31 de mayo de 2012

Primeira noite no Kiriko!

Onte, como sabedes, foi un día xenial. Pasámolo de marabilla e estabamos rendidos así que coller o sono foi fácil. Pasamos moi boa noite e esta mañá algúns de nós espertamos moi cedo polo que á hora que tiñamos previsto erguernos xa estabamos todas e todos preparados.

 E a noite foi un pouco máxica porque...sabedes que??? Veu o ratiño Pérez a traerlle un agasallo a Carolina Q polo dente que lle caera. Ata aquí chegou o ratiño....pois é que é máxico claro!

Hoxe o día tamén promete. Pola mañá faremos dous obradoiros: un sobre o proceso da lá e outro chamado "historia dun ovo". E como o sol quenta dende ben cedo de seguro teremos tempo de piscina e xogos de auga.
 Agora non podemos mandarvos fotos pero á noite contarémosvos como foi o día e enviaremos algunhas.
 Seguimos en contato!!!! BIQUIÑOS FAMILIAS

30 de mayo de 2012

Kiriko2

. Rematou xa o primeiro día e estamos a prepararnos para ir á cama. Quixemos aproveitar ata o último momento e aproveitando a boa temperatura quedamos a facer xogos nocturnos ata fai un cachiño. E agora imos descansar despois dun día de grandes emocións. Como estaba previsto fixemos o obradoiro de sons, gardamos aos cabalos e visitamos demais bicharía e aproveitamos o día caloroso para estar un bo rato na piscina. E para mostra.....as fotos: . . . . . . . . . . Estamos todos e todas moi contentos e gozando da vivencia de compartir cos nosos amiguiños e amiguiñas a convivencia diaria nun lugar que non é o habitual, nun entorno natural estupendo e coa compaña e apoio emocional das nosas profes. Durmide tranquilos papis e mamis que nós estamos xenial. Mañá contarémosvos como nos foi a noite. Biquiños moitos!!!

Xa chegamos ao Kiriko

. . Esta mañá, despois de moitos nervos e emocións os nenos e nenas de 3ºEI e 1º EP marchamos cara á granxa escola "El Kiriko" para vivir a nosa primeira aventura de tres días fóra da casa. Toda unha aventura!!! Agora mesmo son as 13:45 e acabamos de chegar ao Kiriko despois dunha viaxe tranquila e con descanso para un piscolabis. Imos deixar as cousas nos cuartos e a xantar para coller forzas porque á tarde comezan as actividades. Para hoxe teremos piscina, merenda, gardar aos animais e un obradoiro de sons. Á noite teredes máis novas e ao mellor hai sorte e algunha fotiño tamén. Estade atentos/as!!

27 de mayo de 2012

Festa dos Maios 2012

PicMonkey Collage 4
Case a piques de rematar o mes de maio, o mes das flores e da chegada do bo tempo que nos fai sentir que si que estamos en primavera, celebramos a tradicional festa dos Maios dentro tame´nd as actividades das "Xornadas da cultura" que cada mes de Maio vimos celebrando.  Coma sempre, entre todos os nenos e nenas de primaria construímos un maio cónico con xestas, fiúncho, fientos, laranxas e flores. Este ano en lugar de ovos quixemos darlle un aire diferente e adornámolo con decoración de papel e formas xeométricas que aportaron os nenos e nenas de 6º EP. Nós aportamos os ramiños de flores que coas nosas familias preparamos con flores silvestres e quedounos moi fermoso, xa vedes.
O venres pola tarde xuntámonos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria para festexar esta festiña tan nosa e da que tanto gozamos. E cantámoslle claro!!!
 Os nenos e nenas de Primaria cantáronlle unha canción recollida en Carnota que tradicionalemnte cantaban as Maias (só nenas) vestidas de branco e enfeitadas con lazos e coroas de flores e que levaban uns arcos tamén floreados. PicMonkey Collage 2 PicMonkey Collage mans
 En infantil aprendemos un maio da Illa de Arousa que adaptamos un pouquiño á nosa realidade máis cercana cambiándolle a primeira frase. Aquí deixamos as copliñas para que cantedes con nós na casa:
  A toda a xente de Lugo
cantamos de corazón
vinde ver o noso Maio
 que fixemos para vós

 O Maíño Maio
é moi pillabán
 e quere que lle dean os cartos na man (bis)

 Para facer este Maio
tivemos que ir a buscar
os fiunchos e as flores
 á horta do Cantalán

 Veu o Cantalán
cunha escoba vella
virounos o maio e dounos con ela (bis)

Ao longo de toda a semana estivemosa preparar a festa, investigando as súas orixes, as distintas maneiras de clebralo e recordando as cancións aprendidas outros anos. E por suposto preparando as coroas de flores que este ano foron de papel de seda e facendo unha reinterpretación do Maio para darlle cor ao noso corredor. E este ano quixemos facer unha interpretación picassiana do Maio e ademais quixemos colocalo dunha maenora un pocuo máis orixinal. Xa vedes na foto: bandas colgadas do teito con fllores cubistas feitas
con papel de xornal pintado.

 maio PicMonkey Collage 1 PicMonkey Collage PicMonkey Collage 3 E cada ano seguiremos recuperando a tradicióne reinventando e recreando a súa imaxe. Aquí podedes ver o que fixemos o curso pasado.

