25 de enero de 2013

Confección disfraz "Os pallasos da tele"


Xa se achega o Entroido e estamos a iniciar o proxecto en torno a esta festa tradicional.

 A festa de disfraces, como cada ano, terá un tema común para todo o cole, dende 1º EI ata 1º Bacharelato. Este ano será a "Infancia dos 70 e 80"....e haberá moitas moitas sorpresas....xa vos iremos contando!

Os nenos e nenas de Infantil representaremos aos "Pallasos da tele" coa colaboración de 4º ESO e este ano iniciamos un novo proxecto de colaboración coas familias na elaboración dos nosos disfraces.
Trátase de que cada un de nós se implique un pouco máis no proceso de elaboración e poida gozar con máis intensidade do resultado final.
E para que vexades que é moi sinxelo, aquí vos deixamos un enlace onde poder seguir paso a paso a elaboración da camisola vermella:


O resto de vestimenta e accesorios para o disfraz farémolo nas aulas coas nosas profes nos talleres que comezaremos a partir da semana que vén.

Se tedes calquera dúbida cosultade coas nosas profes.


23 de enero de 2013

As primeiras neves!

Hoxe pasamos o día pegadiños ás fiestras. A cada folerpiña que caía aí estabamos nós para contemplala

neve ventanas

... con esperanzas de que aumentaran en cantidade para podela gozar.

E así foi, despois de xantar as folerpiñas xa eran unha boa nevadiña que callou no noso patio e....en un tris tras estabamos fóra coas nosas botas para xogar un chisquiño coa neve que hoxe nos agasallou o señor inverno. 
neve 1
neve 2
neve 3
neve 4
neve 5
Sóubonos a pouco así que esperamos impacientes a seguinte nevada!!

12 de enero de 2013

Carta de Samuel.

Esta semana Isabel, a mamá de Samuel da clase dos leóns, mandounos unha fermosa carta de agradecemento e despedida para todos e todas nós. Alégranos infinitamente saber que aprendeu e gozou con todos e todas, no e do cole. Nós dende logo tamén o fixemos con el e con vós.
Aquí vos deixamos as súas palabras...

Despedida de Samuel

Samuel y sus papás nos queremos despedir de todos vosotros a través de este blog. La verdad es que no tenemos palabras suficientes para expresar la pena que nos da irnos, pero mirando el lado positivo, nos vamos contentos con todo lo que Samuel ha aprendido y disfrutado con todos vosotros. Se lleva un gran recuerdo del cole, habeis dejado en él una huella imborrable… muchas gracias a Carmen, Cris, Catuxa, Ana, David, Conchi, Andrea, Alicia,…, y a todos los que habéis aportado algo a la vida de Samuel en este tiempo. Os va a echar mucho de menos, pero como él dice “Mami, sí que vamos a volver a Lugo… iremos de visita”. De la clase de “los leones “(antes conocida como “los soles” ;-) ) nos llevamos la alegría y unidad de este grupo tan especial. Estamos seguros que, tanto Samuel como todos ellos, se acordarán de todas las “aventuras” que han vivido juntos. También queremos mandarles un beso muy grande a todos los papás de los leones, con los que hemos establecido un vínculo muy especial. Os echaremos mucho de menos. Aquí os dejamos un enlace con una canción de despedida, que esperamos que os guste.

Canción de despedida
Muchos besinos, bicos and kisses.
Hasta pronto …


Despedímonos polo de agora, desexándovos de todo corazón todo o mellor aí en Verín e agardamos a vosa visita que queremos sexa pronto, ou cando menos, sexa...
Bicos, apertas e moitas grazas!

8 de enero de 2013

As súas maxestades....

Os Reis Magos de Oriente!!!
foto reis


Creiades que non vos iamos contar nada!!!
 Co esperadas que son estas personaxes no cole non podiamos menos que amosarvos a súa visita ás aulas de infantil. Xa sabedes que chegaron ao cole en "quad" porque saíu en directo na tele e xa o contamos   aquí no blog. Pero queriamos compartir con vós eses momentos especiais e inesquecibles para moitos de nós vividos nas aulas.

