Mostrando entradas con la etiqueta nome aulas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nome aulas. Mostrar todas las entradas

15 de octubre de 2015

Somos a clase de....!!

Veña veña, un pouco de esforzo non imos a darvos todo feito......... 
Estes días nos que xa estamos máis asentados no cole, sentímonos seguros e mostramos máis abertamente os nosos sentimentos, gozamos do xogo libre e empezamos a investigar e tomar algunhas decisións. 
A primeira, e mooooi importante para nós, foi poñerlle nome á nosa clase. Non foi doado (propostas, votacións, consenso...) sobre todo para os que o faciamos por primeira vez, pois entender que non é só a miña proposta e que ás veces a decisión final non é exactamente o que eu quería é difícil aínda de entender. 
Pasados os primeiros momentos puxémonos todos e todas, coa colaboración das familias (grazas!!) a buscar cousiñas relacionadas co nome que fomos traendo á aula para compartir e investigar coas compañeiras e compañeiros. 

 E agora...tócavos adiviñar....como nos chamamos??? esperamos respostas nos comentarios e quizais haxa recompensa eh!! non a deixedes marchar.....)




dragóns
Tiburóns

13 de diciembre de 2013

A Clase das Arañas

Os que nos vedes cada día xa sabedes que os nenos e nenas de 2º EI somos a clase das Arañas pero queremos contarvos aquí como chegamos a este nome e que cousiñas fixemos relacionadas con estas simpáticas amiguiñas.

Todo comezou cando despois dos primeiros días de cole quixemos entre todos e todas buscarlle un nome á nosa clase. Cada un de nós tiña varias propostas así que decidimos falalo na asemblea.

A asemblea é un momento especial que temos todos os días na aula cando nos sentamos nun corro na alfombra para contar e compartir como nos sentimos, se estamos preocupados por algo, ilusionados ou simplemente queremos contar algo que para nós é importante nese momento. Para nós a asemblea é un momento moi especial no que nos sentimos importantes e que nos axuda tamén a resolver conflictos e chegar a acordos.

Pois ben, na asemblea propuxemos un nome diferente e explicamos cada un  a razón pola que lle apetecía ese nome. Entre outras razóns, en moitos de nós estaba presente que ese nome sería o inicio do primeiro proxecto da aula, así que o propoñiamos polas ganas de investigar sobre el, de saber cousas que nos intrigaban.

Como vedes na foto, despois dunha votación decatámonos de que estaba a cousa moi igualada: entre "A clase das Arañas" e a "Clase das bruxas" había moi pouca diferencia de votos polo que nos pareceu razoable intentar chegar a un consenso... e  despois dun longo debate acordamos chamarnos a clase das arañas pero que no halloween traballariamos o tema das Bruxas. E así o recollimos neste documento que todos e todas firmamos:
Acordo

Así acordado o nome "A Clase das Arañas" fomos expoñendo ao longo dos días seguintes que cousas nos gustaría facer con respecto ao tema, onde podiamos ir recollendo material e fomos anotando aquelas cousas que queriamos saber para poder centrar a nosa investigación.

araña2


 E por suposto engalanamos a aula inspirandonos neste animaliño que descubrimos pertence á familia dos arácnidos e non dos insectos. Aquí podedes ver o noso rexistro: os que están na aula colocámolos na araña e os que hoxe non viñeron os colocamos na tea
arañas 1


araña pompón


E como arañas que somos, tecimos a nosa tea :
tea


E por suposto, adicámonos a buscar por todas partes arañas e teas de arañas polos recunchos da aula, no patio e...en calquer lugar descubrindo que no noso cole hai moitísimas arañas e de moitas formas, cores, tamaños...difrentes.

