Hoxe o día foi tamén moi moi emocionante e completisimo.
Pola mañá fixemos o roteiro pola vila e tivemos que botar man das nosas estratexias variadas para poder atopar os lugares e pistas, ademais de ir cumplindo con certas condicións ao longo do percorrido. Como vedes nas fotos o lugar é moi fermoso, incluso máxico.
Pola tarde choveu e tivemos que cambiar os plans, pero foi unha tarde moi chula tamén: fixemos "bombas de sementes" que despois lanzamos para que nazan as plantas....esta si que é unha maneira chula de plantar non si?
Tamén fixemos un obradoiro de carteiras con material de refugallo e quedaron moi moi chulas e útiles.
E tamén estivemos a ensaiar as cancións e bailes para a velada da noite.
Nestes intres estamos de festa, hai que aproveitar os últimos momentos desta xenial experiencia poñendo todos os nosos sentidos nelo, así que.....mañá xa vos seguimos a contar.
Moitos bicosssssss.
Desexo que disfrutaran e aprenderan un montón desta experiencia, tanto os peques coma os profes, que tamen nos lembramos deles, ja, ja. Moitos bicos dos papis e boa viaxe de volta. Estamos desexando que cheguedes.
ResponderEliminar