Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas

27 de diciembre de 2012

Os Bolechas en Lugo




Que ben o pasamos onte!!! verdade que vos gustou??

Dende aquí queremos agradecer a Bolanda o agasallo de Nadal que trouxo para  todos os  nenos e nenas de Infantil do cole: as invitacións que fixeron que gozaramos dunha tarde do máis especial cos nosos amigos Os bolechas na estrea da súa xira "Brincabolechas, circo de Nadal"  en Lugo.

Nós coñecémolos ben pois nas nosas aulas sempre están presentes os seus contos coas súas aventuras, trastadas e tamén os libros de investigar que nos dan moita información nos proxectos de aula.

O espectáculo foi do máis ameno con música,  maxia, malabares, acrobacias e as nosas personaxes favoritas: Carlos, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa. E saber que imos poder seguir lendoos en novas aventuras é moi emocionate. Grazas unha vez máis.

E se queredes seguir as novas desta familia non vos perdades a súa páxina chea de sorpresas!!!

Os Bolechas



30 de noviembre de 2012

Galén Christmas Camp

Xa se achega o mes de Decembro e as vacacións de Nadal polo que queremos propoñervos un moi apetecible plan para gozar deste tempo de lecer e facilitar ao tempo a conciliación familiar e laboral dos papás e mamás.

Trátase dun campamento de Nadal para nenos e nenas de 3 a 10 anos divididos en grupos de idades e con actividades de carácter fundamentalmente lúdico en inglés e en dúas quendas de tres días nos meses de decembro e xaneiro. O horario será de 10 a 17hrs con posibilidade de ampliación horaria e aberto tamén a nenos e nenas de fóra do centro.

 Aquí vos deixamos o cartel e se queredes máis información non dubidedes en consultarnos.

Tedes máis información na web do cole.

25 de septiembre de 2012

Oferta cultural para os máis pequenos

Xa sabedes que tamén nos gusta informarvos a través do blog da oferta cultural de algunhas institucións non só da nosa cidade, senón tamén das máis cercanas ou daquelas outras nas que cremos que merece a pena un pouco de desplazamento dada a calidade que poden ofertar.
 Recomendámosvos coma sempre que periodicamente visitedes a oferta do Teatro Colón de A Coruña que teñen unha ampla programación infantil ao longo do curso.
No Palacio da Ópera tamén teñen unha oferta musical e teatral de calidade.
 E agora que xa empezou a funcionar, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela temos xa a dispoñible a primeira porgramación de música clásica dirixida ao público máis pequecho. Chámase PEQUECLASSIC e premendo enriba xa vos redirixe ao sitio.

 Pero para facilitar a visita periodica a estes sitios, quedan permanentemente enlazados na columna da esquerda do blog que chamamos "para curiosear". Non deixedes de visitar porque ao longo do curso aparecen novidades.

 Da oferta da nosa cidade xa vos iremos informando. De momento podedes ir vendo os avances na programación do San Froilán, que coma sempre conta coa sección especial para nós chamada San Froilanciño.
 E para arrancar antes das festas con algo de humor, non deixedes de asistir ao Festiclown. Aquí tedes o programa.

 Esperamos que gocedes dos diversos espectáculos e....xa nos contaredes nas aulas!!!

4 de julio de 2012

Verán en Lugo

Xa rematou o curso siiiiii!!!! e con el chegan momentos para gozar da familia, da area e a auga, dos xogos con outros nenos e nenas, das viaxes e... en fin, uns días para gozar de novas aventuras e experiencias.
 Nós tivemos un curso moi moi intenso e gozamos moito das actividades dentro e fóra do cole, compartindo emocións, sensacións e novas experiencias cos nosos compis e cos nosos profes. Bueno, e tamén con vós, familias e este curso tamén foi moi enriquecedor grazas á vosa colaboración e confianza no noso  proxecto pedagóxico. Grazas, foi un curso xenial!

