29 de mayo de 2014

Bo día dende Lodoselo!!!

A noite onte foi do máis especial:  paseo nocturno polo souto onte aniñan os mouchos, ceo estrelado e compaña inmellorable.
Despois contos e historias: Alberto contounos a historia do Meles Meles antes de deitarnos e....unha noite de soño reparador despois de taaaaantas emocións vividas.

noite 2

Foi unha velada estupenda, aprendimos a superar moitos medos e gozamos da natureza en estado puro.

 E esta mañá erguímonos cheos de enerxías e con ganas de aventuras.

noite

Despois do almorzo un ratiño de xogos e.......xa vos contaremos ao final do día!!!

Un bicazo a todas e todos dende a montaña!!

1 comentario:

  1. Semellan estalo a pasar moi ben!! ... Vaia veladas tan interesantes están a pasar!! Un abrazo para tod@s!

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!