26 de abril de 2015

Almorzos saudables


En 1º e 2º de EP, o pasado día tivemos unha visita moi especial:  a tía Enriqueta, a súa sobriña e a doutora Alimentos.

foto 1

Contáronnos como tiñamos que almorzar: lacteos, cereais, froita ou zumes, torradas.....
A tía Enriqueta era unha muller mooooi presumida e moi ben alimentada, pero un pouco desmemoriada!

foto 2

Tamén sabemos que un bo almorzo fai que logo esteamos toda a mañá con moita enerxía, para ler, escribir, pintar... e tamén para xogar no patio.
A tía Enriqueta traía un paraugas, pero non era para a choiva!.... era un paraugas que tiña pintados alimentos, verduras e froitas; peixe, carne e ovos; leite e manteiga, e tamén pasteis e madalenas. Pero non podemos tomar a mesma cantidade de todos os alimentos: moita froita e verdura e poucos pasteis!


foto 3


E... a o final, un bo almorzo!

foto 4
foto 5

foto 6
foto 7
foto 8
foto 9


Bo proveito!

23 de abril de 2015

Sementando o trigo

As nenas e nenos de 1º de EP saímos ao horto a sementar o trigo.
Antes da sementeira veu Alberto, o papá de Claudia de 3º EP, a fresar a terra, e quedou perfecta!
Escollemos un lugar no horto, onde nos parecía que lle ía dar ben o sol.

foto 1

Despois, vimos como eran as sementes de trigo, a súa forma, o duras que eran, e ate probamos para ver que sabor tiñan. Estaba moito mellor o pan!


foto 2


Preparados e preparadas!! Collemos un puñadiño cada un e botámolo á terra, procurando repartilo ben, para que naceran as plantas en todo o terreo.

foto 3
foto 4
foto 5
foto 6
foto 7



Ao rematar, cubrimos a terra cunha tea para protexelos dos paxaros, que lles encanta o trigo!

foto 8


Uff, que traballo tan duro!

14 de abril de 2015

Coñecemos o Noso Corpo

As nenas e nenos da clase de Os Caracois estivemos todo o segundo trimestre investigando ao redor do tema do corpo.
O interés iniciouse cando na asemblea iniciamos un debate sobre como se diferencian os nenos das nenas. Moitos de nós falamos do pelo, dos pendentes e outros das diferencias físicas....así que inciamos por aí unha busca de información.
Buscamos na biblioteca, nas aulas, en internet, nos libros e nas enciclopedias.

Canto máis iamos lendo ian xurdindo diferentes preguntas: como nacemos, como se transforma o noso corpo cando medramos, os papás e as mamás e as diferencias entre xéneros.....
Unha chea de preguntas e mooooooitas ganas de saber!!

Ao tempo que investigabamos e comprobabamos as hipoteses que cada un de nós formulamos, fomos facendo outras cousiñas ben bonitas.

Debuxamos a nosa silueta deitándonos sobre un papel para que fose a tamaño real despois pintámolas coa cor da nosa pel (descubrimos que non todas as persoas do mundo temos a pel da mesma cor nin a mesma forma de ollos ou de pelo).  Puxémoslles as partes da cara escollendo a emoción que queriamos transmitir (case todos contentos) e despois aquelas partes do corpo que nos caracterizan como nenos ou nenas: a vulva e o pene xunto cos testículos.

facendo siluetas siluetas 1 
 Despois fixémoslles a roupa e expuxémolos no corredor. Quedaron chachi!
siluetas 3 siluetas 2 siluetas 4 
 Tamén representamos os nosos corpos en plastilina, espidos, e os dos nosos papás e mamás coas diferencias corporais que nos caracetrizan cando nos facemos maiores. Xa puidestes ver ás mamás na entrada do día da muller. Aquí tendes aos papás e a nós mesmos.
corpos plasti
corpo papás 
E aquí estamos nós:

corpo eu 4  corpo eu 3 corpo eu 2 corpo eu 1 
 Estivemos tamén a falar de como nacemos, de como se forma un bebé na barriga dunha mamá...e preguntamos ás nosas familias sobre cando nacemos nós e eramos bebés. Tamén fomos traendo información que compartir na asemblea sobre nós mesmos: canto mediamos e pesabamos cando nacemos, e trouxemos fotos deses momentos tan especiais para as nosas mamás.


Ademais aprendemos bailes e cancións sobre o corpo, a alimentación, as partes e as súas posibilidades de movemento e como non tamén en Inglés. Coma en todos os proxectos traballamos a partir dos nosos intereses a lectur, a escritura, a lóxica matemática, a ciencia......e gozamos moito moito dos logros e aprendizaxes.

O proxecto foi moi rico e intenso ademais de longo no tempo pero aprendemos moito e gozamos do proceso.

Aquí vos amosamos só unha pequena parte do mesmo e o máis importante foi a nosa vivencia e o que levamos nós dentro.

11 de abril de 2015

Unha mañá na "Casa do Home"...a Domus.

As nenas e nenos de 1º de E.P. tivemos unha xornada moi intensa na Casa do Home.
Chegamos ás 11:30h ao museo e antes de comezar a exploración  tomamos unhas galletas para repoñer forzas ate a hora do xantar.

Había un home altisimo.. non lle chegabamos nin á cintura!!

foto 1

Nos espellos pasamos de ser moi pequenos e gordos a moi altos e larguiruchos.. 


foto 2

Puxemos as nosas mans na barriga dunha embarazada e notamos coma se movía o feto., pero o máis excitante foi ver un vídeo dunha bebé que estaba nacendo. Que contentos estaban os seus papás!! Aínda que algúns preferimos non mirar!! 
foto 4

Isto vai de oídos e de sons!

foto 5
foto 6

E de ollos!!

foto 7

Aínda que non o pareza estamos dentro dun corazón!

foto 8

E agora imos probar a nosa puntería,  seremos quen de meter a pelota polo círculo?

foto 9

Ou sexa, que nós….Que interesante!!!
foto 10


E estes ósos que hai aquí,  de que especie son?

foto 11


Tamén puidemos tocar algunha melodía..

foto 12


Incrible!! todos e todas só con tocar cun dedo na pantalla estabamos pintando un cadro fantástico; iso sí era complicado non tocar tamén ao que estaba ao carón.
foto 13

Imos ver ate onde chego!!!

foto 14


De quen serán estas pegadas?

foto 15


En algunhas ocasións aínda nos levou un anaco interpretar os paneis explicativos.

foto 16


Tamén había figuras moi raras que había que clasificar, que divertido!!


foto 17


Nesta actividade fai falla moita concentración e serenidade.

foto 18

Imos ver se o debuxo que fago se corresponde coa información oral que me dan os meus compañeiros e compañeiras.


foto 19


E por fin; hora de repoñer forzas cun bo xantar xunto aos nenos e nenas de 2º e 3º de Ep que foron visitar outros museos científicos da cidade de A Coruña.

foto 20



E un pouco de parque antes de subir ao bus !

foto 21



Que día tan fantástico!!