31 de mayo de 2013

Hora de regreso de O Rexo-Allariz

Os nenos  e nenas de 2º  e 3ª de EP chegaremos ao cole sobre as 17:15, xa estamos de viaxe de regreso coa maleta chea de experiencias estupendas e ganas de vervos a todos e todas.

Ata un cachiño!!

Último día en Garabullos!

Si, é así , todo o bo remata. Pasámolo tan tan ben que o tempo voou.

Esta mañá costounos un pouquichiño erguernos porque a festa de onte á noite foi ....moita festa!! Cantamos, bailamos, saltamos e....durmímonos enseguida!
 Sobre as 09:00 estabamos todos e todas xa espertos agás os máis cansos que aproveitabamos cada minuto para repoñer forzas.
Despois do almorzo, como cada mañá, fomos darlle de comer aos animais. Agora mesmo, de media mañá estamos a tomar uns batidos caseiros de plátano con sobaos para coller forzas e ir ao bosque en busca de floriñas olorosas para un obradoiro de bolsiñas de aromas.

Despois xantaremos, gozaremos dos ultimos xogos polos fermosos espazos exteriores en espera do bus, que sobre as 16:30 chegará a buscarnos. Así que sobre as 16:50-17:00 estaremos de volta no cole.

Despedirémonos con moita emoción dos monitores e monitoras que tan ben nos coidaron e tantas cousas nos descubriron, dos animais que con tanto mimo coidamos e deste marabilloso paraxe natural, para con emoción esperar o reencontro cos que nos estades esperando (tamén emocionados) en Galén.

Apertarémonos en breve!!!!!




Derradeiro día no Rexo-Allariz

Bos días dende o Rexo.

Hoxe amencimos con ilusión e con ganas de aproveitar moito a nosa ultima xornada neste estupendo lugar e con ganas tamén de voltar á casa e contarlles ás nosas familias todo o vivido nestes tres días.
Erguémonos, vestímonos, preparamos as nosas maletas e fixemos as camas. 
Despois do almorzo especial de hoxe, con biscoito de chocolate, o bo tempo está a deixarnos gozar dos espazos exteriores e as primeiras horas adicámolas a xogo libre.

Despois temos previstos obradoiros e xogos de despedida cos nosos xeniais montores e monitoras. Botarémolos de menos sin dúbida.

En canto chegue o bus chamaremos ao cole para irformar da hora aproximada de chegada. Avisarémosvos a través deste blog.

Biquiños!!!!

Segundo día no Rexo- Allariz

Hoxe tivemos un día fantástico!!! 

Allariz na festa do Boi. Fixemos unha ximcana polo pobo e xogos de grupo con paracaídas. Tamén fomos ao Festival de xardíns.
 O xantar foi de picnic nas beiras do ría Arnoia e gozamos das paisaxes e xogos no medio natural. Despois de cear tivemos grandísima festa con actuacións en directo e todo, e agora mesmo estamos xa todos e todas na camiña moi cansos. Durmiremos de marabilla! 





Lectores e lectoras, achégase a fin desta fermosa aventura e mañá será o colofón final. Manterémosvos informados/as.
 Ata mañáaaaaa.

Segundo día en Garabullos

Ola!!! dende Garabullos queremos contarnos a chea de cousas interesantísimas que fixemos ao longo do día:
-Esta mañá voltamos ao bosque para ver se atopabamos ao trasno Pit. Ao longo do paseo fomos atopando a súa bufanda, un gorro, unha chaqueta, unha moeda, moitas pegadas e unha noz que comera fai pouco.
Foi moi emocionante ir atopando pequenas pistas pouco a pouco!

Regresamos á casa a facer galletiñas e despois tocaba ir coidar aos animais mentres se facían no forno.
Para xantar hoxe comemos lentellas, tortilla de patacas con tomate e ceboliña, e de sobremesa plátano.


De regreso tiñamos aínda traballiño: mentres uns nos duchabamos outros iamos preparando a decoración para a festa da noite. Que ganas de festaaaaa (bueno pesa un pouco o sono así que non sabemos canto durará jejeje).

Mañá será xa o derradeiro día desta intensa aventura.... informarémosvos pola mañá. Moitos bicos para as familias!!!!

pd: como sabedes non hai moita rede así que só unha pequena mostra de fotiños.
garabullos2 garabullos

30 de mayo de 2013

Bos días dende O Rexo

Ola familias!

