30 de noviembre de 2012

Galén Christmas Camp

Xa se achega o mes de Decembro e as vacacións de Nadal polo que queremos propoñervos un moi apetecible plan para gozar deste tempo de lecer e facilitar ao tempo a conciliación familiar e laboral dos papás e mamás.

Trátase dun campamento de Nadal para nenos e nenas de 3 a 10 anos divididos en grupos de idades e con actividades de carácter fundamentalmente lúdico en inglés e en dúas quendas de tres días nos meses de decembro e xaneiro. O horario será de 10 a 17hrs con posibilidade de ampliación horaria e aberto tamén a nenos e nenas de fóra do centro.

 Aquí vos deixamos o cartel e se queredes máis información non dubidedes en consultarnos.

Tedes máis información na web do cole.

25 de noviembre de 2012

O Magosto-Muiñeira de Chantada

Da man de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (gaiteiros do grupo Treixadura) chegou a nós este ano unha historia fermosa coa que festexamos a festa do outono, o Magosto.
 Conta a historia de Avelino Cachafeiro, gaiteiro de Soutelo de Montes,  que foi en tempos o mellor gaiteiro que coñeceu o país. Este afamado gaiteiro percorreu coa súa gaitiña festas e romarías. Un día mentres percorría as rúas de Chantada coñeceu unha moza, Josefa. Para ela inventou unha muiñeira que co paso dos anos se convertería na muiñeira máis xenuína, a muiñeira de Chantada. Na aventura da súa invención aparecen varias personaxes: Manuel o arrieiro, o zapateiro de Antas e unhas costureiras que axudarán a Avelino a dar forma á muiñeira ca que cautivaría á súa ben querida Josefa.

Pois con esta historia e con esta muiñeira quixemos cantar e bailar este ano no Magosto, para o cal como xa é tradición,  contamos coa colaboración dos nosos compañeiros/as e amigos/as de 3º e 4º da ESO.

 Foi un  fermoso día de outono que, como non podía ser doutro xeito, rematou cunha boa fartura de castañas. Aquí vos deixamos unha video-montaxe con algúns momentos da actuación e do resto da festa. Como vedes cantamos, bailamos e comemos castañas. Como molan estas festiñas tradicionais!!
Así de chula nos quedou a festa!!!

Nas aulas, nas semanas anteriores, ademais de ensaiar a canción e o baile, estivemos a traballar ao redor da festa do magosto. E como non, estivemos a elaborar, coma sempre con material de refugallo, os cucuruchos para poder encher de castañas na festa e gozar deste riquísimo froito.
Este ano utilizamos briks de leite para facer unha caixiña doble, con dous compartimentos: un para as castañas e outro para as cáscaras. E cada aula escolleu unha técnica diferente para decoralo.

 Os nenos e nenas da clase das fadas (1º EI) utilizamos recortes de revistas e un papel de agasallo para facer a cinta e colgalo. Con acuarela coloreamos o noso nome e quedou así de chulo: cucuruchos fadas
 Na clase dos Leóns (2º EI) pintamos os papeis de revista para cubrir o brik e enfeitámolo como toque final con un caracol feito tamén de revistas e unha tarxeta co  nome. A cinta a partir dunha bolsa de plástico. cucuruchos leons
As sereas ulitizamos a revistas cortada en tiras e un carteliño co nome en collage  sobre un cartón de caixa de cereais. Para facer a cinta de colgar reutilizamos unha bolsa de cor morada. cucuruchos sereas

Xa vedes que cousas tan lindas podemos facer reutilizando materiais. Así contribuímos dende as nosas aulas á reducción de resíduos e tamén a creatividade e busca de recursos sen necesidade de aumentar o consumo.

Agora tócavos a vós contarnos como vivístedes a festa dende a casa!!!! que vos pareceu o resultado final??

