24 de diciembre de 2013

Así foi o Nadal 2013, 2ª parte: O Apalpador

Como xa ven acontecendo hai uns anos, por estas datas do Nadal baixa das devesas do Courel un home que ten tantos anos xa...que ninguén sabe cantos ten. Un home de montaña, barrrigudo e con moita barba que viste zocos e boina para protexerse da neve silandeira e que trae na boca sempre unha cachimba para acordar que non debe de fumar. E por suposto, trae con el un fol cheíño de castañas para repartir entre os nenos e nenas de toda Galicia despois de apalparlles, con moito agarimo, as súas barriguiñas para ver se están mantidos.

Pois esta pesonaxe tan agarimosa e graciosa no seu falar, veu o Venres visitarnos ao cole. Charlamos un ratiño con el e pareceunos un home do máis gracioso que nos contou que na súa terra, O Courel, á neve  chámanlle a mosca branca.
apalpabarrigas 1

Despois apalpounos as barriguiñas para preparar os seus agasallos feitos a man por el mesmo e traelos a noite antes de Nadal e deixalos agochados polos recunchos das nosas casas.....que ilusión!! teremos que buscalos e será como un xogo!
apalpabarrigas 1
apalpabarrigas 2
 
Gustounos moito compartir un anaquiño de mañá con el e despedímonos ata o vindeiro Nadal esperando que chegue a noite do Apalpadoiro na que temos que estar durmidos para que entre a vernos.
Bueno, antes de despedirnos tivemos que axudarlle a erguerse da cadeira xa que os seus....tantos anos!!! fan que non estea moi áxil.
apalpador 2

E vós...estades emocionados??? Esta noite é a noite do Apalpador, así que xa sabedes, enchede as barriguiñas e deitádevos cedo para que cando o sol se levante atopedes castaniñas asadas nas mesiñas de noite e algún agasallo agochado pola casa!!!

Se queredes ler mási información sobre esta personaxe ademais do enlace que tendes na coluna da esquerda podedes visitar:

Video : a ver se sabedes onde fixo este  moderno video...

Feliz Noite e Feliz día de Nadal!!!!

Así foi o Nadal 2013, 1ª parte.

Como xa vos contamos este Nadal foi, coma sempre , do máis activo e emocionante. Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria cantamos, bailamos,  fixemos adornos, preparamos os nosos traballiños do trimestre para levar a casa, e vivimos unha chea de emocións coas sorpresas que cada ano nos traen estas datas.
Queremos irvos contando por partes, así que estade atentos e  antentas ao longo destas vacacións ao blog que iremos colgando as difrentes aventuriñas.

Hoxe queremos amosarvos algunha cousiña da  parte plástica.

Cada Nadal facemos varias postais para felicitar ás nosas familias, aos nosos compañeiros e compañeiras, e  ao persoal de cociña e administración (este ano non está Ana que acaba de ter un bebé e fixémoslla a Lola). 
Empregamos para todas as postais e adornos dos corredores material de refugallo. Como este ano o proxecto solidario no que participamos xiraba en torno á recollida de alimentos, acordamos utilizar materias relacionados con este tema. A verdade é que cada ano lle atopamos máis posibilidades ao segundo uso dos materiais.
facendpostais

Os nenos e nenas da clase das Bolboretas (1º ei) utilizamos café, azucre, lentellas e papel das ofertas para facer estas boliñas de nadal na súa postal. Na clase das arañas fixemos dous modelos de árbores de nadal con papeis das ofertas do súper e as Águias empregaron o mesmo papel enrrugado para facer estas boliñas
 con maís volume.

postais 1º 2º ei
postais 2º ei
    A Macu, Cristina e Néstor fíxolles moita ilusión recibir a nosa postal, mirade,mirade: 
postal cociña
postais 1º ep
 Os nenos e nenas de 1º de primaria tamén recreamos unha árbore empregando roliños de papel das ofertas e de base unhas tarxetas de publicidade con este azul tan bonito  
 E 2º Ep utilizamos as blondas de adornar os platos e outros materias de refugallo que cada un fomos aportando dende as nosas casas para un modelo e fixemos tamén unnha árbore de nadal para a outra postal de intercambio cos compis.
postais 2º ep
postal 2º ep 1