Todos e todas durmimos moi ben, almorzamos con moita gana  e a esta hora estamos xa vestidos e con moita enerxía...vaia estamos xogando na pista ao balón....!!!

En breve entraremos a preparar a mochila para irnos ao centro histórico de Allariz e facer alí unha Ximcana. O xantar será nos arredores do río Arnoia.
Estamos todos e todas moi contentos e ilusionados e espéranos un día de moitísimas aventuras.

Xa vos contaremos como nos foi.

Apertas e saúdos para todos e todas.

Bos días dende Garabullos!!

Bos días a todos e todas.
Son as 08:00 da mañá e eswtamos case todos espertos xa. Durmimos moi ben, estabamos moi cansos, e agora temos un montón de enrxía para afrontar o intensísimo día que agora comeza.

En canto nos espabilemos recolleremos un pouco a habitación, vestirémonos, iremos almorzar para coller moita enerxía e despois de asearnos empezaremos as actividades que para hoxe temos previstas.

Deixámosvos unha pequeniña mostra!!! e seguiremos informando.

durmindo

O Rexo-Allariz

Xa é  noite e estamos a aproveitar os últimos minutiños antes de deitarnos facendo algúns xogos cos monitores e monitoras.
 Foi un día intenso e divertido. A pesar da choiva que nos acompañou a ratiños puidemos facer todo o que tiñamos previsto.:
Comezou a tarde cunha emocionante camiñata a través da fermosa fraga que nos levou ata a granxa e queixería onde logo puidemos ver, facer e aprender un montón de cousas. A volta polos mesmos derroteiros
foi se cabe máis fascinante xa que contamos coa compaña da choiva. Logo dunha relaxante ducha fixemos algunhas actividades e despois ceamos.
En breve tocará deitarnos para descansar pois mañá será outro día.
Boas noites e ata mañá.

29 de mayo de 2013

Primeiro día en Garabullos

Dende Garabullos contámosvos o que fixemos hoxe (fotos poucas e non de moi boa calidade pero é que non temos boa conexión)....foi un día de moitas emocións.
 Cando chegamos pola mañá coñecimos un pouco as estancias da casa e axeitamos as cousas nas nosas habitacións. Despois déronnos as benvida con un conto, para ao rematar saçir a dar un paseíñño polo bosque.
Tivemos tempo de xogo libre por fóra, merendamos  e fomos ver os animais para darlles de comer.




Chegou a hora do xantar e....mmmmm, que rico estaba: macarróns con atún e tomate natural de primeiro, filete empanado de segundo e para rematar pexego.

Á tarde voltamos ao bosque e descubrimos a casa do trasno Pit, que seica cambia de casa cada semana.
Para repoñer forzas do intenso día ceamos sopiña de fideos  deliciosa e salchichas con puré de patacas da hortiña.
Temos velada nocturna e despois iremos á camiña....pero eso contarémolo mañá.

Só queremos dicirvos que todos e todas estamos ben, a gusto, contentos e ilusionados con todo o que aquí hai.
 Durmide ben familias!!!




Chegaron 2º e 3º EP a O Rexo!!

Xa chegamos a Allariz,  O Rexo. A viaxe foi tranquila e levámola bastante ben.
Estamos a organizar as habitacións e pronto comezaremos coas actividades. O tempo non nos acompaña de momento pero de seguro o pasaremos moi moi ben.

Esta noite esperamos ter máis novas e incluso algunha fotiño.
Seguídenos por aquí!!!

Chegaron 3º EI e 1º EP.

Xa estamos en Garabullos!!

A viaxe foi moi tranquila, estamos organizando as habitacións, coñecendo os espazos e  nun pedaciño empezaremos coas primeiras actividades.

Esta noite teredes máis novas.... de seguro que será un día moi moi intenso.

28 de mayo de 2013

Patch & Antía!

Boas a todos e todas!

Que ben o pasou o noso amigo e mascota Patch con Antía e a súa familia! Seica o pasaron moi ben e así mo dixeron Patch e Antía e non me estraña. Conversaron, tomaron té, xogaron aos médicos, Patch foi ao salón de peiteado, descansaron e todo isto cuns amiguiños da nosa compañeira e anfitriona Antía.
Aí quedan as fotos, que vos agradecemos tomárades e compartirades con  nós! Encántannos!


Antía & Patch
Esperamos uns amigos charlando e tomando té...


Antía & Patch teatime
... chegan uns novos amiguiños e tomamos té todos xuntos...


Antía & Patch relaxing
... descansamos e coñecémonos mellor...


