Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas

18 de mayo de 2013

Xornadas da Cultura I: Semana do Libro

O mes de maio é o Mes da Cultura no cole Galén con unha chea de actividades en todos os cursos:  poesía, teatro, música.... Pero ímosvos contando por partes, estade atentos ao blog!

SEMANA DO LIBRO
Os nenos e nenas de Infantil iniciamos as xornadas o día do libro, como xa é tradición, o pasado 23 de abril, cunha visita á Biblioteca Nodal de Lugo. Alí estaban a esperándonos  Conchita e Pepiño para contarnos como funciona unha biblioteca e coñecer un pouquiño os segredos que este lugar máxico agocha.
biblio 1

Pepiño contounos como escoller os libros mirando os pegotes de diferentes cores e debuxos que teñen no lombo e Conchita fíxolles entrega aos nenos e nenas da clase das Fadas do seu carné de primeiros lectores e lectoras, para que así poidan gozar do préstamo de libros, cds, revistas, pelis etc....
biblio 2

biblio 3
 Despois Conchita ensinounos como están as zonas divididas en función das idades e puidemos gozar da lectura de contos no espazo especialmente deseñado para os nenos e nenas coma nós.  
 Antes de marchar escollemos cada un un libro en préstamo co carné do cole para levalos ás aulas e podelos contar ao longo destes días. Na hora de conto puidemos ollalos e compartilos, lelos e escoitalos e viaxar así ao mundo da fantasía ao que a lectura nos transporta. 
lendo 2
Lendo 1
 E como cada un de nós ten un ou varios libros favoritos na casa, quixemos traelos ao cole para compartir e ademais fixemos unha exposición con eles e cos marcapáxinas que en cada aula deseñamos. 

libro favorito


 Na clase das fadas fixemos uns marcapáxinas con material de refugallo, pintando con acuarela e adornando con flores feitas de restos de papel de parede! e quedaron moi moi chulos.
 Na clase dos leóns, como estabamos co proxecto da primavera, colgamos nun laciño varios bechiños e 
 floriñas do campo
marcapaxinas
.  

 E os nenos e nenas da clase das Sereas fixemos dous modelos: como estabamos co proxecto "Casas" fixemos unhas casiñas reutilizando tamén papel de parede e teas. E tamén fixemos estes orixinais "Comefollas"

comefollas
.  

Tamén para esta ocasión especial contamos coa colaboración das familias. Desta vez foi Marta, a mamá de Isaac, a que quixo compartir con nós un ratiño de literatura da man de Juan Ramón Jimenez. Leunos algúns dos pedaciños da fermosa obra "Platero" e a nós entusiasmounos. Como dixo un de nós referíndose á poesía, aquí tamén as palabras parece que cantan. Grazas Marta por compartir con nós este momento de lectura.

platero
 

Esta foi a primeira parte desta intensa actividade que nos traen as xornadas da cultura cada ano.
 En breve teredes a segunda parte....

6 de mayo de 2012

Semana do Libro 2012

Co gallo da celebración do día do Libro o pasado 23 de Abril, os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a Semana do Libro con moitas actividades. Ao longo de toda a semana anterior cada un de nós escolleu na casa o que é o seu "Libro favorito e o levamos á aula para compartilo cos nosos compañeiros e compañeiras para cada día ler un deles.
 O martes visitamos a Biblioteca Nodal onde puidemos gozar dunha fantástica sesión de contacontos coas sempre xeniais contadoras Fátima e Marga.
Fátima contounos un conto que está alí na biblio titulado "Os dez parrulos" e coa axuda das estupendas ilustracións fomos facendo a viaxe do parruliño que se perde e vai atopando diferentes animais ao longo de mares e ríos

biblio1
 E Marga contounos un conto sen libro peeeeeero con tesoiras. Si, si a través das tesoiras e dos papeis que recortaba fomos coñecendo ás personaxes do conto da meniña Mariña que quería ser ratiña.
biblio2 biblio3
 Despois estivemos na sala infantil de Lectura na compaña de Conchita a bibliotecaria, que como todos os anos nos ensina o funcionamento da Biblioteca e nos fai entrega dos nosos primeiros carnés de lectores e lectoras que facemos todos os anos para converternos en verdadeiros devoradores/as de libros

conchita
 Así que agora só vos queda a vós, maiores, acompañarnos con regularidade á biblioteca para facer uso dos seus fondos e viaxar a través dos libros aos máis fermosos mundos e vivir as máis apaixoantes das aventuras.
biblio4 biblio5 biblio6 biblio7
 E xa o xoves celebramos unha pequena festiña no noso corredor: a Festa do libro. E como en toda festa non podía faltar a......MÚSICA claro!!! Cantamos a canción do libro que aprendemos do disco Tic-Tac(moi moi recomendable de Pablo Díaz do que xa vos temos falado aquí no blog). E cantámola xunto con David que lle puxo a música coa súa inseparable zanfona....quedounos chulísima!!. Podedes ver a canción aquí
.
 E despois de cantar, os nenos e nenas de 2º e 3º EI quixeron compartir con todos e todas os seus libros viaxeiros aínd asen rematar xa que seguen a ir cada día ás casa dos nenos e nenas que xunto coas súas familias escreben a historia e lle dan o contido coa súa imaxinacióne escrita. u proxecto xenial que pretende desenvolver en todos nós a creatividade e gusto pola lectura e escritura. . . .
 E compartimos os libros favoritos, e lemos, e bailamos......xa sabedes unha festa!!!
.
  Tamén fixemos uns marcapáxinas, cada aula co seu deseñño, que despois expuxemos no corredor xunto cos libros favoritos para compartilos con todos e todas. MIrade que chulos:
-1º Ei inspirouse nos peixes para elaborar o seu marcapáxinas con pauiños dos de mirar a gorxa, foam e purpurina.
.
-2º Ei, con retallos de papeis de empapelar paredes fixo estas fermosas composicións
.
-31 Ei combinou a acuarela coa tea que sobrou de tinguir as camisetas (lemv¡brades aló por inicio de curso....)en forma de trenzas. .

Que ben o pasamos si señor!!!! Ata a próximaaaa.

29 de abril de 2011

Día do libro

O pasado 23 de abril foi o día do libro, e para conmemoralo os nenos e nenas de Infantil fomos á Biblioteca Nodal de Lugo. Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Lector do Centro e ten como obxectivos fomentar o gusto e interese pola lectura e literatura, valorar e fomentar o uso dos recursos públicos da cidade e coñecer o funcionamento da biblioteca.

E para isto tivemos a sorte de contar con Conchita que, con un conto con pictogramas que nós podiamos tamén ler, fomos descubrindo segredos da biblioteca como.....Pepito!!! un poliño que vive na biblioteca e que polo día anda agochado observando aos nenos e nenas mentres len e que á noite sae para ler tamén el moitos contos e correr grandes aventuras.
conchita e pepito
escoitando o conto
Grazas a Pepito soubemos para que serven as etiquetas que levan os libros no lombo e despois puidemos gozar dunha mañá entre libros. Recollimos os nosos carnés de lectores e lectoras para poder ir cando queiramos e levar contos á casa e cada un de nós escolleu un título para levar ás aulas.

lemos
lemos2
lemos1