Mostrando entradas con la etiqueta magosto.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta magosto.. Mostrar todas las entradas

20 de noviembre de 2015

Magosto 2015

Xa celebramos a tradicional festa do Magosto a semana pasada e foi...todo un éxito!!

Como ledes, o mércores pasado pola tarde os nenos, nenas e profes dende 1 EI ata 1º de BAC comemos castañas, bailamos, compartimos emocións e pasamos unha tardiña moi animada.

Pero non só a festiña estivo xenial senón tamén os preparativos. Nos diferentes grupos puxemos a funcionar a nosa creatividade recicladora.
En infantil reutilizamos botellas de auga que con un pouco de trapillo e algo de maña cosendo (si si cosemos!!) fixemos uns bolsiños do máis lindos para meter as castañas.

cestiños 2 1º2º

cestiños 1º2º
cestiñas 3º

En 1º e 2º de Primaria reutilizamos cartón ondulado das embalaxes para facer uns conos con tapiña personalizados cos nosos debuxos moi pero que moi chulos.




cucuruchos 2ºep





















E como gran colofón á festa que compartimos todos os nenos, nenas, rapaces, rapazas, mozos, mozas, mestres, mestras,... Vaia, todo Galén!!! Ata Robby nos acompañou mirade mirade:

untitled

Alí, no patio, logo de comer as castañas cantamos, bailamos, rimos e sobre todo pasamos unha tarde estupenda. A banda de músicos da Escola de Música Cantarela puxeron son ás cancións e bailes que estivemos preparando nas semanas previas: "A Carolina", "Ven bailar Carmiña", "O Sacristán de Coimbra", "O Valpaso... Que ben o pasamos!!!


11 de noviembre de 2013

Magosto 2013


Chegou o tempo de outono, tempo das castañas e....como non o das festiñas como o Magosto con música, bailes e cancións.
Este ano, ademais de cancións que falan propiamente do rico froito, das adiviñas e poesías de castaniñas, traballamos na aula de música con cancións populares que a algúns de nós xa nos soaban de oílas nas festiñas populares ás que acodimos coas nosas familias. Aquela que fala dunha tal  Carolina que ten unha saia con un lagarto, ou a  das ondiñas do mar etc...

Foi unha festa na que todos e todas participamos con moitas ganas e ata aprendimos unha coreografía que os maiores de 1º BAC inventaron para a popular canción de "O Sacristán de Coimbra"...moi divertida!!

Nas aulas elaboramos as nosas caixiñas de castañas utilizando diferentes materiais de refugallo e enfeitándoos con diferentes técnicas: papeis de revista en infantil  e  follas naturais en 1º e 2º ep. A que quedaron chulos??

cucuruchos
Pero xa non vos contamos máis, só queremos compartir con vós as emocións vividas no video que aquí vos compartimos.





















25 de noviembre de 2012

O Magosto-Muiñeira de Chantada

Da man de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (gaiteiros do grupo Treixadura) chegou a nós este ano unha historia fermosa coa que festexamos a festa do outono, o Magosto.
 Conta a historia de Avelino Cachafeiro, gaiteiro de Soutelo de Montes,  que foi en tempos o mellor gaiteiro que coñeceu o país. Este afamado gaiteiro percorreu coa súa gaitiña festas e romarías. Un día mentres percorría as rúas de Chantada coñeceu unha moza, Josefa. Para ela inventou unha muiñeira que co paso dos anos se convertería na muiñeira máis xenuína, a muiñeira de Chantada. Na aventura da súa invención aparecen varias personaxes: Manuel o arrieiro, o zapateiro de Antas e unhas costureiras que axudarán a Avelino a dar forma á muiñeira ca que cautivaría á súa ben querida Josefa.

Pois con esta historia e con esta muiñeira quixemos cantar e bailar este ano no Magosto, para o cal como xa é tradición,  contamos coa colaboración dos nosos compañeiros/as e amigos/as de 3º e 4º da ESO.

 Foi un  fermoso día de outono que, como non podía ser doutro xeito, rematou cunha boa fartura de castañas. Aquí vos deixamos unha video-montaxe con algúns momentos da actuación e do resto da festa. Como vedes cantamos, bailamos e comemos castañas. Como molan estas festiñas tradicionais!!
Así de chula nos quedou a festa!!!

Nas aulas, nas semanas anteriores, ademais de ensaiar a canción e o baile, estivemos a traballar ao redor da festa do magosto. E como non, estivemos a elaborar, coma sempre con material de refugallo, os cucuruchos para poder encher de castañas na festa e gozar deste riquísimo froito.
Este ano utilizamos briks de leite para facer unha caixiña doble, con dous compartimentos: un para as castañas e outro para as cáscaras. E cada aula escolleu unha técnica diferente para decoralo.

