24 de febrero de 2013

Humpty Dumpty 2013

Hi everyone!

Durante un tempo as mermaids estivemos a gozar e a aprender con Humpty Dumpty: un ovo que vive feliz ata que un día sentado nun muro cae e rompe e ninguén é capaz de recompoñelo por moito que o intenten. Este popular e desafortunado personaxe, logo de coñecer a súa historia, axudounos a prender algunhas prendas de vestir. Para elo, en primeiro lugar, escoitamos o conto para logo aprender o vocabulario mediante flashcards con xogos varios. Por suposto tamén vimos distintos vídeos da canción que se poden ver en YouTube e fixemos algunhas fichiñas.

Humpty Dumpty song

Humpty Dumpty clothes game

Humpty Dumpty colouring

Un día Ana tróuxonos unha maleta con roupa dela coa que nos disfrazamos e paseamos varios días. Tamén fixemos xogos variados de identificación e logo colgamos a roupa na aula.

Humpty Dumpty catwalk

Outro día tivemos un obradoiro onde creamos o noso propio Humpty Dumpty cun ovo cocido, e o muro dende o que cae e rompe a crisma. Fomos listos e cocemos algún de máis para logo comelos, non sobrou nada.


Humpty Dumpty egg craft

Finalmente, e como repaso, xogamos a recordar as prendas cun xogo de taboleiro xigante onde as fichas eramos nós, e tamén xogamos ao xogo das parellas. Foi superdivertido e pasámolo en grande. Ata sempre Humpty Dumpty!

Humpty Dumpty games
 

22 de febrero de 2013

Novidades no blog!!!

Bueno, algunhas das novidades que queremos contarvos saltan á vista verdade??
 Siiii, estreamos nova imaxe e iniciamos ademais unha nova etapa con novos compañeiros e compañeiras de viaxe: os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria!!!
 E é que como  traballamos moito xuntos: obradoiros internivelares, saídas conxuntas, obradoiro de Saca a lingua e moitos proxectos que irán xurdindo,  quixemos tamén ter este espazo en común no que compartir algunhas das cousiñas que vivimos nas aulas e fóra delas.
Ademais coa súa participación tamén vos queremos mostrar a contunuidade que queremos nas dúas etapas xa que rematar a Infantil e inciar a etapa de primaria no cole Galén non supón unha ruptura senón todo o contrario. As nosas profes e todo o equipo educativo traballan día a día para conseguir que os nenos e nenas sigamos sentíndonos seguros, confiados, acollidos e tranquilos cunha liña metodolóxica común e coherente entre as etapas.
 Esta é uha nova etapa con novos retos para este espazo compartido con vós familias e tamén de cara a abrirnos ao exterior na que esperamos seguir contando coa vosa participación.

Grazas por seguirnos!! Esperamos os vosos comentarios!!


14 de febrero de 2013

Como están ustedeeeessss!!!

Así comezou a nosa espectacular festa de Entroido que este ano adicamos á infancia dos anos 70 e 80 ( a dos nosos papás e mamás).
 O espectáculo, guiado polos rapaces e rapazas de 4º ESO axudounos a coñecer personaxes dos debuxos animados daquela época, artistas e cantantes como Teresa Rabal, La bola de Cristal, Los diminutos etc...
  E nós, inspirados nos Pallasos da Tele, fixemos estes coloridos disfraces para representar coa axuda das rapazas de 4º eso o noso número de circo con Malabares e todo!
baile 1
baile1
baile3
baile4
baile5
baile6
baile7
baile8
baile9
baile10
baile11
 
 E así, ao longo dunha hora de espectáculo gozamos das cancións e bailes infantiles da época da man dos nenos e nenas dende Infantil ata 4º de Eso e....cando pensabamos que xa rematara a festa....

QUE SORPRESA!!!

................ saíron un montón de papás, mamás e profes disfrazados ao escenario!!! Non o podiamos crer!! e ademais tiñan preparadas coreografías de grupos musicais como Parchis, Xuxa ou Enrique e Ana.

Aquí podedes ver unha pequena mostra do estupendo fin de festa co que nos deleitaron.

papás
cocoguagua
parchis1
parchis2
xuxa

Grazas famillias e profes por facer de este un Entroido un chisco máis especial!! foi un pracer traballar xuntos!!

11 de febrero de 2013

Viva o Entroido!

Chegou o Entroido ao cole Galén e trouxo con el moitas actividades ao longo de toda a semana!
Si, si, esta festa é unha das máis esperadas por todos e todas e non só pola festa de disfraces senón tamén porque cada día o adicamos a unha cousiña: facer caretas, cociñar ricas sobremesas propias destas datas, facer disfraces e maquillaxes nas que participamos os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria.

O luns fixemos caretas e convertémonos en lindas ratiñas e ratiños, coelliños e sperheroes e superheroínas.
caretas 2
caretas1


 O martes foi superespecial non só porque iamos a maquillarnos senón porque, como todos os anos, contamos coa colaboración de papás e mamás no obradoiro....e foi xenial!! grazas a todas e todos é un gusto poder compartir tempos e espazos con vós.
maquillaxe 8
maquillaxe 1
maquillaxe 2
maquillaxe 3
maquillaxe 4
maquillaxe 5
maquillaxe 6
maquillaxe 7

O mércores cociñamos. En infantil e 2º Ep fixemos rosquillas e en 1º ep atrevémonos coas tradicionais filloas.... e saíron deliciosas!
cociña
cociña3
cociña2

O xoves adicamos a tarde a rematar algúns disfraces e os nenos e nenas de infantil confeccionamos uns estupendos accesorios: garabatas, lazos e penachos de plumas.

Foi un Entroido moi moi intenso pero.......aínda queda por contarvos o que aconteceu o día da festa final!!!