Antía trouxo unhas  arañas para observar que a súa mamá nos mandou dende o laboratoiro do seu traballo, e nós fomos á caza de algunha outra para podela observar máis de preto. Tivémola durante algúns días, vimos como facía a súa tea e como comía algunha das moscas que lle cazabamos (somos expertos cazadores de moscas dende aquela!). Descubrimos ademais que non as comen senón que as chupan ata deixalas secas. De aí que teñan que estar vivas, senón non lles valen.
Pois así foi o noso primeiro proxecto do curso...bueno, ,moi resumido e non rematado porque seguimos a descubrir cousas cada día sobre estas simpáticas compañeiras de aula.




12 de noviembre de 2012

O nome das clases!!

Aínda que levamos xa un tempo de cole, con tanta actividade non vos ensinaramos o proxecto que como todos os setembros iniciamos en cada unha das aula: o nome das clases.
Despois dos primeiros días de clase e dos diferentes periodos de adaptacións cada grupo de nenos e nenas, en asemblea e de maneira democrática, eleximos como queremos que se chamen as nosas aulas e unha vez escollido iniciamos o primeiro proxecto da aula investigando, aportando información e obxectos relacionados, buscando nos diferentes recursos (biblioteca, internet, libros de aula, biblioteca etc....).

Aquí podedes vernos elaborando os diferentes murais e o chulos que quedaron. Fixádevos nos detalles das caras das personaxes....somos nós!!!!. collage fadas fadas 2 leons collage 2 leóns collage1 sereas sereas collage 1 sereas collage 2

30 de noviembre de 2011

Somos a clase do sol

Ola!!!! por fin temos nome da claseeeeeee!!!

Vaia, non é que non o tiveramos o que pasa é que aínda non o contaramos aquí no blog. E é que andamos moi ocupados, no cole de grandes facemos tantas cousas e as vivimos tan intensamente que....bufffff!!!!

Pois como sabedes somos a "Clase do SOl". Durante un tempo estivemos aportando á aula cousiñas da casa relacionadas co tema: contos, imaxes, bonecos...e con Carmen estivemos navegando pola rede en busca de máis información.

Fixemos un estupendísimo mural en varios pasos:

-Pintamos un fondo con rodillos


.soles 6


-Fixemos os nosos nomes con acuarelas

.soles 2

-Con Ana preparamos uns "SUNS" para despois pegarlles as nosas caras:


.

Para despois colgalos todos nun mural moi grande con un sol feito de papeliños que adornou durante o noso corredor.
A que está moi chulo??!!
.

23 de septiembre de 2011

Este ano somos a clase de....

Como sabedes, cada inicio de curso cando chegamos á nosa nova aula, decidimos entre todas e todos como chamarlle ao grupo clase. Así este ano os nenos e nenas de 2º EI somos a clase dos Tigres e 3º EI os Golfiños. Esta é a nosa primeira práctica de eleción democrática: todos e todas aportamos as nosas ideas, debatimos sobre elas, votamos e intentamos chegar a un acordo común de cara a sentirnos identificados coa decisión o máis posible.
Tigres
golfiños



A partir de aquí iniciaremos un proxecto de cara a coñecer máis a estes animais e será o tema a excusa perfecta para traballar a lectura, escritura, recollida-selección-clasificación de información, a creación plástica ....

Esta é a base da nosa metodoloxía, centrada no alumnado e nos seus intereses e gustos, partindo sempre das súas experiencias propias para así darlle realmente significatividade ao aprendido. Para que exista aprendizaxe é imprescindible que o motor da mesma sexan os propios nenos e nenas, que estean activos e sexan eles os protagonistas do proceso e para que esto sexa posible é fundamental traballar a partir do que lles interesa, a partir de acontecementos diarios na aula, de experiencias cercanas.
Xa iredes vendo ao longo deste curso como van xurdindo os diferentes temas ao redor dos cales imos facer as nosas propias investigacións, crearemos materiais para manipular, creacións plásticas..., a partir dos cales sentiremos a necesidade de contar, repartir, xuntar, clasificar, ler, explicar, escribir...

