27 de febrero de 2011

Humpty Dumpty.

Humpty Dumpty é, ademais do evidente: un ovo, un personaxe dunha das máis famosas Nursery Rhymes en inglés. Con el aprendemos os nomes dalgunhas prendas de vestir en inglés: shoes, boots, trousers, dress, jumper, coat e hat. Para isto fixemos o que facemos en todas as unidades: xogar, cantar, bailar, esconder e buscar, escoitar un conto, algunha ficha e tamén lle fixemos a maleta a Ana para as próximas vacacións, e mesmo unha mini pasarela describindo o que levabamos nós posto.

Humpty Dumpty

Suitcase 1

Suitcase 2

De todos os xeitos, o que máis fixemos foi xogar, e algún dos xogos foron como por exemplo os de emparellar as cartas dicindo o nome da prenda en inglés ao levantar cada carta; seguimos as instruccións da profe para colorear o camiño de Humpty cara á súa casa logo de caer dun muro; tivemos que tirar os ladrillos do muro onde se senta Humpty intentando que non fose o que o fixera caer; por equipos tivemos que coller dunha bolsa a prenda que dicía un compañeiro ou compañeira e levarlla correndo para que nos dixese se era esa ou non a que nos pedía... Tamén xogamos a whispering game, guessing game, read my lips e un longo etcétera. As posibilidades que nos brindou Humpty para aprender xogando foron moitas e gozamos moito de todas elas.

Wall Game

Wall Game 2

Wall game 5

We're colouring 1

Matching game 6

Matching game 4

Matching game

Matching game 5

26 de febrero de 2011

Preparando o Entroido

Antroido04_023
A semana que ven iniciamos as actividades de entroido previas á festa do Venres. En Galén esta é unha das festas máis gozadas e esperadas por todos e todas, tanto profesorado como alumnado e familias. En infantil adicamos a sermana enteira á súa preparación: decorados, disfraces, coreografías, obradoiros de cociña, ensaios, etc....
Este ano a festa xira en torno á productora de filmes Disney e convidámosvos a todos e todas a acompañarnos o venres cos vosos disfraces xa que nos fai moita ilusión ver que participades tamén da festa.
Os nenos e nenas de educación infantil representaremos unha escena da película de debuxos "101 Dálmatas" e contamos coa estupenda colaboración de rapazas e rapaces de 4º ESO aos que queremos agradecer especialmente a súa sempre boa disposición a colaborar con nós.
Así que xa vedes, esta semana que vén temos un montón de actividades:

*O luns pola mañá veremos a peli "101 Dámatas" e pola tarde teremos un Obradoiro de Caretas.
*O martes pola tarde teremos un obradoiro un pouco máis especial xa que contaremos coa colaboración de varias mamás e papás. Será un obradoiro de maquillaxe e peiteados. Se queredes apuntarvos aínda estades a tempo de falar coas nosas profes o luns. Será xenial, e xa sabedes a ilusión que nos fai que veñades ás aulas.
*O mércores teremos obradoiro de cociña especial entroido.....sorpresa!!! xa vos levaremos a proba!!
*O xoves obradoiro de complementos e ensaio xeral para rematar o venres coa gran festa de disfraces que empezará ás 15:30 e rematará ás 16:45 e á que estades todas e todos convidados.
Na festa tamén contamos con unha cafetaría que organizan os rapaces e rapazas de 1º BAC para recadar fondos para a viaxe de fin de curso, así que xa sabedes... primeiro espectáculo, baile de entroido e finalizar a tarde degustando algunhas das lambonadas que os compañeiros e compañeiras preparan e compartilas xunto con un café ou refresco coas outras familias na cafetaría.

POis xa vedes cantas cousiñas nos esperan esta semana que entra. Xa vos contaremos tamén no blog como foi e poderedes ver as fotos.
QUE EMPECE A FESTAAAAAAA!!!!!!!


A foto que inicia esta entrada é do Antroido 2004 que adicamos ao circo e ademais sacamos ás rúas de Lugo nas comparsas do sábado de entroido.