 Os nenos e nenas da clase das fadas (1º EI) utilizamos recortes de revistas e un papel de agasallo para facer a cinta e colgalo. Con acuarela coloreamos o noso nome e quedou así de chulo: cucuruchos fadas
 Na clase dos Leóns (2º EI) pintamos os papeis de revista para cubrir o brik e enfeitámolo como toque final con un caracol feito tamén de revistas e unha tarxeta co  nome. A cinta a partir dunha bolsa de plástico. cucuruchos leons
As sereas ulitizamos a revistas cortada en tiras e un carteliño co nome en collage  sobre un cartón de caixa de cereais. Para facer a cinta de colgar reutilizamos unha bolsa de cor morada. cucuruchos sereas

Xa vedes que cousas tan lindas podemos facer reutilizando materiais. Así contribuímos dende as nosas aulas á reducción de resíduos e tamén a creatividade e busca de recursos sen necesidade de aumentar o consumo.

Agora tócavos a vós contarnos como vivístedes a festa dende a casa!!!! que vos pareceu o resultado final??

11 de diciembre de 2011

Robby Rabbit and the Magosto.

Hello everyone!

Hai pouco tempo celebramos o magosto no cole. Celebramos que chegou o outono e que con el cambian de cor as follas vellas das árbores (aínda que é curioso ver que non pasa o mesmo con todas elas), e como logo de cambiar de cor, as follas acaban por caer ao chan e con elas as castañas. Estas, xunto co lume, fan posible festexar a colleita que deste froito facemos. Sabiades que magosto quere dicir gran lume?
Logo de explicarlle isto a Robby (el tamén aportou coñecementos, pois a natureza é o seu hábitat), decidimos que nada mellor que saír a facer o que é costume nesta data para entender o seu verdadeiro significado. O tempo, como é propio, foi un tanto chuvioso, pero Robby xa está acostumado. Nós, en cambio, tivemos que nos resgardar cun chuvasqueiro. Tivemos un día memorable, e como sempre queremos compartilo con vós.
Esperamos que vos gusten as fotos e gocedes moito véndoas!

1. Picking up chestnuts.

Tivemos un pequeno accidente, pero curámolo axiña!

2. Ouch!

Un pouco de Dalsy...

5. Dalsy.

Unha tirita...

3. Band-aid.

Unha boa dose de mimo e bicos... e listo!

4. I feel better.

Feitas as curas, seguimos coa nosa pequena aventura.

6. 2 Chestnuts.

One, two, three... twenty-six, twenty-seven... THIRTY-FOUR CHESTNUTS!!

7. In the basket.

8. Wow! Look at the fire.

9. Thank you Roberto!

Metemos castañas no bombo...

10. Into the barrel.

Démoslles voltas (en realidade só foi media volta, pesa unha barbaridade!)

11. Round and round.

Bailamos e secámonos a carón do lume...

12. Cha cha cha!

Non quixemos faltar ao ensaio dos músicos. Foi... incrible!

13. Oleg and I.

14. Tania and I.

15. I played the bass drum.

16. I played the drums.

Vaia instrumento máis raro a zanfona.

17. This is a weird instrument!

18. I played the bagpipe.

19. I played the cymbals.

E chegou a hora de cantar...

20. My friends sang, Mírame Miguel!

E tamén de ver cantar aos demais. Que ben o fixeron!

21. We saw the rest of the concert.

22. It was great fun!

E como non, a hora de comer as castañas!

23. Almost ready.

24. Smells lovely.

Non podemos esquecer de tirar as mondas ao lixo!

25. The peels in the bin.

ATA OUTRA!

24 de noviembre de 2011

Preparando o magosto

E despois de ler esta fermosa historia temos que contarvos como preparamos a popular festa, e como non, é obrigado tamén facer referencia a que con esta mesma festa o pasado 16 de novembro, hai un ano, inauguramos este fermosos espazo de comunicación que é o noso blog. Aquí
e aquí.
E queremos aproveitar tamén para animarvos a participar maís nel e agradecervos a vosa presencia aí detrás da pantalla.

Ben, feito este paréntese queremos que vexades como preparamos a festa.

Para a parte musical contamos coa axuda dos rapaces e rapazas de 3º ESO que son uns artistas e que con eles conseguimos darlle un toque moi especial á canción. Grazas chicos e chicas, quedounos redonda!

Nas aulas estivemos a falar da festa como tradición, do significado e elementos da mesma, recollendo e aportando outros froitos e elementos propios da estación a partir dos cales fomos investigando, falando, contando, escribindo, lendo etc.....

Tamén tivemos que elaborar un recipiente no que poder meter as castañas para despois comelas cos compañeiros e compañeiras de todo o cole na festa.

Coma sempre recorrimos ao material de refugallo, é dicir, buscamos a maneira de poderlle dar un segundo uso a materiais cotiás que nun principio ían ir ao lixo. Desta maneira reducimos resíduos e materiais de novo uso.
Desta volta foi con caixas de cereais e galletas e bolsas de plástico para recubrilas e darlles cor e para facer a cinta coa que as colgariamos do pescozo e poder ter as mans libres para comer e pelar castaniñas.

