30 de mayo de 2014

Aproveitando a tope o último día!! Lodoselo

Onte foi unha noite moi moi especial!!
Despois dun día intenso tivemos a festa con música, xogos, baile....foi xenial!!

festa

Hoxe queriamos aproveitar cada minuto neste máxico lugar e a verdade é que non paramos. MIrade:

pan 1 pan 2 xogos mañaneros

 E...bueno, aínda queda moito moito que contarvos, pero iso reservámolo para cando esteamos na casiña.

A hora de chegada está prevista sobre as 17:00hr.

Vémonos nun ratiño!!


QUE BEN O PASAMOS EN GARABULLOS E QUE BEN QUE VOS VEMOS HOXE!

Moi bo día a todos e todas!

Hoxe espertamos non con sol, pero si con moi boa temperatura e sen choiva, o que nos permite estar fóra a xogar, a dar de comer aos animais, correr... Vaia, que estamos como queremos.
Así e todo, tamén estamos contentos e contentas  porque ademais de que esta experiencia, entre outras cousas, nos fai sentir máis maiores e autónomos, nun ratiño xa volvemos a estar con vós, porque temos algo de morriña  e estamos desexando apertarvos, bicarvos e contarvos a morea de cousas que fixemos aquí. 

Entretanto, deixámosvos estas fotiños (nuns días poderedes gozar dunha entrada completa da saída), e dicirvos que temos prevista a chegada ao cole entre as 16.30 e as 16.45.

Ata dentro de moi pouquiño!! Bicos de todos os garabulleiros e garabulleiras!!


Sack game

REMATOU O SEGUNDO DÍA E MAÑÁ XA NOS VEMOS!

     Ola familias!

Xa case estamos aí, e sabemos que estades desexando vernos e que vos contemos de viva voz todo canto vivimos aquí en Garabullos. 
 Pois resumindo o día, ao rematar de facer os saquiños, saímos en busca de flores e plantas olorosas para enchelos e  ver tamén se atopabamos a Lume, que segue sen dar rastro.
Logo xantamos e uns estabamos tan cansos que necesitamos durmir unha pequena sesta para recuperar forzas e enerxía para seguir o día. Outros, en cambio, sacamos de alfombras e xogos de inxenio e de mesa e puxémonos a xogar no chan. Unha vez todos espertos, merendamos e despois fixemos pizza para a cea. Hoxe foi un día moi especial pois, ademais de ser o último día de excursión, tivemos unha festa!! Agora falta saber canto aguantaremos xa que tanto trote déixanos derrengados, polo que de seguro durmiremos de marabilla. Xa o estamos facendo!

 Ainsssss, outra noite máis...!! Desexamos que descansedes e durmades ben e tranquilos, porque mañá toca poñer a orella a todo canto vos queremos e temos que contar.
Moitos chuchiños e apertas cheas de amor e agarimo!
Deica mañá queridos e queridas!


Party & bedtime

29 de mayo de 2014

Segundo día en Lodoselo

Hoxe o día foi tamén moi moi emocionante e completisimo.

Pola mañá fixemos o roteiro pola vila e tivemos que botar man das nosas  estratexias variadas para poder atopar os lugares e pistas, ademais de ir cumplindo con certas  condicións ao longo do percorrido. Como vedes nas fotos o lugar é moi fermoso, incluso máxico.

roteiro2
roteiro
 
Pola tarde choveu e tivemos que cambiar os plans, pero foi unha tarde moi chula tamén: fixemos "bombas de sementes" que despois lanzamos para que nazan as plantas....esta si que é unha maneira chula de plantar non si?

bombas
Obradoiro
Tamén fixemos un obradoiro de carteiras con material de refugallo e quedaron moi moi chulas e útiles.
E tamén estivemos a ensaiar as cancións e bailes para a velada da noite.

Nestes intres estamos de festa, hai que aproveitar os últimos momentos desta xenial experiencia poñendo todos os nosos sentidos nelo,  así que.....mañá xa vos seguimos a contar.

Moitos bicosssssss.





Bo día dende Lodoselo!!!

A noite onte foi do máis especial:  paseo nocturno polo souto onte aniñan os mouchos, ceo estrelado e compaña inmellorable.
Despois contos e historias: Alberto contounos a historia do Meles Meles antes de deitarnos e....unha noite de soño reparador despois de taaaaantas emocións vividas.

noite 2

Foi unha velada estupenda, aprendimos a superar moitos medos e gozamos da natureza en estado puro.

 E esta mañá erguímonos cheos de enerxías e con ganas de aventuras.

noite

Despois do almorzo un ratiño de xogos e.......xa vos contaremos ao final do día!!!

Un bicazo a todas e todos dende a montaña!!

GOOD MORNING FROM GARABULLOS!

       Bos días queridos e queridas!