Antía & Patch at the hairdresser's
... imos arreglar un pouco a mata de pelo...


Antía & Patch at the doctor's
... facemos unha revisión médica...


Antía & Patch storytime
... e lemos un conto antes de nos deitar para durmir e descansar.


27 de mayo de 2013

Patch & Pablo!

Hi everyone!

Queda pouco xa desta aventura para Robby e Patch pero antes de finalizar, o noso amiguiño Patch estivo con Pablo e a súa familia un día e todos eles gozaron desta actividade. Ao voltar comentoume o ben que o trataran e coidaran e a continuación temos as fotos para comprobalo.
Grazas polas fotos, que nos encantan, e sobre todo por compartilas con nós!


Pablo & Teddy
Xogando con Teddy...


Pablo, Patch & Miguel
... relaxándose con Pablo e Miguel antes de durmir...


Pablo & Patch bedtime
... listos para durmir e descansar...


Pablo, Patch & Miguel in the morning
... Bos días!

26 de mayo de 2013

Marchamos a Allariz!!


Os nenos e nenas de 2º primaria imos de viaxe a Allariz á granxa escola O Rexo. Aquí podedes ver a que sitio tan chulo imos.
Para esta estupenda aventura iremos xunto cos nenos e nenas de 3º EP os días 29-30 e 31 de Maio...xa non queda nada!!

 Nesta presentación podedes ver un pouquiño cal é o programa de actividades, o lugar tan fermoso onde imos estar e ...moooooi importante, que temos que meter na maleta.

 Ao longo da nosa estancia irémosvos informando día a día e intentaremos poñer algunhas fotiños (esperemos ter cobertura e rede dispoñible) Seguide moi atentos a este espazo!!!

22 de mayo de 2013

Xornadas da cultura II: homenaxe a Rosalía.


Esta é a particular homenaxe que os nenos e nenas de Infantil quixemos facer a Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

 Nas aulas traballamos o poema por estrofiñas, aprendémolo, recitámolo e quixemos facelo máis visual axudándonos coma sempre de materiais de refugallo.
Falamos de Rosalía como unha muller adiantada ao seu tempo e fixemos esta composición plástica inspirándonos en Andy Warhol.
 Despois gravamos o poema no estudo de gravación do cole e contamos coa colaboración como técnico de son do noso compañeiro Donar Rivas de 3º ESO.Grazas Donar!!!

 Este video é o resultado de todo o noso traballo en colaboración grandes e pequenos. A música que completa a presentación é unha peza incluída no traballo "Nordestinas" (Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade), moi moi recomendable para escoitar na casa...non o dubidedes!

Preparando a viaxe a Garabullos!!

Xa queda pouco....que ganiñas temos todos e todas de que chegue o gran día.
Si, si, o mércores 29 de maio os nenos e nenas de 3º de Infantil e 1º de Primaria imos de viaxe á Granxa Escola Garabullos.
Para os nenos e nenas de infantil é  moi especial pois é a priemira vez que saímos tres días e ademais lonxe do entorno coñecido: o cole. 
Para os nenos e nenas de 1º de primaria é tamén especial pois contamos xa coa experiencia de irnos tres días, somos os maiores da aventura peeero, imos a un lugar novo para todos e todas...que emoción!!

 De seguro será unha vivencia moi moi intensa e estamos con moitísimas ganas de que chegue o gran día. Deixámosvos a continuación unha presentación na que resummimos a onde imos, cales son os obxectivos, que imos facer eses tres días e tamén a lista de cousiñas que temos que preparar na maleta.

 E...xa vos iremos contando ao longo dos días o que estamos a vivir. Será a través deste blog onde poderedes atopar o seguemento día a día e esperamos tamén que poidamos colgar algunhas fotiños.



18 de mayo de 2013

Patch & Julián!

Boas a todos e todas!

Como non podía ser de outra maneira, Patch tamén tivo a fabulosa experiencia de pasar un día co noso compañeiro e amigo da clase das fadas: Julián.
Despois dunha tarde de deporte e merenda, cearon e marcharon para a cama. Como Patch esquecera o pixama, Carlos, da clase das sereas e irmán de Julián, tivo a amabilidade de prestarlle un. Moitas grazas por isto, Carlos! Seica intentou durmir na cama de arriba, pero esa é de Carlos e tivo que baixar. 
Julián presentoulle ao seu cadeliño amigo e compañeiro de soños: Perrito, e agora Patch conta xa cun amigo máis.
A noite foi tranquila para todos e ao se levantar, todos foron a darlle os bos días a mamá e a cantarlle o HAPPY BIRTHDAY xa que estaba de aniversario. Felicidades Ana!
Sen dúbida foi un día moi especial na casa de Julián!
Moitas grazas polas fotos e por compartilas con nós! Encántannos!


