Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

13 de diciembre de 2015

Visita do papá de Álvaro


O xoves pasado tivemos a visita dun papá, o de Álvaro, que nos veu contar como se festexaba o Nadal nun país que el coñecía ben: Alemaña.
Falounos de cando el tiña a mesma idade que nós e de como celebraban alí estas festas, do Advento, de San Nicolás, dos agasallos que lle deixaban aos nenos e nenas naquel país, do frío e da neve que por estas datas cobre os tellados..
visita pai

Ademais preparamos unha bebida típica para combatir o frío:  ponche.
visista pai 1
visita pai 2
ZUME DE UVA, DE LARANXA, CANELA,CRAVO,AZUCRE..


E probamos unhas galletas típicas, que como nos deixou a receita imos tentar facelas na clase para que poidades probalas o día da festa.

visita pai 3
visita pai 4
visita pai 5
SAÚDE!!
E por último, presentounos unha canción de Nadal alemana que vai ser a nosa canción nas Audicións de Nadal. Estades convidados a vir claro!!

visita pai 6

                                                 " kling glöckchen klingelingeling"



Moitas grazas a Richard por agasallarnos cun anaquiño da túa infancia en Alemaña. 



22 de diciembre de 2014

Chegou o Nadal.

Chegou o inverno e con el o frío e....as festas de Nadal!!

Para rematar o trimestre estivemos a preparar as bolsiñas nas que levar os traballiños á casa. Como xa sabedes, gústanos facer todo con material de refugallo e poder así reducir resíduos. Nesta ocasión quixemos darlle unha segunda vida a esas camisetas xa algo velliñas que andan polos armarios das mamás e dos papás. Un pouco de tinte e imaxinación fan delas unhas bolsas do máis chulis.

tinguido

 Tamén na mesma liña facemos cada ano un xoguete ou xogo sen necesidade de mercar nada.
xoguete
Este ano os protagonistas foron os tubos de papel hixiénico. Con eles os nenos e nenas da clase dos caracois fixemos este xogo matemático no que se tratar de asociar cada grafía coa súa cantidade (de pauiños). Na clase dos dinosaurios  fixemos catalexos e prismáticos. Chulos, non si?  
Os últimos días do cole foron tamén moi especiais: o chocolate con churros, a elaboración de postais para meter por debaixo das portas dos compañeiros e compañeiras, os cantos de aguinaldo e como non.....A VISITA DO APALPADOR E OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!! 

Adornos para a  árbore e postais

postais
  
churros
 Enchendo as barriguiñas para que o Apalpador mire como estamos de mantidos  

 Así...así esteades todo o ano.... dixo o Apalpabarrigas que veu no coche de liña dende as montañas do Courel como cada ano a visitarnos.

Apalpador
  
 As súas Maxestades....

Reis 1
Reis 2

Este fin de trimestre ademais foi un chisco máis especial pois como sabedes fixemos o espectáculo "Andando a Terra" con Uxía Senlle no escenario do Auditorio Gustavo Freire.
Os profesionais do audiovisual están a traballar a reo para que pronto poidamos ver as fotos e a gravación do espectáculo. 
Mentres tanto...que gocedes das vacacións e que teñades un bo Nadal e unha fantástica entrada do novo ano.

Biquiños!!!

11 de enero de 2014

Así foi o Nadal 2013, 4ª parte: Audicións.

Como non podía ser doutro xeito e como toda festa que se preste, o Nadal vai acompañado de música e nós fomos os anfitrións nas audicións que preparamos e compartimos con vós. En Infantil cantamos "Jingle jingle little bell" e "Alegría", chea de boas vibracións. Para esta canción contamos ademais coa colaboración dos rapaces e rapazas de 1º da ESO. En 1º e 2º de EP cantamos "What do you want for Christmas" e "Quérote Máis" de Sonoro Maxín que nos deixou con moi bo rollo de cara ás vacacións.
Agora deixámosvos aquí un pequeno vídeo para lembrar aquel momento. Agardemos que vos gusteeeee!!!!