"Piero piero piero pom, pom pom pom pom...! Agora estamos cantando mentres facemos uns saquiños de aromas, pero como podedes imaxinar pola hora, xa almorzamos: moito e ben, despois de espertar ilusionados polo comezo dun novo día cheo de actividades.
Durmimos todos e todas moi ben, aínda que algún de nós espertamos un chisquiño antes da hora polos nervios desta nova experiencia; e mesmo recibimos a visita do Ratiño Pérez, que veu ver a Toni!!! Non tiña o dente debaixo da almofada porque non sabemos moi ben onde caeu, pero con moita delicadeza comprobou que efectivamente lle faltaba un dentiño recién caído.

       Deixámosvos polo de agora, porque como saberedes, temos moito que facer, descubrir, aprender, xogar, cantar... e gozar!

Good morning

BOAS NOITES DENDE GARABULLOS!

        Moi boa noite!

Xa estamos todos e todas deitadiñas, durmindo e descansando despois do longo e intenso día que vivimos hoxe. Fixemos e aprendemos unha chea de cousas, xogamos un montón, demos de comer aos animais, saímos a pasear pola natureza, fixemos galletas, e por suposto, estivemos na procura de Lume, que polo de agora aínda non apareceu.

       Bueno, deixámosvos ate mañá, desexándovos que durmades e descansedes tranquilos, moito e ben, vós tamén!


Night night

28 de mayo de 2014

Primeiro día en Lodoselo.

Que ben o estamos a pasar familias!!

Despois dun rico xantar tivemos xogo libre para despois meternos de cheo nos traballos de horta e coidado dos animais. Plantamos unha pradaira e un carballo.

horta-animais 
Despois contáronnos o conto do "Carballo con Botas" e fixemos xogos a partir deste tema.

árbore 
xogando  Estivemos a falar tamén dos habitantes dos bosques e, como non,  dos Mouchos que enchen as noites de sons e música. 
Fixemos uns mouchiños de cartón e esta noite......espéranos unha fermosa aventura adicada especialmente aos noso oídos: imos dar un paseo nocturno polo bosque a ver se identificamos os seus cantares. Que emocionante!!!

mouchos 2 Mouchos

Como vedes estamos a vivir experiencias inesquecibles e estamos moi moi a gusto.

Mañá contámosvos como foi a experiencia!!
Boas noites a todas e todos.

CHEGADA A LODOSELO

si si, xa estamos aquí. A viaxe foi ben, non chove e  nada máis chegar fixemos unha Asemblea para organizarnos.
Estamos todos ben, contentos e con ganas de explorar todo o que nos rodea.




Esta noite esperamos podervos dar máis detalles e información porque a cobertura é moi limitada.

Un biquiño familias!!







XA CHEGAMOS A GARABULLOS!

Boas familias!

Xa chegamos a Garabullos e estamos esplendidamente! Coñecemos a Fume un dragón transformado en home en pixama pola Meiga da Lagoa. Fume contounos a historia del e de seu irmán Lume. E dende aquí temos unha misión moi importante: buscar a Lume, que agora é un animal e non sabemos cal. Fume leva anos buscándoo pero non o atopa. A mensaxe que debemos darlle se o atopamos (que de seguro o faremos) é: "Teu irmán Fume, agarda por ti todos os días a medianoite no carballo do Camiño da Curuxa".

Xa vos iremos informando!


Garabullos chegada

PATCH AT AROA'S HOUSE!

       Hi everyone!

Hai uns días, Patch tivo a grande ocasión de ir á casa de Aroa e a súa familia a pasar a tarde e a noite, e dicir que o pasou ben é quedarse curta. Pasouno de marabilla !! e fixo unha chea de cousas que logrou que ao día seguinte pasara un bo cacho contando e leriando, e logo recontando e rememorando todo o que fixeran xuntiños o día anterior.
 Ao pouco de saír do cole, marcharon facer un pouco de compra, logo foron para a casa e xogaron na casiña do xardín, no columpio, botaron unha carreira en bici e no coche de Lightning Mcqueen, gozaron da súa compaña na natureza e falaron de cousas de pequechos e da vida mirando as nubes pasar... Logo atopáronse unha ra que co seu estrano cantar asustou a Patch xa que seica non cantan igual as ras en inglés ca en castelán, e o mesmo acontece cos ladrido dos cans. Foi superdivertido! 

       E xa cansos de tanto xogar fóra, entraron na casa e foron co papá de Aroa ao seu estudio e cantaron unha canción moi famosa de The Beatles: "All You Need is Love", tal cual foran cantantes porfesionais!!! Rematada a gravación, fixeron unha pequena representación onde Aroa era o príncipe e cargaba con Patch que foi a princesa.
 E para rematar o día, cearon xuntiños e marcharon durmir e  descansar para voltar ao cole ao día seguinte, coñecéndose máis e mellor. Foi sen dúbida unha experiencia encantadora e fabulosa!

      Aquí nos quedan as fabulosas fotos que como sempre nos encantan,  de seguro vos gustarán moito e que, por suposto, tanto vos agradecemos que compartades con todos nós! 

        Until next time!