Julián & Patch playing football
Xogando ao fútbol...


.
... merendando e repoñendo forzas...


Julián & Patch playing
... para seguir xogando...


.
... descansando...


Julián & Patch love time
... canto amor...


Julián & Patch bedtime
... Good night everyone...


Julián & Patch dinnertime
... e almorzando.

Xornadas da Cultura I: Semana do Libro

O mes de maio é o Mes da Cultura no cole Galén con unha chea de actividades en todos os cursos:  poesía, teatro, música.... Pero ímosvos contando por partes, estade atentos ao blog!

SEMANA DO LIBRO
Os nenos e nenas de Infantil iniciamos as xornadas o día do libro, como xa é tradición, o pasado 23 de abril, cunha visita á Biblioteca Nodal de Lugo. Alí estaban a esperándonos  Conchita e Pepiño para contarnos como funciona unha biblioteca e coñecer un pouquiño os segredos que este lugar máxico agocha.
biblio 1

Pepiño contounos como escoller os libros mirando os pegotes de diferentes cores e debuxos que teñen no lombo e Conchita fíxolles entrega aos nenos e nenas da clase das Fadas do seu carné de primeiros lectores e lectoras, para que así poidan gozar do préstamo de libros, cds, revistas, pelis etc....
biblio 2

biblio 3
 Despois Conchita ensinounos como están as zonas divididas en función das idades e puidemos gozar da lectura de contos no espazo especialmente deseñado para os nenos e nenas coma nós.  
 Antes de marchar escollemos cada un un libro en préstamo co carné do cole para levalos ás aulas e podelos contar ao longo destes días. Na hora de conto puidemos ollalos e compartilos, lelos e escoitalos e viaxar así ao mundo da fantasía ao que a lectura nos transporta. 
lendo 2
Lendo 1
 E como cada un de nós ten un ou varios libros favoritos na casa, quixemos traelos ao cole para compartir e ademais fixemos unha exposición con eles e cos marcapáxinas que en cada aula deseñamos. 

libro favorito


 Na clase das fadas fixemos uns marcapáxinas con material de refugallo, pintando con acuarela e adornando con flores feitas de restos de papel de parede! e quedaron moi moi chulos.
 Na clase dos leóns, como estabamos co proxecto da primavera, colgamos nun laciño varios bechiños e 
 floriñas do campo
marcapaxinas
.  

 E os nenos e nenas da clase das Sereas fixemos dous modelos: como estabamos co proxecto "Casas" fixemos unhas casiñas reutilizando tamén papel de parede e teas. E tamén fixemos estes orixinais "Comefollas"

comefollas
.  

Tamén para esta ocasión especial contamos coa colaboración das familias. Desta vez foi Marta, a mamá de Isaac, a que quixo compartir con nós un ratiño de literatura da man de Juan Ramón Jimenez. Leunos algúns dos pedaciños da fermosa obra "Platero" e a nós entusiasmounos. Como dixo un de nós referíndose á poesía, aquí tamén as palabras parece que cantan. Grazas Marta por compartir con nós este momento de lectura.

platero
 

Esta foi a primeira parte desta intensa actividade que nos traen as xornadas da cultura cada ano.
 En breve teredes a segunda parte....

16 de mayo de 2013

Visitando o Traballo da mamá de Mauro

Que sorte temos os nenos e nenas de Galén, porque contamos con unhas familias moi moi colaboradoras como vedes. 
 Desta volta tocounos ir de visita a Abante BPO o traballo da mamá de Mauro, Belén. Podedes visitar a súa web aquí
 Aínda que non tiñamos moi claro que é o que realmente fan en Abante BPO (para nós é un concepto aínda moi abstracto) a expereriencia foi xenial: moitísima xente moi nova traballando diante de ordenadores (preto de 400), con cascos e micrófonos, teléfonos por todas partes......e cada un no seu posto unha especie de cadriño entre outros moitos, como se dunha colmea se tratase. 
 Na entrada recibiunos o garda de seguridade e enseguida baixaron a buscarnos Mónica e Ana. Só elas podían darnos acceso con unha tarxeta especial que ao pasar por un lector abría as portas. E como non, para poder entrar nós tamén tiñamos que ter unha tarxetiña colgada do pescozo....que ilusión nos fixo! 