Ademais da arte máis artística, despois cada un de nós escrebe a mensaxe por detrás.
Hai un momento no venres que é moi moi especial: o intercambio de postais entre diferentes aulas, no que participan todos os rapaces e rapazas do cole dende 3 anos ata 2º de bac. É do máis emocionante xa que se trata de ir á porta das aulas moi moi amodiño para que non se decaten da nosa presenza, metelas por debaixo da porta e ...petar con forza nela para saír correndo e ninguén nos vexa. É un momento xenial!!! Como tamén xenial é  estar na aula e ir recibindo as postais co noso nome!!

Os nenos e nenas da clase das Águias escribimos unha postal máis este ano; unha postal moi especial para respostar á que recibimos do noso amigo Samuel que vive en Verín e segue a acordarse moito de nós...e nós
  del.
postal samuel
 
Os nenos e nenas de EI facemos tamén as nosas bolsiñas para levar os traballos á casa. En 1º EI reutilizando retallos de teas e en 2º e 3º ei este ano reconvertimos camisetas en bolsiñas despois de darlles sun toque de cor. Mirade como as tinguimos:
tinguido
Tamén quixemos inspirar a nosa decoración da entrada no tema do proxecto solidario no que como xa vos contamos s colaboramos coa Asociación de veciños, comerciantes e industriais da Milagrosa na recollida de roupa, alimentos e xoguetes.

De aí que decidiramos poñer aos nosos reis magos (inspirados no artista Giuseppe Acimboldo) traendo alimentos a Lugo, coa nosa prezada Mosquera. A muralla fixémola con caixas de cartón e cubrímola con pedriñas feitas cos folletos das ofertas do súper.
O collage de fondo tamén está feito co mesmo material polos nenos e nenas máis maiores.
muralla
entrada
E grazas á colaboración de todos e todas  moitas familias este Nadal estarán un chisco máis fellices. Moitas grazas!!
recollida

Xa como colofón final desta longuísima entrada queremos amosarvos os xoguetes que en infantil fixemos a partir de cousas que inicialmente iban ao lixo: Os Robots de 1º ei, os coches de 2º ei e os Tres en LIña de 3º EI.
Quedaron tan chulos que entendimos e compartimos a creenza de que non é preciso mercar cousas para
 poder xogar.
robots
tres en liña

coches 2
 Pois isto é todo por hoxe. Seguide con atención as novas!!! ahi moito que conatr!

19 de diciembre de 2013

Visita á Facultade de Veterinaria


Os nenos e nenas de 1º de E.P. fomos visistar a Facultade de Veterinaria.
Cando chegamos fomos ao Hospital Rof Codina, alí estaba esperándonos Andrés Barreiro que nos ía amosar as diferentes estancias do Hospital.

 Na sala de espera había uns pacientes moi  especiais: cans e gatos.
 foto 1
Despois tivemos que prepararnos para  poder acceder á zona de consultas e aos quirófanos.
Vimos algún can que estaba nunha consulta facendo unha revisión, coma nós cando imos ao pediatra!

foto 4-4
Asistimos con moito respecto e interese á preparación dun canciño para operalo, un quirófano de verdade!!. Estabamos tan emocionados que non se nos ocorreu preguntar de que operaban ao animal!!
foto 3-3
Tamén vimos como se recuperaban os animais despois dunha operación, e como esterilizaban o material para ser utilizado de novo.
foto 5-5
Custounos moito adiviñar para que era aquela sala tan grande e con tantos focos... tivo que dicirnos Andrés que era un quirófano para animais grandes: vacas, cabalos etc...
foto 10-10
Gustáronnos moito as radiografías que nos amosaron:  había unha dunha tartaruga en 3D e  sorprendéronnos os aparellos para facer os estudos aos animais.
E por suposto había cabalos e vacas.Para velos  entramos con moito coidado de non asustalos.
foto 11-11
Despois de ver os animais vivos fomos ver os esqueletes con Nuria Alemañ, a mamá de antía da clase das Arañas.