Shopping

Treehouse

On the swing

Racing

Frog talk

Watching the clouds

Siteseeing


Theatre time

Karaoke

Softie

Night night

26 de mayo de 2014

Marchamos de viaxe!!!!

Si, si como ledes!! chegou o momento que estabamos esperando con grande ilusión!!! 
Os nenos e nenas de 3º EI e 1º de Ep imos de viaxe á Granxa Garabullos, en Cospeito. Aquí vos deixamos unhas diapositivas nas que podedes ver o ben que o imos pasar e....o que precisamos para facer as nosas maletas (perdoade polo retraso en colgalo mais foron desas cousas inexplicables das novas tecnoloxías...ainssss)




  
 Aquí podedes ver un chisco máis o lindo lugar que imos habitar durante estes tres días. Canto traeremos que contar!! 


Tamén os nenos e nenas de 2º Ep e 3º Ep imos de aventura. Nós imos un pouquiño máis lonxe, a Lodoselo  na montaña de Ourense. Será toda unha experiencia rural, xa vos contaremos!!

Agora toca facer as maletas e....non esquecer nada!!! Ainss que nervios.

Esta é a lista de cousas para levar a Lodoselo. A de Garabullos tédela na presentación.


E nestes tres días, mantédevos pegadiños á rede que será a través deste blog onde vos iremos contando o que facemos e como o estamos a pasar (sempre que as redes nos deixen claro!!!)

25 de mayo de 2014

ROBBY AT JAIRO'S HOUSE!

      Ola familias!

Hai uns días, Robby marchou do cole da man de Jairo e a súa familia cara á súa casa para pasar toda a tarde e a noite e voltar ao cole ao día seguinte cheo de alegría e novas aventuras que meter na súa mochiliña da vida. Como sempre xogaron, riron, e gozaron da súa compaña xuntos. A Robby fíxolle moita ilusión volvese atopar  cun xa antigo amigo e compañeiro de aula: Bruno, o queridísimo irmán maior de Jairo, co que tamén puido xogar e gozar.

      A continuación as fotos desta fabulosa aventura, fotos que sabemos que vos gustarán tanto como a todos nós e, que como sempre, vos agradecemos que compartades con todos nós!

      See you very soon!


1- Playtime

2- We must brush our teeth.

3- Good night

4- Good morning

5- Breakfast

22 de mayo de 2014

A Festa dos Maios 2014

Este Venres celebramos a tradicional Festa dos Maios.
Como sabedes é unha festa pagana, de orixe prehistórico (castrexos e celtas) que ensalza e celebra o inicio dunha nova estación que pinta os campos de moitas cores, a chegada das  boas colleitas, do bo tempo e incluso da fertilidade humana. E seguiron as outra culturas posteriores con esta exaltación da terra : a cultura grega, romana ....ata chegar aos nosos día sobre todo en zonas de Galicia como Pontevedra ou Ourense onde a súa celebración está aínda en auxe.

Se queredes saber máis sobre esta tradición visitade este enlace: Galicia Espallada

No cole Galén é unha festa que celebramos todos os anos. Nós facemos normalmente o Maio Cónico, unha estructura con esta forma que decoramos con xestas, fiuncho e fientos que lle dan o fondo verde sobre os que colocamos guirnaldas de flores, de ovos e laranxas tal e como se fixo dende hai xa moitísimos anos en Galicia. Tamén hai Maios con outra formas e incluso o que se coñece como Maio humano, unha persoa que se adornaba e cubría con xestas, fentos e/ou follas e que bailaba ao redor dos músicos e bailaríns.

Era tradicional tamén vestirse de branco (antigamente coa roupa interior formada por pololos-enaguas e camisa ou chambra as mulleres e cirolas e chambra os homes) Nós reproducimos esa tradición de vir de branco e a verdade é que estabamos guapísimas e guapísimos non si??

 Segundo a tradición as mulleres, que lles chamaban Maias, enfeitaban as súas cabezas con coroas de flores e nós, reutilizando material coma sempre, acordamos facer unhas trenzas adornadas con flores feitas con papel de revistas para todas e todos. 

Maios 11

Maios 2
Maios 3

Maios 5
maios 6
Maios 7
Maios 10

 Os nenos e nenas de Infantil preparamos un Maio cos nenos e nenas de 6º de EP. Xuntos Cantamos, tocamos paus e bailamos de cara ao Maio que entre toda primaria e infantil fixemos. Nós colocámoslles as flores e quedounos ben bonito.

Maios 8
 
Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP tamén enfeitamos o Maio con flores e cantámoslle unha cantiga e baile xunto cos rapaces e rapazas  de 2º de ESO.


Maio ep

 Maio 1


En infantil ademais do Maio natural fixemos esta reprodución na aula tamén con material de refugallo intentando representar os elementos característicos: verde de xesta-fiuncho-fientos, flores, laranxas e ovos.



maios carton 2
maio carton


Pasámolo moi ben e gústanos contribuír a que as tradicións propias da nosa cultura sigan vivas e sexamos partícipes delas.