28 de agosto de 2015

En breve....novo curso!!!


Estamos xa a preparar o novo curso con moitas ganas de reencontrarnos familias, nenas, nenos, profes e todas as persoas que no cole convivimos ano tras ano. E tamén estamos moi ilusionadas por coñecer ás novas incorporacións!!!


Agradecemos  o voso apoio no desenvolvemento do noso Centro e do noso Proxecto Educativo no que a colaboración mutua é fundamental  acompañar  ás vosas fillas e fillos na marabillosa aventura de medrar e aprender.

Seguiremosvos contando a través deste espazo virtual, o BLOG, o que imos vivindo nas nosas aulas, nas saídas que faremos ao longo do curso, das visitas que esperamos recibir de vós, as familias, ás aulas e de todas aquelas aventuras que iremos experimentando cos compañeiros e compañeiras, profes e persoal do cole. E recordade, este blog recolle todas estas historias dende EI ata 2ºEP.
 
Este curso escolar seguimos ofertando os nosos servizos: comedor, transporte a Escola de Música Cantarela (dende 2º de EI),
Ademais os nenos e nenas de 1º e 2º de EP poderán participar de actividades coa  Aula de Natureza Trevia e actividades extraescolares tanto deportivas, a Escola de Baloncesto e outras,  como de aprendizaxe de idiomas no Galén English Club, como en anos anteriores.  Enviámosvos as follas de inscrición  coa fin de elaborar os grupos e horarios e iniciarán todas elas o 14 de setembro.

Seguiremos a usar o correo electrónico como vía preferente de comunicación con vós, ademais podedes estar sempre en contacto con nós no teléfono habitual: 982265205 ou no correo electrónico do centro, info@centrogalen.com.

Todas as actividades e a información xerada no Centro recóllense na páxina web: www.centrogalen.com
A partir dela podedes acceder, ademais, a todos os blogs de etapa, galerías fotográficas…


Inicio do curso 2015-16:

Martes  8 de setembro

10.00 - 2º e 3º de Ed. Infantil,  Ed. Primaria e
1º e 2º ESO.
10.30 – 1º Ed. Infantil

Mércores 9 de setembro

10.30- 3º e 4º ESO e Bacharelato (este día o alumnado terá clase só ata as 14.20)


Despois de toda esta parte organizativa só nos queda recordarvos que......TEMOS MOITAS GANAS DE VERVOS!!! e que estamos a preparar unha chea de sorpresas.

Vémonos moi moi pronto!!!