1 de mayo de 2014

Visita Casa das Ciencias



foto 1


As nenas e nenos de 2º de Primaria visitamos a casa das Ciencias e o Planetario.
Rosa foi a nosa monitora pola Casa das Ciencias e José polo Planetario. Explicáronnos todas as dúbidas que lles formulamos e participaron  moi activamente con nós para que as aprendizaxes foran significativas e gozosas.
Rosa falounos da rotación do noso planeta, A Terra, e mostrounos como funcionaba o Péndulo de Foucault, tamén comprobamos como a enerxía pode transformarse en forza, e a forza en enerxía e vimos como nacían os poliños dos ovos.
 A David,  gustoulle moito o experimento con cronómetros, e a Mar o da oscilación dun péndulo  dependendo da lonxitude da corda, a nós.  Toooodos!!!… o da pelota, a pompa de xabón, os de deslizamentos, os de xogos de visión, os …. Había tantos!!!
  Logo subimos ao Planetario e alí vimos a proxección da “Nena que sabía camiñar ao revés” Foi fantástica!!! José adicounos un ratiño especial despois da película e amosounos o Planetario tal e como o ven as e os maiores.  Contounos cousas moi interesantes sobre a lúa, as estrelas e os planetas. Falounos das Constelacíóns e debuxounas no teito para aclararnos por que foran denominadas así. Agradecémoslle moito a súa colaboración.


foto 2
foto 3
foto 4
foto 5
foto 6
foto 7
foto 8
foto 9


Xa, ao rematar, fomos a xantar coas nosas compañeiras e compañeiros de primeiro e terceiro de primaria ao parque de Santa Margarida.
 Xa vedes día completo, cheíño de emocións e saberes.

foto 10









No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!