Había esqueletes de animais moi grandes e outros máis pequenos.
foto 6-6
 Puidemos coller cráneos de cans, cervos, ovellas..
foto 7-7
foto 8-8
vaia que como podedes imaxinar aprendemos moitas cousas e gozamos moito, moito  coa visita.
Grazas Andrés e Nuria por facer desta visita unha experiencia apaixoante!!

16 de diciembre de 2013

Chegou o Nadal a Galén


Como cada ano por estas datas preparámonos para iniciar o Nadal no cole. E as primeiras cousiñas que compartimos aquí están relacionadas co Proxecto Solidario que cada ano facemos no cole.
Este ano dous membros da “ Asociación de Veciños da Milagrosa”  viñeron a contarlle aos nosas compañeiras e compañeiros de 2º E.S.O as actividades que na súa asociación levaban a cabo e pediron a nosa colaboaración para a recollida de xoguetes, roupa e comida.

As alumnas e alumnos de 2º E.S.O. foron os encargados de transmitirnos esta información ao resto do centro.

Nas clases das Bolboretas, Arañas e Águias, Ananda, Marieta e Claudia contarónnos un conto que tiña como protagonista a un neno, Pablo, que grazas a axuda de outros nenos e nenas coma nós, puido celebrar o Nadal e recibir os agasallo de Papá Noel e os Reis Magos con ilusión e ledicia.

E con elas acordamos que nós tamén queriamos colaborar con Papá Noel e traer aqueles xoguetes en bo estado que aínda poden gozar outros nenos e nenas. Tamén colaboraremos en traer comida e roupa e axudar así ás familias de Lugo que máis o necesitan.
1º-2º ei-2
3º ei-2
En 1º de E.P. explicarónnos que había familias moi preto de nós que non tiñan una boa alimentación e tamén que nenos e nenas non tiñan xoguetes para gozar coma nós. Álvaro, Clara e María convidáronnos a traer comida, que se poidera manter sen frío e roupa e xoguetes en bo estado.

1º ep -2
Antón, Laura e Lucía contáronnos en 2º E.P. o importante que era a nosa colaboración aportando comida, xoguetes ou roupa.
2º ep- 2
Ao día seguinte un compañeiro trouxo comida: lentellas, macarróns, atún… e todos os da clase fomos a depositalas nas caixas preparadas para isto.
foto1-1


Esta semana será a última entes de que os nosos compañeiros e compañeiras de 2º ESO a leven ao local da asociación para clasificar o material e podelo repartir este Nadal.

Grazas a todos e todas pola colaboración neste Nadal Solidario do cole Galén.



Saca a Lingua...festiña!

Como xa sabedes os venres pola tarde temos o obradoiro “Saca a Lingua”. Este último foi un pouco especial pois os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de Primaria fomos actores e actrices e tamén espectadores .
Algúns dos  nenos e nenas de  3º de EI e  1º EP preparamos unha obra de teatro: “A cebra Camila”. Xa nos leran o libro as nosas profes de infantil o curso pasado e apetecíanos moito representalo.
Primeiro repartimos as personaxes e así quedou o reparto:



Narradoras e narradores:   Alonso, Ángel, Ángela e Alejandra


Cebra Camila: Nico                            Chicharra: Juan
Serpe: César                                       Araña: Marcos
Caracol: Gonzalo                                Oca: Celtia
Arco da vella: Aldán                           Nai de Camila: Sofía

E despois dunhas semanas de ensaio estabamos preparados e preparadas para saír a escea.
Aquí tendes algunhas fotos, a ver que vos gustan.
foto1-1
fato2-2 fato 3-3 foto 4-4 foto 6-6 foto 8-8 foto 10 foto 11-11
foto 12-12
foto 9 -9 
foto 13 -13