Despois uníuse a nós Belén, a mamá de Mauro que nos foi presentando a moita xente e explicando como se  traballa alí.

 avante BPO 1 
Cando entramos nas diferentes salas onde traballaba a xente alucinamos: canta xente alí xunta!!! e todos e todas mirando para nós. Ao principio deunos un pouco de vergonza pero enseguida fomos collendo confianza. Eran rapaces e rapazas moi novos, traballando nos seus postos cos cascos, falando polo micrófono e mirando ás pantallas de ordenador. E como non, nós tamén quixemos probar. 
Abante bpo2 Abante BPO 4 
E tamén vimos como traballan en equipo, os nomes e debuxos que teñen para cada un deles e as pizarras onde van anotando os puntos conseguidos polo traballo ben feito. 
Esta parte encantounos porque os puntos son golfiños laranxas e noso maior interese era contalos ou movelos para que algún deles xuntase os máis posibles.
 Abante BPO 3 

 Despois de percorrer todos os rinconciños invitáronnos a almorzar na sala de reunións un biscoito riquísimo e zumes. E nós quixemos demostrarlles o noso agradecemento cuns debuxos nos que representamos o que máis nos chamou a atención da visita. 

Abante BPO 

A verdade é que foi unha experiencia moi positiva e agradecémosvos moito a vosa atención e adicación ao longo da mañá. Moitas grazas Belén, Mónica e Ana. Grazas a Abante BPO pola vosa colaboración. Foi un pracer!!

14 de mayo de 2013

Robby & Cayetana!

Koo koo!

Hai uns días Robby pasou unha tarde e unha noite coa nosa amiga e compañeira Cayetana da clase das fadas. Foi para Robby un día fantástico, como imaxinamos que tamén o foi para Cayetana.
Logo de merendar, xogar e cear, Robby estaba moi canso: foi un día intenso, e Cayetana acurrucouno ben acurrucadiño na súa cama para durmir e descansar.
Aquí vos deixamos as fotos que esperamos vos gusten tanto como a nós.
Grazas por compartilas con nós! Encántannos!


Cayetana, Adri R., Lucía & Robby
Merendando con Adri R., Cayetana e Lucía...


Cayetana & Robby playing
... xogando antes de cear...


Cayetana, Carolina & Robby having dinner
... ceando con Carolina e Cayetana...


Cayetana & Robby bedtime
... e listos para durmir e descansar.


13 de mayo de 2013

Our Farm!

Moi boas a todos e todas!

Como puidestes comprobar hai pouco tempo, no corredor de infantil houbo unha granxa de animais feita con material de refugallo e plastilina, pero sobre todo con amor e ilusión. Esta granxa fixérona os nenos e nenas de 3º de infantil logo dun intenso, dinámico e moi divertido traballo.

Como facemos en todos os nosos proxectos, comezamos por aprender con xogos variados o vocabulario que imos a traballar. Logo de aprendelo e xogar con el, cantamos e escenificamos varias cancións populares en inglés onde nos tocou representar a moitos dos animais que podemos atopar nas granxas.
Despois puidemos ver e escoitar a historia de Old MacDonald e outra onde os animais montan en tren facendo que este non se poida mover, tendo que desmontar os animais un a un para axudar ao tren a moverse. 

Farm vocab learning

Farm video

Farm games

Farm train song


Unha vez feito isto, coloreamos unhas fichas onde cada un dos nenos e nenas tiñamos que intuír primeiro e indicar despois de que cor era cada número para logo colorealos desa cor.

Farm colour by number


Se isto de por si xa parece divertido, máis o foi aínda facer a nosa propia granxa e Ana MacDonald. En primeiro lugar, collemos material de refugallo e despois de darlle forma, pintámolo ao estilo da historia. Despois, saímos á carballeira para buscar ramiñas e líquen para poder facer as árbores. E como nos sobrou un pouco de tempo, quedamos alí para xogar un pouco. Foi moi divertido! Para continuar, fixemos os nosos propios animaliños de plastilina. E para rematar, coloreamos uns debuxos que serían o fondo da granxa. 

Farm painting

Farm twigs and lichen

Farm oak grove

Farm trees

Farm animals

Farm colouring

Farm finished

Como podedes comprobar, foi moi completo, pero sobre todo e máis importante: foi divertido, tal e como máis nos gusta e como mellor aprendemos os nenos e nenas.