Dende aquí queremos recomendarvos algunhas ofertas culturais da cidade para este verán.
Xa sabedes que o que as nosas profes recomendan que fagamos nestes dous meses é gozar da familia, da natureza, das bibliotecas e lectura de miles de contos e nos recomendan que asistamos a todos aqueles eventos culturais (música, teatro, contacontos, danza ....) que contribúan a aumentar e enriquecer a nosa intelixencia cultural.
 Aquí tendes algunhas propostas, esperamos vervos nalgunha delas!
 Programa Cultura Aberta 2012

  E o Blog tamén se vai de vacacións, así que ....vémonos en setembro!!!!!

 BICAZOSSSSSS!

26 de diciembre de 2011

Teatro en Lugo no Nadal

Xa sabedes que tamén dende este blog vos informamos da oferta cultural para os máis pequechos na cidade. Non esquezades visitar de cando en vez o sitios recomendados na coluna da esquerda. Aí podedes atopar moita e moi variada programación cultural infantil en toda Galicia.

Déixovos aquí o enlace ao programa de Nadal da área de cultura do concello de Lugo. Mañá ás 18:30 no Gustavo Freire teremos aos títeres Trompicallo con "O día que chegou unha nube e choveu". Pinchade aquí.
O mércores 28 tamén ás 18:30 non vos perdades a función da compañía Matapiollos que desta volta nos agasalla con "A rebelión do monicreque". Seguro que non vos defrauda porque desta compañía podería recomendarvos calquera das súas montaxes. Mirade aquí.
Consultade aquí o programa de Nadal e xa sabedes: animádevos a participar da oferta cultural da cidade!

Nestes días seguiremos contándovos as cousiñas que fixemos en Nadal.
Seguiremos informandooooooo!!

5 de octubre de 2011

San Froilán Miúdo

Este é o nome da programación infantil para as festas de San Froilán, e queremos animarvos a participar delas xa que as festas, ademais de para gozar delas coa familia, as xuntanzas, os paseos e as atraccións, son unha oportunidade para poder gozar aquí na nosa cidade dunha maior oferta cultural con espectáculos teatrais, musicais, circo, danza etc....
Para ver o programa e ir organizando a vosa axenda cultural festeira, premede AQUÍ.
Neste mesmo sitio podedes atopar toda a programación para adultos e...non tan maiores eh?!! porque moitas das actividades que aparecen fóra do apartado infantil seguro que tamén nos poden facer gozar e participar da festa como os pasarrúas, música tradicional, algún concerto.....xa nos contaredes!

E aproveitando esta entradiña sobre oferta cultural, recordade que no menú da esquerda podedes atopar información sobre espectáculos fóra e dentro de Lugo ao longo de todo o ano, que esperamos vos anime participar.
Pasade un bo San Froilán!!!!

6 de mayo de 2011

Obradoiro Pesdelán


Este sábado, ás 12:00 no Museo Provincial de Lugo a asociación lucense prolactancia materna Bico de Leite organiza un obradoiro de baile con Pesdelán, que recordades é o grupo da profe de música Uxía do que xa vos falamos algunha vez.
É un acto aberto a todo o público así que non perdades a oportunidade de pasalo xenial e gozar do baile e música de Pesdelán.

31 de marzo de 2011

Achegarte


Esta fin de semana, 2-3 de abril, celébrase en A Coruña a Feira da Cultura "Achegarte" e as nosas profes recoméndavos que nos levedes xa que a programación infantil é moi apetecible e variada. Danza, teatro, música, literatura, obradoiros de arte...farán que os máis pequenos da casa o pasemos moi ben e que a experiencia poida aportanos moito.

Destacamos que na programación está Pesdelán coa profe do cole Uxía da que xa vos falamos algunha vez aquí.
Deixámosvos o programa para que vaiades escollendo (non será doado)

Xa sabedes, fin de semana cultural aí ao lado, na Coruña...gozádeo!!!