Os nenos e nenas de 1º, 2º e algúns de 3º EI preparamos un conto da editorial Kalandraka "Un dous, tres, que ves?" musicado por Pablo Díaz que podedes atopar no álbum "Tic-Tac" (que xa vos recomendamos máis veces). Pois ben, aprendimos a canción e canta-contamos aos noso compañeiros de Saca a Lingua.

foto 14
foto 15
foto 16


A verdade é que foi un encontro moi especial e a todos e todas  nos gustou moito compartir o traballo feito ao longo deste primeiro trimestre no obradoiro.

Se queredes ver que fixemos en outras ocasións en Saca a lingua pinchade aquí






13 de diciembre de 2013

A Clase das Arañas

Os que nos vedes cada día xa sabedes que os nenos e nenas de 2º EI somos a clase das Arañas pero queremos contarvos aquí como chegamos a este nome e que cousiñas fixemos relacionadas con estas simpáticas amiguiñas.

Todo comezou cando despois dos primeiros días de cole quixemos entre todos e todas buscarlle un nome á nosa clase. Cada un de nós tiña varias propostas así que decidimos falalo na asemblea.

A asemblea é un momento especial que temos todos os días na aula cando nos sentamos nun corro na alfombra para contar e compartir como nos sentimos, se estamos preocupados por algo, ilusionados ou simplemente queremos contar algo que para nós é importante nese momento. Para nós a asemblea é un momento moi especial no que nos sentimos importantes e que nos axuda tamén a resolver conflictos e chegar a acordos.

Pois ben, na asemblea propuxemos un nome diferente e explicamos cada un  a razón pola que lle apetecía ese nome. Entre outras razóns, en moitos de nós estaba presente que ese nome sería o inicio do primeiro proxecto da aula, así que o propoñiamos polas ganas de investigar sobre el, de saber cousas que nos intrigaban.

Como vedes na foto, despois dunha votación decatámonos de que estaba a cousa moi igualada: entre "A clase das Arañas" e a "Clase das bruxas" había moi pouca diferencia de votos polo que nos pareceu razoable intentar chegar a un consenso... e  despois dun longo debate acordamos chamarnos a clase das arañas pero que no halloween traballariamos o tema das Bruxas. E así o recollimos neste documento que todos e todas firmamos:
Acordo

Así acordado o nome "A Clase das Arañas" fomos expoñendo ao longo dos días seguintes que cousas nos gustaría facer con respecto ao tema, onde podiamos ir recollendo material e fomos anotando aquelas cousas que queriamos saber para poder centrar a nosa investigación.

araña2


 E por suposto engalanamos a aula inspirandonos neste animaliño que descubrimos pertence á familia dos arácnidos e non dos insectos. Aquí podedes ver o noso rexistro: os que están na aula colocámolos na araña e os que hoxe non viñeron os colocamos na tea
arañas 1


araña pompón


E como arañas que somos, tecimos a nosa tea :
tea


E por suposto, adicámonos a buscar por todas partes arañas e teas de arañas polos recunchos da aula, no patio e...en calquer lugar descubrindo que no noso cole hai moitísimas arañas e de moitas formas, cores, tamaños...difrentes.

Antía trouxo unhas  arañas para observar que a súa mamá nos mandou dende o laboratoiro do seu traballo, e nós fomos á caza de algunha outra para podela observar máis de preto. Tivémola durante algúns días, vimos como facía a súa tea e como comía algunha das moscas que lle cazabamos (somos expertos cazadores de moscas dende aquela!). Descubrimos ademais que non as comen senón que as chupan ata deixalas secas. De aí que teñan que estar vivas, senón non lles valen.
Pois así foi o noso primeiro proxecto do curso...bueno, ,moi resumido e non rematado porque seguimos a descubrir cousas cada día sobre estas simpáticas compañeiras de aula.