 

6 de enero de 2014

Así foi o Nadal 2013, 3º Parte: As súas Maxestades de Oriente

Si, si como ledes!! Melchor, Gaspar e Baltasar tamén se achegaron polo cole para saudarnos e traernos uns agasallos ás aulas. Na súa primeira viaxe de recoñecemento (claro! non sabiades que antes da data de reis fan unha primeira visita a todas as cidades para facer o mapa e a rota de viaxe?? pois agora xa o sabedes)  acordaron facer unha pequena paradiña en Galén para traer os nosos agasallos de aula.

Pois en canto nos viñeron avisar de que estaban a chegar saimos todos e todas (grandes e pequenos) ás gradas de fóra para velos chegar dende ben alto. Mirade que cara de ilusión e impaciencia. A espera foi....longa coma sempre nestas ocasións ...e por un lado do patio vimos chegar unha....FURGONETA! na que viñan os tres Reis Magos...

esperando 1
esperando 2

Ao cole Galén os Reis veñen cada ano nun medio de transporte diferente: viñeron xa en cabalo, moto, bici, bus antigo, seiscentos, traspaleta, quad etc...

Despois dos primeiros saúdos de rigor xuntámonos os grupos nas aulas para poder telos máis preto e falar un cachiño con eles. Algúns de nós, con moita prudencia, preferimos non achegarnos moito e incluso buscamos os colos das nosas profes que nos facían sentir máis seguros. Outros/as pola contra animámonos a parolar un ratiño con eles e achegarnos a bicarlle sou darlles a man, incluso para recoller os agasallos que trouxeron.
reis3-4
reis 5
agasallo
reis 1-2º
 
 Foi un día de grandes emocións que iremos gardando nas nosas mochilas para lembrar cando nos fagamos grandes.

E hoxe é noite de reis nas casiñas así que...a durmir que xa son horas!!
Que teñades unha marabillosa noite de soños cumpridos e un feliz día de Reis.


24 de diciembre de 2013

Así foi o Nadal 2013, 2ª parte: O Apalpador

Como xa ven acontecendo hai uns anos, por estas datas do Nadal baixa das devesas do Courel un home que ten tantos anos xa...que ninguén sabe cantos ten. Un home de montaña, barrrigudo e con moita barba que viste zocos e boina para protexerse da neve silandeira e que trae na boca sempre unha cachimba para acordar que non debe de fumar. E por suposto, trae con el un fol cheíño de castañas para repartir entre os nenos e nenas de toda Galicia despois de apalparlles, con moito agarimo, as súas barriguiñas para ver se están mantidos.

Pois esta pesonaxe tan agarimosa e graciosa no seu falar, veu o Venres visitarnos ao cole. Charlamos un ratiño con el e pareceunos un home do máis gracioso que nos contou que na súa terra, O Courel, á neve  chámanlle a mosca branca.
apalpabarrigas 1

Despois apalpounos as barriguiñas para preparar os seus agasallos feitos a man por el mesmo e traelos a noite antes de Nadal e deixalos agochados polos recunchos das nosas casas.....que ilusión!! teremos que buscalos e será como un xogo!
apalpabarrigas 1
apalpabarrigas 2
 
Gustounos moito compartir un anaquiño de mañá con el e despedímonos ata o vindeiro Nadal esperando que chegue a noite do Apalpadoiro na que temos que estar durmidos para que entre a vernos.
Bueno, antes de despedirnos tivemos que axudarlle a erguerse da cadeira xa que os seus....tantos anos!!! fan que non estea moi áxil.
apalpador 2

E vós...estades emocionados??? Esta noite é a noite do Apalpador, así que xa sabedes, enchede as barriguiñas e deitádevos cedo para que cando o sol se levante atopedes castaniñas asadas nas mesiñas de noite e algún agasallo agochado pola casa!!!

Se queredes ler mási información sobre esta personaxe ademais do enlace que tendes na coluna da esquerda podedes visitar:

Video : a ver se sabedes onde fixo este  moderno video...