Neste proceso as familias sodes tamén moi importantes, xa que podedes colaborar con nós individualmente, na casa acompañándonos na busca de materiais e información e tamén no grupo coa vosa visita á aula para aportar a un proxecto concreto ou a algunha actividade puntual: cociñar, ler un conto, levarnos a algún lugar interesante... todo o que se vos ocorra, xa que aos nenos e nenas encántalles e nós gozamos moito coas vosas colaboracións.

Bueno, pois xa vedes que temos moito que facer xuntos. Grazas por acompañarnos na viaxe de aprender.

27 de septiembre de 2010

Presentación das aulas

Aínda non nos presentamos....É que temos tantas ganas de contarvos cousiñas que se nos esqueceu o primeiro de todo.

Pois este ano somos: 1º EI "A clase das landras", 2º EI "A clase das estrelas" e 3º EI "A clase das medusas".
A elección do nome da clase facémola aos poucos días de iniciado o curso, de maneira democrática e na asemblea. Unha vez decidido o nome, este é o primeiro proxecto da aula ao redor do cal imos traballando.

As nenas e nenos de 1º EI decidimos chamarnos "A clase das landras" porque o noso patio está cheo de carballos que coa nosa chegada ao cole comezaron a tirar as súas landras que a nós tanto nos gusta recoller. De feito seguro que nas nosas casas saben xa desta afección porque os nosos petos van sempre cheos de landras, entre outras cousas.
Así que as landras as utilizamos para contar, para clasificar, agrupar, decorar, e para iniciar o noso proxecto sobre o outono, as súas cores e os seus froitos.
Tamén nos serviron para inspirar o noso rexistro de asistencia que todas as mañás facemos para saber quen está e quen non está cada día na aula. Vedes na foto que os que están na aula aparecemos na póla do carballo e os que non están metémolos no cestiño agardando que volvan pronto.

rexistro landras

Aos nenos e nenas de 2º de Infantil encántannos as estrelas porque nos fan soñar e sabemos que hai algunhas ás que lles podes pedir os teus maiores desexos para que se cumplan, por isto, decidimos que a nosa clase levaría este nome.

Dende que comezou o curso fixemos un mural con estrelas, e nós mesmos, como tamén somos unhas estrelas quixemos amosárvolo a todos e todas cos nosos traballos en plastilina e coa nosa foto. Tamén decoramos a clase con un montón de estrelas que, ademais, tamén nos serven para contar, para colorear e para facer as nosas rutinas de todos os días.
A continuación vos ensinamos o noso traballo máis recente e do cal nos sentimos moi orgullosos.
Agardamos que vos guste tanto coma nós e que este curso academos as estrelas.???

estrelas

Nós somos " A clase das Medusas". Este nome deunos moito xogo para investigar cuestións relacionadas co medio mariño e os seus habitantes.
Ana de English dixo que Medusas en inglés é Jellyfish, é dicir, peixe de xelatina. E para comprobar a súa textura, a súa apariencia, o seu comportamento e mesmo o seu gusto fixemos unha xelatina na clase. Gozamos moito facéndoa, coméndoa e compartíndoa cos nenos e nenas da clase das Landras e das Estrelas.
Tamén quedamos fascinados coas medidas inmensas que poden acadar os habitantes dos océanos. Unha balea azul pode chegar a medir 30 metros, o mesmo que 27 nenos e nenas de pe postos un encima de outro!!! E sabemos que hai seres sumamente pequenos que se chaman placton.

Estamos a descubrir o marabilloso mundo da lectura e da escritura e tamén as Matemáticas con maiúscula.
Somos un grupo moi creativo, encántanos traballar e sempre estamos dispostos a aprender cousas novas.
As nosas profes e o noso profe din que somos moi bos. Será verdade?

27 nenos e nenas miden igual que unha balea azul

As medusas teñen unha textura semellante á xelatina