Mostrando entradas con la etiqueta saca a lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saca a lingua. Mostrar todas las entradas

16 de diciembre de 2013

Saca a Lingua...festiña!

Como xa sabedes os venres pola tarde temos o obradoiro “Saca a Lingua”. Este último foi un pouco especial pois os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de Primaria fomos actores e actrices e tamén espectadores .
Algúns dos  nenos e nenas de  3º de EI e  1º EP preparamos unha obra de teatro: “A cebra Camila”. Xa nos leran o libro as nosas profes de infantil o curso pasado e apetecíanos moito representalo.
Primeiro repartimos as personaxes e así quedou o reparto:



Narradoras e narradores:   Alonso, Ángel, Ángela e Alejandra


Cebra Camila: Nico                            Chicharra: Juan
Serpe: César                                       Araña: Marcos
Caracol: Gonzalo                                Oca: Celtia
Arco da vella: Aldán                           Nai de Camila: Sofía

E despois dunhas semanas de ensaio estabamos preparados e preparadas para saír a escea.
Aquí tendes algunhas fotos, a ver que vos gustan.
foto1-1
fato2-2 fato 3-3 foto 4-4 foto 6-6 foto 8-8 foto 10 foto 11-11
foto 12-12
foto 9 -9 
foto 13 -13


Os nenos e nenas de 1º, 2º e algúns de 3º EI preparamos un conto da editorial Kalandraka "Un dous, tres, que ves?" musicado por Pablo Díaz que podedes atopar no álbum "Tic-Tac" (que xa vos recomendamos máis veces). Pois ben, aprendimos a canción e canta-contamos aos noso compañeiros de Saca a Lingua.

foto 14
foto 15
foto 16


A verdade é que foi un encontro moi especial e a todos e todas  nos gustou moito compartir o traballo feito ao longo deste primeiro trimestre no obradoiro.

Se queredes ver que fixemos en outras ocasións en Saca a lingua pinchade aquí






9 de abril de 2013

Visita de Samuel

Ola! Antes de Semana Santa en Galén recibimos unha visita que nos emocionou moitísimo, Samuel e a súa familia: Isabel, Xabel e Álvaro! Foi un día estupendo!
Comezamos coa celebración do cumple de Samuel, que trouxo tortas exquisitas que compartimos con moito gusto. Aquí vos deixamos algunha foto que amosa o contentos que nos puxemos!

Visita Samu


Ao longo do día fixemos as rutinas como darlle de comer a Sirenita (a nosa tartaruga) que o fixo Samu porque lle facía moita ilusión. Pola tarde tivemos "Saca a Lingua" e pasámolo xenial xogando e falando galego (xa sabedes que o de aprender divertíndonos se nos dá moi moi ben). E a verdade é que foi perfecto que a visita de Samuel coincidise con este obradoiro  porque un paxariño nos contou que bota moito en falta que   lle falen na nosa lingua.

Queremos tamén dende aquí darlles as grazas a Samuel, Isabel, Xabel e Álvaro polo esforzo que fixeron ao vir dende Verín a vernos. Sabedes que nos encanta que nos veñades ver, e estamos cheos de optimismo e ledicia porque sabemos que é a primeira de moitas visitas!
 Grazas de corazón porque foi fermoso estar todos xuntos de novo e... por suposto, seguiremos en contacto!















29 de marzo de 2013

Saca a Lingua 2013


Vaia se a sacamos!! E tamén as nosas mellores dotes escénicas. 


presentación nenas nenos 2º
DSCN3903
Por suposto, contamos cun público entregado e con moitas ganas de aplaudir.

público saca a língua 2

As actrices e actores de 1º E.P representamos, á nosa maneira, "O casamento da pulga e o piollo". 
As nenas e nenos de 2º E.P. contamos o conto titulado "Manu"

antes da actuación 2

Antes de saír á escena estabamos un pouco nerviosas e nerviosos
Amosámosvos un pouco da nosa actuación

foto 1

foto 2

foto 3

foto 4

foto5

foto 6

foto 7


foto 8
foto 9
Se recordades o obradoiro que demos en chamar o curso pasado como Saca a Lingua é un proxecto internivelar no que participamos os nenos e nenas dende 1º de EI ata 2º de EP e ten como obxectivo aumentar a nosa competencia lingüística en Galego ao tempo que o pasamos moi moi ben pois o enfoque é totalmente lúdico e no que nós somos as verdadeiras protagonistas.

O ano pasado fixemos un programa de radio e para este curso temos pensadas actividades moi variadas que inclúen todas amosalas aos nosos compañeiros e compañeiras tal e como fixemos esta primeira escea...ou quen sabe, quizais haxa sorpresa!!
 Se queredes lembrar o que fixemos no proxecto de Saca a Lingua o curso pasado pinchade aquí.

E seguimos co obradoiro todo o trimestre que queda de curso e ...xa vos iremos amosando!!

23 de noviembre de 2012

De novo Saca a Lingua

Xa podedes escoitar de novo o programa Saca a Lingua que publicamos a finais do curso pasado despois do traballo conxunto entre os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de EP no Obradoiro que leva o mesmo nome.
Por erros informáticos pasou un tempo no que non se podía volver escoitar e agora xa volve estar dispoñible para que gocedes de novo do noso programa de radio.
Pinchando aquí podedes ir á entrada.

22 de junio de 2012

Saca a Lingua!!!

Este é o título do Obradoiro que tivemos ao longo do curso os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de primaria no que a partir dos contos, cancións e diferenets tipos de texto fomos aumentando a nosa competencia lingüística en Galego.

Pero despois do  primeiro  trimestre e vendo a cantidade de cousas que se nos ocorrían e o ben que o faciamos, decidimos preparar un programa de radio. E...puxémonos mans á obra.

O primeiro paso foi investigar ao redor deste medio de comunicación ao que a moitos de nós nos parece un tanto máxico pois aínda non entendemos moi ben como a xente que nela fala fai para chegar ás nosas casas, onde fan o programa, de que se fala na radio, que contidos hai etc.......
Así que entre todos e todas decidimos contidos,  repartimos traballo, fixemos a  escaleta, elaboramos os textos, memorizámolos e démoslles forma para finalmente grabar no estudio do cole este programa de radio que agora queremos compartir con vós.
Aquí o tedes e esperamos que vos guste porque para nós foi un traballo longo e duro pero que mereceu moito a pena.