Feliz Noite e Feliz día de Nadal!!!!

Así foi o Nadal 2013, 1ª parte.

Como xa vos contamos este Nadal foi, coma sempre , do máis activo e emocionante. Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria cantamos, bailamos,  fixemos adornos, preparamos os nosos traballiños do trimestre para levar a casa, e vivimos unha chea de emocións coas sorpresas que cada ano nos traen estas datas.
Queremos irvos contando por partes, así que estade atentos e  antentas ao longo destas vacacións ao blog que iremos colgando as difrentes aventuriñas.

Hoxe queremos amosarvos algunha cousiña da  parte plástica.

Cada Nadal facemos varias postais para felicitar ás nosas familias, aos nosos compañeiros e compañeiras, e  ao persoal de cociña e administración (este ano non está Ana que acaba de ter un bebé e fixémoslla a Lola). 
Empregamos para todas as postais e adornos dos corredores material de refugallo. Como este ano o proxecto solidario no que participamos xiraba en torno á recollida de alimentos, acordamos utilizar materias relacionados con este tema. A verdade é que cada ano lle atopamos máis posibilidades ao segundo uso dos materiais.
facendpostais

Os nenos e nenas da clase das Bolboretas (1º ei) utilizamos café, azucre, lentellas e papel das ofertas para facer estas boliñas de nadal na súa postal. Na clase das arañas fixemos dous modelos de árbores de nadal con papeis das ofertas do súper e as Águias empregaron o mesmo papel enrrugado para facer estas boliñas
 con maís volume.

postais 1º 2º ei
postais 2º ei
    A Macu, Cristina e Néstor fíxolles moita ilusión recibir a nosa postal, mirade,mirade: 
postal cociña
postais 1º ep
 Os nenos e nenas de 1º de primaria tamén recreamos unha árbore empregando roliños de papel das ofertas e de base unhas tarxetas de publicidade con este azul tan bonito  
 E 2º Ep utilizamos as blondas de adornar os platos e outros materias de refugallo que cada un fomos aportando dende as nosas casas para un modelo e fixemos tamén unnha árbore de nadal para a outra postal de intercambio cos compis.
postais 2º ep
postal 2º ep 1

Ademais da arte máis artística, despois cada un de nós escrebe a mensaxe por detrás.
Hai un momento no venres que é moi moi especial: o intercambio de postais entre diferentes aulas, no que participan todos os rapaces e rapazas do cole dende 3 anos ata 2º de bac. É do máis emocionante xa que se trata de ir á porta das aulas moi moi amodiño para que non se decaten da nosa presenza, metelas por debaixo da porta e ...petar con forza nela para saír correndo e ninguén nos vexa. É un momento xenial!!! Como tamén xenial é  estar na aula e ir recibindo as postais co noso nome!!

Os nenos e nenas da clase das Águias escribimos unha postal máis este ano; unha postal moi especial para respostar á que recibimos do noso amigo Samuel que vive en Verín e segue a acordarse moito de nós...e nós
  del.
postal samuel
 
Os nenos e nenas de EI facemos tamén as nosas bolsiñas para levar os traballos á casa. En 1º EI reutilizando retallos de teas e en 2º e 3º ei este ano reconvertimos camisetas en bolsiñas despois de darlles sun toque de cor. Mirade como as tinguimos:
tinguido
Tamén quixemos inspirar a nosa decoración da entrada no tema do proxecto solidario no que como xa vos contamos s colaboramos coa Asociación de veciños, comerciantes e industriais da Milagrosa na recollida de roupa, alimentos e xoguetes.