Asi que aquí vos deixamos as imaxes deses momentos. Veredes que algúns de nós, da impresión de velos tan de preto non nos queremos mover do carón das nosas profes, ás veces non queremos nin miralos pero outros moitos estamos desexando falar con eles, achegarnos e incluso bicalos!!! Mirade mirade:

reis3
reis2
reis1
reis 1º
reis 2º 3º


Con esta entradiña damos por rematado o Nadal aquí no blogue, esperando inicar un novo trimestre con vós aí para contárvolo. Bicos e feliz ano 2013!



5 de enero de 2013

E chegou o Apalpador!

Apalpador3


            Como non podía ser menos, visitounos tamén o Apalpador, personaxe da cultura galega que como o ano pasado prometera na súa primeira visita ao cole, volveu este ano para ver se as nosas barriguiñas estaban ben mantidas. Podedes ver a visita do pasado curso aquí así como ampliar información sobre este entrañable home que vive nas montañas do Courel, as nosas montañas!!

 Pois este ano chegou nun momento tamén moi especial para nós: a Chocolatada. E claro!     as nosas barriguiñas desta volta si que estaban ben ben mantidas...mirade:
churros
collage apalpador1Apalpador2
apalpador1

  E como todos os anos tamén dentro do proxecto de investigación do Nadal aprendimos a cantiga,  falamos sobre el e sobre o lugar onde vive e limos os contos que contan a súa historia:

 "O Apalpador vive nas devesas do  Courel desde hai tantos anos que ninguén sabe xa cantos ten......pasa o día a apañar madeira...aproveita para recoller castañas...pola noite de Nadal baixa a todas as casas...cunha morea de agasallos para repartir...con agarimo para non os espertar aloumiñalles as barriguiñas para ver se están mantidos....e bìsballes amodiño: Así, así esteades todo o ano!...e deixalles unha presa de castañas na mesa de noite...e os agasallos agochados pola casa...a atopalos!"

 Estes son algúns fragmentos do conto de Xoán G. publicado pola ed. Biblos "O Apalpador" que vos recomendamos ademais de outros moitos publicados ao redor da figura do Apalpabarriga.

Na coluna da esquerda do blogue tedes un enlace directo ao sitio web do Apalpador, e outros enlaces son:

Wikipedia
Vieiros da escola
LIbro Antón e o Apalpador
Galicia Encantada

E con música queremos despedir esta penúltima entradiña de Nadal...a última nestes días caerá.
Pois así, con Malvela nos despedimos do Apalpador ata o ano que vén esperando o regreso do noso amiguiño o Apalpador.
"Xa chegou o día grande 
día do noso señor
xa chegou o día grande
e virá o Apalpador"


3 de enero de 2013

Unha panxoliña en Bable

Como xa vos contamos, este ano fixemos do Bable, o idioma dos nosos veciños asturianos, o protagonista da canción que preparamos no proxecto de nadal.
 Isabel a nai de Samuel, o noso compañeiro da clase dos leóns, presentounos o Bable xunto con moitas outras cousas propias asturianas e foi unha canción nese idioma, "Los tres reis" a que decidimos preparar para o festival. A canción fala precisamente desas tres personaxes máxicas propias destas datas ás cales dalgún xeito quixemos representar na actuación. Para iso preparamos unhas vestimentas moi chamativas e luxosas que fixesen do espectáculo algo tamén visual. 

estampar 1

 capas

Para a  canción contamos coa colaboración dalgúns dos músicos da Escola de Música Cantarela:  Silvia ao piano, Oleg co clarinete, Uxía Carreira e Hugo aos violíns e Antonio á batería foron os encargados de facer a música que acompañou as nosas voces.

cantando 1
cantando 2
cantando 3
cantando 4

Así foi o festival deste ano co que como sempre gozamos moito, tanto da preparación como da actuación.

Deixámosvos aquí unha versión da canción feita polo grupo asturiano Xentiquina.

E...aínda queda máis que contarvos ...coa chea de  sorpresas que tivemos no cole polo Nadal!!!