4 de mayo de 2014

ROBBY & PATCH AT ANA'S HOUSE!

Boas familias;

Outro ano máis, chega o terceiro trimestre e os nenos e nenas de 1º de infantil levamos con nós para a nosa casa a pasar unha noite aos nosos amiguiños e compañeiros de aula, Robby e Patch. E outro ano máis, a primeira en facer isto é a nosa profe Ana. 

      Este ano marchamos do cole pola tarde ao rematar as clases e fomos ao parque a xogar e a ler un conto sobre os animais de granxa. Despois  fomos lavar o coche de Ana, e mentres ela o lavaba por fóra, nós limpiámoslle as ventás por dentro. Cando rematamos a limpeza, fomos para a casa e fixemos un riquísimo pastel de chocolate e regamos as plantas. Logo, Ana deixounos lendo o conto de Rapunzel mentres ela foi preparar a cea: espaquetis boloñesa, ensalada e máis cenorias e zancos de polo. Todo moi rico!!

       Unha vez ceados e recollida a cociña, marchamos cepillar os dentes e logo para o salón a repousar. E cando xa nos era hora de durmir, marchamos para a cama a descansar, pero non sen primeiro rematar o libro de Rapunzel.

      Á mañá seguinte, antes de ir para o cole, Ana espertounos co almorzo xa listo: froita e o brownie que preparamos o día anterior, que certamente estaba delicioso. Unha vez listos todos, marchamos para Galén. Foi un día memorable!!!

       Agora só estamos desexando ir á vosa casa para xogar, gozar e pasar máis tempo xunto a vós e as vosas familias. Recordade facer fotos para poder compartir o intenso día cos demais neste espazo común!!

       A continuación deixámosvos as fotos desta primeira experiencia do 2014, fotos que esperamos que vos gusten e vos fagan, cando menos, sorrir.

       See you soon!

A. Playing and reading in the park '14

B. Robby & Patch washing the car '14

C. Cooking brownie cake ' 14

D. Robby & Patch watering the plants '14

E. Reading time '14

F. Dinner '14

G. Brushing their teeth '14

H. Relaxing '14

I. Bedtime story '14

J. ZzzzZzzZz... '14

K. Breakfast '14

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!