Mostrando entradas con la etiqueta neve. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta neve. Mostrar todas las entradas

4 de febrero de 2015

Día de Folerpas e Sorrisos!!

Esta mañá foi moi especial.
Chegamos ao cole e....estaba todo nevado!!! Dende que chegamos estabamos con moitísimas ganas de saír a tocala...pisala...lanzala e xogar con ela.
Pasamos un ratiño estupendísimo...como mola o inverno!!



Neve1
neve 2
neve4
 

23 de enero de 2013

As primeiras neves!

Hoxe pasamos o día pegadiños ás fiestras. A cada folerpiña que caía aí estabamos nós para contemplala

neve ventanas

... con esperanzas de que aumentaran en cantidade para podela gozar.

E así foi, despois de xantar as folerpiñas xa eran unha boa nevadiña que callou no noso patio e....en un tris tras estabamos fóra coas nosas botas para xogar un chisquiño coa neve que hoxe nos agasallou o señor inverno. 
neve 1
neve 2
neve 3
neve 4
neve 5
Sóubonos a pouco así que esperamos impacientes a seguinte nevada!!

4 de diciembre de 2010

Chegou a neve!!

Onte chegou a neve a Lugo, e por suposto a Galén tamén. Malia as dificultades para chegar ao cole, finalmente hoxe saímos ao patio a gozar do momento. Algúns probamos a andar co patín pola neve, outros xogamos a tirarnos bólas e entre todos e todas fixemos un pequeno boneco de neve. Posamos así de orgullosos e orgullosas con el. A neve sóubonos a pouco e estamos desexando xa que volvan estes días do inverno que tanto nos gustan.

patin-neve

tirando bolas

chegou a neve

boneco de neve