na area...e na auga!!! Esta parte foi a máis emocionante. Estaba algo fría pero non importou.
Collage de Picnik
De volta na viaxe descansamos un anaquiño para recuperar forzas e poder gozar da dramatización en Inglés que nos tiñan preparada no cole. Coñecimos ao auténtico Capitan Hook que nos ensinou as tres premisas básicas para ser auténticos piratas.
Collage de Picnik

Despois da ducha en cuberta...puxemos as pixamas, enchimos as nosas panzas xa que como dicía o conto: un pirata é máis valente coa barriga chea!!! e por suposto saímos fóra para gozar dun grande lume de campamento, música e bailes ata caer rendidos. A eso das 23:00 marchamos aos camarotes coas nosas capitanas (ás tendas de campaña coas nosas profes) e do cansos que estabamos durmimos rápido e ben, toda a noite!!
noite

Ao día seguinte, xa con forzas renovadas adicamos todos os nosos esforzos a converternos en piratas, e nos obradoiros elaboramos un catalexo, un pano para a cabeza e un parche, que xunto co noso loro facía de nós os mellores piratas dos sete mares!!!!
obradoiros
somos piratas
grupo piratas

E así foi a nosa aventura, emocionante, divertida e moi moi intensa.

3 de junio de 2011

O libro viaxeiro

Así está O libro viaxeiro:

Érase una vez, en un pueblecito al lado de un río, un señor que tenía una granja con muchos animales……


Una mañana, cuando el granjero se levantó, descubrió la valla toda rota y los animales habían desaparecido.


(Los animales) Se fueron a un escondite que había en una cueva con luz.


El lobo estaba cerquita de la cueva,
Comió una ovejita y se fue.
El pastor fue a  buscarlas cuando el lobo se fue.


Al día siguiente encontró a un animal al lado del río. Estaba comiendo
El pastor se puso muy contento cuando encontró a su ovejita y empezó a silbar buscando a las otras.


Unos niños espantan a un lobo.
Y después encuentran a todos los animales menos a una oveja.
Vieron a la oveja que faltaba en la cueva con luz con su amigo el oso.


El oso quiso ayudar a la oveja y la llevó a una granja de vacas.
Las vacas, al ve al oso, corrieron asustadas y se escaparon a las montañas.
Cuando el vaquero llegó al prado sólo vio a la oveja y al oso.
¿Dónde estaban sus vacas?
Entonces a lo lejos escuchó:
¡¡¡¡¡¡¡¡¡MMMMUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!!!!


Alzó la vista y las vacas estaban allí subidas en lo más alto de las montañas, mueeeertas de miedo, entonces el pastor no lo dudó y subió a rescatarlas.
Mientras las ovejas y el oso bueno no perdían detalle.


Al rescate de las vacas se unió TOBI, su perro más especial.
Y fue TOBI el que le avisó de la gran tormenta que se avecinaba:
                   LUMINOSOS
                                    RAYOS
                                               TRUENOS
Y un enorme

                      T O R
                       N A
                              D O


Se salvaron por poco del tornado porque el diós del viento vio que estaban en peligro y con sus compañeros hizo un viento fuerte y detuvo el tornado salvando a todos.
¡¡¡¡UAUUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!!!
Y el pastor y la oveja fueron a buscar a las gallinas.
El pastor esquiló a la oveja porque hacía calor.
Por el camino se encontraron con el gallo KIRICO.
Este es el camino que siguieron (plano de acceso al Kiriko)
Haí encontraron a todos estos animales:
Caballo, vaca, burro, cerdo, oveja, cordero, gato, perro, pollito, gallo, pato.
Esto es lo que pasó y ….


Todo los animales estaban juntos en la granja.
Había un arcoiris muy bonito.
Luego una estrella fugaz lo llenó todo con su
                                     LUZ


Después se casaron 2 ovejitas.
El granjero se quedó muy contento y la granjera estaba cocinando.
Y las vacas fueron a la casa del granjero.
El granjero durmió en la casa de campana.


Y con un RAYO hizo una tormenta y se quemó la tienda.
Y fueron a la casa del pastor. 
......... 

2 de junio de 2011

Novas da viaxe Pirata


Estamos a vivir unha grande experiencia pirataaaaaa!!!!!
Si si, como oídes (ledes) estamos a pasalo moi moi ben. Tivemos un día expléndido na Illa de irás e si volverás (Cabanas). Xogamos coa area, bañámonos dúas veces e cantamos....comimos....sonequeamos de volta na galenave......en fin, que o gozamos.
Chegamos a Galén sobre as 19:00 hrs onde nos esperaba unha dramatización en inglés sobre....como converterse en piratas coa visita do auténtico Capitan Hook.
Duchámonos, ceamos e agora estamos a prepararnos para a velada, lume de campamento, música e....nun ratiño a durmir.
Aínda non podemos poñervos fotos pero mañá ao longo da mañá teredes novas de como nos foi a noite e se cadra algunha fotiño.
Un biquiño e apertiñas....que estamos moi ben!!!!!!

1 de junio de 2011

Máis mamás na aula

paloma1

Desta volta tocounos ás landras poder gozar da compaña da mamá de Alejandra, Paloma, que veu a compartir con nós algúns dos truquiños que a ela, cando era nena, tamén lle ensinou o seu pai. Quixemos compartilo coas estrelas que nos acompañaron na aula pola mañá.
A verdade é que para nós foi algo así como facer maxia:
...as follas convertéronse en frautas e asubíos

asubíos
DSC02047
Aprendimos a diferenciar as follas que serven e as que non para facelas soar
paloma 2

...palillos estrela que saltan polos aires
...e mesmo facer equilibrios inncribles con palillos e faragullas de pan

DSC02049

Grazas Paloma por compartir todos estes truquiños tan especiais con nós.

Xa está a rematar o curso e queremos agradecervos unha vez máis ás familias a vosa colaboración xa que para nós é moi gratificante poder compartir os tempos de escola. Esperamos seguir contando con vós para o vindeiro curso.
Xa non queda tempo para máis visitas pero aínda nos queda a saída de fin de curso para poder compartir unha actividade tamén moi especial. Nestes días confirmaremos a data...estade atentos e atentas a este blog!!!!