20 de febrero de 2011

Novas participacións de familias na aula

Estes días visitaron a aula o papá e a mamá de Miguel que nos ensinaron a facer plastilina que se pode comer. É broma!! O que pasa é que se fai con ingredientes comestibles.
1/2 taza de fariña
1/2 taza de auga fervendo
1/4 de taza de sal
1/2 cullerada de aceite
12 gotas de colorante alimentario
Mestúrase todo e amasase ben.
Despois fanse as figuras que cada cal queira. Isabel e Miguel trouxéronnos modelos moi interesantes e cada un de nós fixo o que máis lle gustou.
Deunos moitísimo gusto amasar unha masa tan quente e tan amorosa.
Tedes o resultado do noso traballo no corredor do colexio.
miguel 1
miguel 3

O papá de Bruno sabe moitísimo do universo.
Ensinounos fotos dos planetas, de galaxias, de naves espaciais, transbordadores e satélites artificiais.
Incribles!!!!
Tamén fíxonos ver a relación de tamaño entre os distinos planetas e estrelas. Resulta que xa non é Antares a estrela máis grande coñecida. Cada día descóbrense novas estrelas.
Gustounos moito o que nos dixo de que o planeta está vivo e que as estrelas nacen e morren e que hai estrelas ananas e xigantes.
Para rematar ensinounos a canción dos Planetas de Enrique e Ana. Cantámola e divertímonos moito.
bruno 2
bruno 1

Grazas a todas as familias que comparten con nós as súas aficións e o seu tempo.

18 de febrero de 2011

"Algo está cambiando"

concurso trevia

Este ano, de novo a Aula de Natureza Trevia convídanos a participar no IV Concurso de Fotografía que desta volta xira ao redor do tema do cambio climático co título "Algo está cambiando" .
E como non, as nenas e nenos de Educación Infantil podemos participar coa axuda dos adultos da nosa casa para facer as fotos.
Xa sabedes, dende hoxe non esquezades levar a cámara de fotos no peto sempre, nunca se sabe onde podemos atopar a foto!!!!

8 de febrero de 2011

Aprendemos con Carmen, a nai de Rafa

A semana pasada estivo en 2ºEI Carmen que, xunto con Rafa, nos fixeron pasar unha tarde moi divertida e entretida.

Primeiro faláronnos de distintos animais acuáticos, do que comen, como comen, como se moven na auga, como se comunican... e logo levamos á práctica cómo come unha balea azul, que, coas súas barbas deixa marchar a auga e os peixes quédanlle dentro da boca.

mama rafa 1
mama rafa 2

Tamén poidemos "sentir" as vibracións que emiten os golfiños para comunicarse na auga tan só empregando unha goma elástica e a manilla dunha porta. Esto gustounos moito porque, por un anaco, convertímonos en golfiños!
mama rafa 3

Pero Rafa e Carmen aínda nos tiñan unha derradeira sorpresa... todos os nenos e nenas tumbámonos no corredor de infantil e comprobamos que medíamos o mesmo que unha balea ao nacer!
mama rafa 4

Esta visita, como todas as que nos facedes, encantounos, porque gozamos moito co voso apoio, con todo o que nos contades e, sobre todo, coa vosa compaña. Así que, animádevos e sorprendédenos!

2 de febrero de 2011

Saída a Meilán

Hoxe os pais de Claudia de 2º EI, colaboraron connosco e abríronnos as portas da súa granxa en Meilán, polo que lles damos as grazas por axudarnos a aprender con eles e porque mentres medramos, gozamos coa vosa compaña.

Nesta granxa poidemos ver moitos animais como vacas, galiñas, coellos, porcos e ovellas. Vimos como comían e saltaban emocionados pola nosa presenza. Os nenos e nenas de Infantil divertímonos moito dándolles de comer ás galiñas e vendo moi de cerca todos os animais. Aprendimos o que comen e como son, pero en vez de velo en fotos, tivemos o privilexio de poder estar con eles e até ulilos (algúns non olen moi ben...!).

vacas 2
o povo
coellos
ovellas
vacas marelas
avoa
pitas


Logo de ir descubrindo o entorno da granxa, déronnos un almorzo moi moi rico que nos encantou e aínda tivemos tempo de xogar na randeeira, no tobogán, no quad... en definitiva, pasámolo xenial!Moitas grazas por gozar con nós!

Inés
xogando