23 de noviembre de 2012

De novo Saca a Lingua

Xa podedes escoitar de novo o programa Saca a Lingua que publicamos a finais do curso pasado despois do traballo conxunto entre os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de EP no Obradoiro que leva o mesmo nome.
Por erros informáticos pasou un tempo no que non se podía volver escoitar e agora xa volve estar dispoñible para que gocedes de novo do noso programa de radio.
Pinchando aquí podedes ir á entrada.

12 de noviembre de 2012

O nome das clases!!

Aínda que levamos xa un tempo de cole, con tanta actividade non vos ensinaramos o proxecto que como todos os setembros iniciamos en cada unha das aula: o nome das clases.
Despois dos primeiros días de clase e dos diferentes periodos de adaptacións cada grupo de nenos e nenas, en asemblea e de maneira democrática, eleximos como queremos que se chamen as nosas aulas e unha vez escollido iniciamos o primeiro proxecto da aula investigando, aportando información e obxectos relacionados, buscando nos diferentes recursos (biblioteca, internet, libros de aula, biblioteca etc....).

Aquí podedes vernos elaborando os diferentes murais e o chulos que quedaron. Fixádevos nos detalles das caras das personaxes....somos nós!!!!. collage fadas fadas 2 leons collage 2 leóns collage1 sereas sereas collage 1 sereas collage 2

3 de noviembre de 2012

Happy Halloweeeeeen 2012!

Como xa vos fomos contando, durante dúas semanas estivemos cos preparativos necesarios para poder celebrar o Halloween. Para elo, preparamos as cancións que escenificariamos na tan ansiada festa, e non só isto, tamén fixemos, coloreamos e decoramos os nosos propios disfraces, léronnos e limos libros de bruxas e os seus gatos negros, morcegos, monstruos riquiños, cabazas, pantasmas, arañas peludas... Vimos uns debuxos animados dunha bruxa boa, o seu gato branco e negro e maila súa curuxa. Chámanse "Meg and Mog and Owl" e están baseados nos libros que lle lían a Ana a profe cando era pequena. Seica lles ten moito cariño. Introducindo o título en YouTube podemos velos tantas veces como nos deixedes. Tamén fixemos obradoiros de cabazas... En fin, unha chea de diferentes actividades para coñecer máis e mellor esta cada vez máis popular celebración de orixe celta. PicMonkey Collage Nursery 1.1 PicMonkey Collage Nursery 2.1 PicMonkey Collage Nursery 3.1 O día anterior á festa fomos á aula de música para ensaiar as nosas actuacións, tal e como fan os nenos e nenas máis maiores. Isto fíxonos sentir moi grandes, porque aínda que pequenos realmente somos grandes e así é como nos gusta que nos fagan sentir. PicMonkey Collage Rehearsal 1 Chegou o día de celebralo e no cole puidemos comprobar que todas as aulas estaban decoradas para tal ocasión, así como que moitos nenos e nenas viñeron disfrazados ao cole. Non nos asustamos, pero si nos sorprendemos de ver todo o diferente que estaban todos e todo. Ao fin chegou a tarde e logo dunha pouca maquillaxe, puxémonos os nosos disfraces e marchamos coas nosas profes e David para cantar e bailar, e pasalo moi ben para a aula de música (igual que xa fixeran pola mañá os nenos e nenas maiores do cole) Belinda, a curmá bruxa da nosa profe Ana, veu facernos a súa habitual e anual visita. Seica vive moi lonxe e sabe voar e facer maxia. Belinda é unha bruxa das boas e mesmo ten unha vasoira que a axuda a voar polo ceo. PicMonkey Collage Halloween 1 PicMonkey Collage halloween 2.1 PicMonkey Collage halloween 3.1 Logo de todo isto, voltamos a clase e cantamos o "Trick or Treat" propio para conseguir unhas chuches que comemos mentres vimos a película "Halloween with Mickey" que foi moi divertida. Como veredes, pasámolo en grande e antes de nos despedir ata a próxima, deixámosvos un vídeo que esperamos vos faga gozar tanto como o fixemos nós.