De aí que decidiramos poñer aos nosos reis magos (inspirados no artista Giuseppe Acimboldo) traendo alimentos a Lugo, coa nosa prezada Mosquera. A muralla fixémola con caixas de cartón e cubrímola con pedriñas feitas cos folletos das ofertas do súper.
O collage de fondo tamén está feito co mesmo material polos nenos e nenas máis maiores.
muralla
entrada
E grazas á colaboración de todos e todas  moitas familias este Nadal estarán un chisco máis fellices. Moitas grazas!!
recollida

Xa como colofón final desta longuísima entrada queremos amosarvos os xoguetes que en infantil fixemos a partir de cousas que inicialmente iban ao lixo: Os Robots de 1º ei, os coches de 2º ei e os Tres en LIña de 3º EI.
Quedaron tan chulos que entendimos e compartimos a creenza de que non é preciso mercar cousas para
 poder xogar.
robots
tres en liña

coches 2
 Pois isto é todo por hoxe. Seguide con atención as novas!!! ahi moito que conatr!

16 de diciembre de 2013

Chegou o Nadal a Galén


Como cada ano por estas datas preparámonos para iniciar o Nadal no cole. E as primeiras cousiñas que compartimos aquí están relacionadas co Proxecto Solidario que cada ano facemos no cole.
Este ano dous membros da “ Asociación de Veciños da Milagrosa”  viñeron a contarlle aos nosas compañeiras e compañeiros de 2º E.S.O as actividades que na súa asociación levaban a cabo e pediron a nosa colaboaración para a recollida de xoguetes, roupa e comida.

As alumnas e alumnos de 2º E.S.O. foron os encargados de transmitirnos esta información ao resto do centro.

Nas clases das Bolboretas, Arañas e Águias, Ananda, Marieta e Claudia contarónnos un conto que tiña como protagonista a un neno, Pablo, que grazas a axuda de outros nenos e nenas coma nós, puido celebrar o Nadal e recibir os agasallo de Papá Noel e os Reis Magos con ilusión e ledicia.

E con elas acordamos que nós tamén queriamos colaborar con Papá Noel e traer aqueles xoguetes en bo estado que aínda poden gozar outros nenos e nenas. Tamén colaboraremos en traer comida e roupa e axudar así ás familias de Lugo que máis o necesitan.
1º-2º ei-2
3º ei-2
En 1º de E.P. explicarónnos que había familias moi preto de nós que non tiñan una boa alimentación e tamén que nenos e nenas non tiñan xoguetes para gozar coma nós. Álvaro, Clara e María convidáronnos a traer comida, que se poidera manter sen frío e roupa e xoguetes en bo estado.

1º ep -2
Antón, Laura e Lucía contáronnos en 2º E.P. o importante que era a nosa colaboración aportando comida, xoguetes ou roupa.
2º ep- 2
Ao día seguinte un compañeiro trouxo comida: lentellas, macarróns, atún… e todos os da clase fomos a depositalas nas caixas preparadas para isto.
foto1-1


Esta semana será a última entes de que os nosos compañeiros e compañeiras de 2º ESO a leven ao local da asociación para clasificar o material e podelo repartir este Nadal.

Grazas a todos e todas pola colaboración neste Nadal Solidario do cole Galén.



8 de enero de 2013

As súas maxestades....

Os Reis Magos de Oriente!!!
foto reis


Creiades que non vos iamos contar nada!!!
 Co esperadas que son estas personaxes no cole non podiamos menos que amosarvos a súa visita ás aulas de infantil. Xa sabedes que chegaron ao cole en "quad" porque saíu en directo na tele e xa o contamos   aquí no blog. Pero queriamos compartir con vós eses momentos especiais e inesquecibles para moitos de nós vividos nas aulas.

Asi que aquí vos deixamos as imaxes deses momentos. Veredes que algúns de nós, da impresión de velos tan de preto non nos queremos mover do carón das nosas profes, ás veces non queremos nin miralos pero outros moitos estamos desexando falar con eles, achegarnos e incluso bicalos!!! Mirade mirade:

reis3
reis2
reis1
reis 1º
reis 2º 3º


Con esta entradiña damos por rematado o Nadal aquí no blogue, esperando inicar un novo trimestre con vós aí para contárvolo. Bicos e feliz ano 2013!