25 de mayo de 2012

"Cousas Bonitas"


A música galega segue sacando á luz aos artistas que a coidan e miman e por iso viu a luz, o pasado martes 22 de maio, un disco agardado e desexado. O proxecto recibirá o nome de "aCadaCanto" e estará cargado de sentimento, paixón e boa música nas voces e mans de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero. Si vos apetece velos en directo as primeiras datas que xa están marcadas no calendario son o 8 de Xuño no Teatro Rosalía (A Coruña) e o 13 de Xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Para abrir boca aquí tedes un enlace ao video promocional dunha das cancións do disco, “Teu nome por mar e terra”.



21 de mayo de 2012

Fomos a un Castelo!!!

O pasado mércores vivimos unha grande aventura!!!! estivemos nun Castelo de verdade, moi pretiño de aquí, en San Paio de Narla, Friol.

san paio 0 Recibíunos na entrada do castelo Paquita que nos contou a historia da Raíña, a Princesa e o Criado que vivían na fortaleza hai moitos moitos anos. E despois de poñernos en coñecemento do que alí pasara fomos visitando as diferentes estancias do castelo e.....tamén coñecimos a algunhas das personaxes que alí habitaban.
san paio 2 san paio 3 sab paio 1 Nas cocheiras atopamos á raíña da historia dentro dun carruaxe coma os que sempre vemos nos libros de contos de princesas, príncipes, raíñas e cabaleiros. E contounos que o rei andaba por fóra cazando co seu cabalo. san paio 4 san paio 5 Vimos moitos lugares do castelo: a bodega, as cortes dos cabalos, as habitacións onde durmían e ata un berce onde durmía a princesa cando era bebé. san paio 14 Como xa era hora de almorzar, decidimos ir á cociña non sin antes coller cada un un pauíño para acender o lume e poder facer.....que iriamos facer??? Tiñamos unha sorpresa esperando. san paio 6 san paio 7 Sentada na lareira atopamos a unha bruxa moi pero que moi fea e...... san paio 9 bufffff....a algúns deunos algo de medo e non queriamos saber anda dela, pero ao final ata nos axudou a facer rosquillas.....
Si si, despois de acender o lume..... san paio 8 fixemos rosquillas coa fariña que saíu das sementes de trigo que estaban na bodega, o leite das cabras do castelo e os ovos que puxeron as galiñas e que tivemos qeu buscar por toda a cociña. E sabedes onde estaban? pois debaixo dos bancos da cociña onde se sentaban para comer que se chaman escanos. san paio 10 E con todos eses ingredientes fixemos as roscas que metimos no forno, que mentres seguiamos a visita se irían facendo para ao final podelas comer. DSC02742 DSC02757 DSC02751 E mentres esperabamos a que se cocesen, seguimos de rota polo castelo. E xa no salón sentámonos cada un nun lugar que correspondía ás diferentes personalidades que habitaban aquel lugar. O rei e o seu cabaleiro san paio12 A raíña e princesas san paio 11 As damas da corte de parola no parladoiro san paio 13 E xa para rematar a visita subimos ao alto do castelo dende onde se ven as fermosas terras de Friol. Alí atopamos á outra personaxe do castelo: o cabaleiro. san paio 15 san paio 16 Xa vedes, pasámolo xenial aínda que con algo de suspense polo cammiño saímos encantados e queremos darlle as grazas a Paquita e a todo o persoal da Fortaleza por facernos estas visitas tan divertidas, porque esta é a maneira na que os nenos e nenas máis pequenos gozan realmente da historia, da cultura e do saber.

19 de mayo de 2012

Robby at Juan's home!

Hai pouco Robby estivo con Juan na súa casa para pasar o día. Entre outras cousas, xogaron xuntos, Robby coñeceu a moitos amiguiños de Juan e pasárono de fábula, e así mo dixo Robby. Thank you Juan and family! Grazas por compartir as fotos con nós. 11. Playtime 12. Hide & seek

Patch at Esther's home!

Hai uns días Patch estivo na casa de Esther para pasar o día. Estiveron moito tempo xuntos, case nin se despegaron. Esther, coma todos os soles, coidou moi ben del e pasárono pipa. Thank you Esther and family! Grazas por compartir as fotos con nós. 9. zzzzzz.. 10. Morning

Robby at Adrián's home!

Hai uns días Robby estivo na casa de Adrián. Cadrou ademais que era o cumpleanos de Adri e Robby tivo a sorte de celebralo con el. Abriron regalos, romperon a piñata, cantaron o cumpleanos feliz e comeron pasteis. Thank you Adri and family! And happy birthday! Grazas por compartir as fotos con nós. 8. yummy time 7. Presents and presents

Patch at Aldán's home!

Hai pouquiño, Patch estivo con Aldán e familia, amigos e uns preciosos gatiños. Pasaron o día xuntos e ademais de coñecer a algúns amigos de Aldán, tamén montou na súa bici e foi a ver a uns gatiños lindísimos. Pasouno en grande, e así mo dixo. Thank you Aldán and family! Grazas por compartir as fotos con nós. Por certo, se queredes un precioso gatiño, falade con Catuxa. 5. na bici .

Robby at Laura's home!

Hai uns días, Robby estivo con Laura e a súa familia. Igual que fixeran con Patch, pasaron a tarde e a noite xuntos. Contoume todo o que fixeran e dixo que o pasara de fábula. Thank you Laura and family! Grazas por compartir as fotos con nós. 3. New friends 4. Friendship