Para a decoración artística quixemos arpoveitar que se celebrou en outubro o 130 aniversario do nacemento de Pablo Picasso para iniciar un proxecto sobre o artista que levaremos ao longo de todo o curso. Para esta ocasión cada grupo elexiu un cadro do pintor para colorear e darlle este toque especial ao noso "cucurucho" de castañas.

Collage de Picnik

bolsiñas

.

.
.

E como sabemos que estades deseosos/as de cantar con nós, despois de escoitarnos todos estes días previos á festa cantala, aquí tedes a letra da canción. Trátase dunha canción recollida en terras portuguesas en lingua mirandesa, propia da zona de Miranda do Douro. Aquí a tedes en Galego xa que esta foi a versión que fixemos nós para que fose máis sinxelo. Se queredes ver unha versión en mirandés premede aquí.
A melodía xa vola ensinamos cada un de nós. Veña a practicar!!

Mirame Miguel
como estou de bonitiña
saia de burel
camisiña de estopiña

Vi venir la gaita
i o gaiteiro non
ai que pena tenho
no meu coraÇón

Mirame Miguel
como estou de bonitinha
saia de burel
camisiña de estopinha

Tenho tres ovellas
mais unha cordeira
querome casar
e non acho quen me queira

Mirame Mguel.......

Baila Pedro baila
señora quero pan
baila máis un pouco
que logo te darán

Mirame MIguel.....

20 de noviembre de 2011

O MAGOSTOOO!!!


É tempo de outono. As lareiras alumean e xa se sinte o estalar das castañas ao lume. É un deses momentos marabillosos nos que a carón do lume os maoires nos contaban historias cheas de maxia. Pois por que non…vouvos contar unha historia que aconteceu non fai moito tempo nun lugar chamado Galén.
...que soe o profundo zoar da zanfona acompasando o zumbido do ar para dar alento a este conto...
antiga1

Como todos os anos os Galenen@s dispoñíanse a festexar o magosto.
Que facer?.... cantar… bailar…
A música sempre é un bo xeito para pasar o rato, pensaron. Pero, que cantamos? Sabemos moitas cancións e moi fermosas, pero… cal?
Unha proposta xurdiu da nada...e do todo: “Mírame Miguel” traída dende a raia de Portugal.
É unha bonita canción e nós sabémola moi ben pero... e si convidamos a alguén para cantar con nós? pensaron.
antiga 2
Entón decatáronse de que coñecían a un grupo de rapaces que, aínda que moi maiores, de seguro lles apetecería cantar e que tiñan un cantar moi fermoso. Sen darlle máis voltas ao asunto decidiron falar con eles.
A proposta foi clara e apetecible ante a cal non se puideron resistir.
Os días ían pasando e o Magosto aos poucos estaba máis preto. Para que todo fose un éxito decidiron xuntarse a ensaiar uns días antes da gran festa.
antiga3
antiga4
Cando parecía que xa todo estaba listo... chegou a guinda ao pastel!!! Uns músicos que por alí andaban, entusiasmados ao estoitar a aqueles nenos e nenas cantar, pedíronlles si podían acompañalos.
Que gran privilexio!!!- pensaron eles. Poder acompañar a uns cantantes tan feitos.
Agora si que xa todo estaba listo.Só quedaba o gran día e..... non tardou en chegar.
O día foi moi especial coa xuntanza dos mellores artístas do lugar. O nivel era moi alto e como non, os Galenen@os estaban alí para amosar o seu bo facer e como non podía ser de outro xeito tocoulles dar comezo ao festival.
antiga 5
antiga6
Saiu XENIAAAAALLLLL!!!!!
PARABÉNSSSSSS!!!- escoitábase.
A festa seguiu e gozaron de todos os artistas que alí se deron cita.
antiga7
antiga8
A festa foi un éxito. Logo do gran festival músical chegaron as castañas, quentiñas e saborosas para darlle tamén un pouquiño de calor a aquela fría tarde de outono.
O alento remata xa que a zanfona vai deixando de zoar ... polo tanto a historia ten que rematar.
Ata pronto.
antiga9

18 de noviembre de 2010

O MAGOSTO

Un ano máis coa chegada do outono, en Galén celebramos a festa do Magosto. Nela ademais das castañas, que é o froito típico destas datas, as nenas e nenos de Educación Infantil, xunto cos demais rapaces do cole, fomos os protagonistas da festa. Nela cantamos unha canción que estivemos ensaiando e que se chama "A pulga e a palla". Seguro que nos escoitástedes cantaruxala durante todo este tempo. Pois onte foi a gran festa na que cantamos a todo o cole. Saíunos xenial. Logo, como non podía ser de outro xeito, comemos castañas. Sacáronnos moitas fotos, estivo a tele ... e ata nos fixeron entrevistas!!!

Deixámosvos aquí unha pequena mostra das fotos, caracterizados como os animais da cantiga: pulga, araña, raposo, grilo e sapo, e podedes ver moitas máis na galería de fotos da páxina do cole.