Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas

12 de septiembre de 2014

Empezamos un novo curso!!!

Ola!!!
benvidos e benvidas de novo a este espazo neste novo curso que comezamos.
Damos a benvida ás familias que este curso se incorporaron de novo, tanto de 1º EI como nos diferentes grupos de Infantil e 1º 2º de EP.

Este é un espazo a través do cal poderedes ir vendo, como se dun furadiño se tratase, o que acontece nas aulas, no cole e tamén fóra del. Ademais nos gustaría que participarades en cada unha das entradas a través do espazo "Comentarios" para darlle un pouco máis de dinamismo e  que sexa tamén un lugar de intercambio.


Este ano temos algunhas novidades que iremos e iredes descubrindo con nós. Hoxe queremos falarvos da "Aula Máxica" un lugar do máis acolledor onde temos diferentes espazos: zona de biblioteca e lectura, zona de creación plástica, de movemento, rincón musical....e unha chea de emocións que vivir alí dentro.

Aula Máxica
Seguide atentos cada semana a este espazo!!!

Vémonos entón por aquí!!! un biquiño moi, moi grande e.....empeza a aventura!!!




11 de septiembre de 2013

Un novo curso...novas experiencias!!!


Benvidos e benvidas de novo a este espazo común que inauguramos co inicio do novo curso!!!

Queremos  darlle a benvida, como cada ano, ás novas familias que inician xunto aos seus fillos e fillas unha nova etapa na que a escola se integra como parte importante do día a día. E será aquí, a través do blog, onde poderedes ir vendo o que acontece na aula e fóra dela. Gustarianos moito contar coa vosa participación a través dos comentarios que podedes facer debaixo de cada unha das entradas.

Propoñémosvos que cada semana visitedes o blog na compaña dos vosos fillos e fillas e así poidades comentar xuntos as diferentes actividades. É unha boa maneira de falar con eles sobre o cole e unha ferramenta para que vos conten como viven as diferentes experiencias escolares.
Vós podedes ser tamén os "escribintes" do que eles/as queren contar e reflectir nos comentarios. Veña animádevos!!! fagamos deste espazo virtual un lugar de encontro!!!

E para ir abrindo boca aquí vos deixamos algunhas fotos dos primeiros días. estade moi atentos e atentas que iremos mostrándovos imaxes do periodo de adaptación e o incio de novas rutinas como o comedor, a sesta, os momentos de xogo e aulas, etc...

Ola a todos os lectores e lectoras do blog!!!
os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria empezamos o cole o pasado luns con algunha que outra novidade (para os máis pequechos eran todas novidades jeje) que fixo que a nosa volta á escola fose se cabe aínda máis emocionante.

patio

Entusiasmounos o reencontro cos compañeiros e compañeiras, coas profes, cociñeiras....e con espazos como o patio e a carballeira con sorpresas como....

Area de praia no areeiro par poder xogar descalzos (mentres o tempo o permita)
area nova


 e un estanque na horta onde pouco a pouco irán facendo a súa casa moitos animaliños e prantas (de momento hai unha parella de libeliñas que cando sexamos quen de fotografar vos amosaremos).


poza


Os nenos e nenas de 1º de EI estamos neses primeiros días de adapatación a todo o que para nós é novo. Aquí podedes vernos na aula.


Esto foi só un petisco!!! nestes días teredes moitas máis novas e fotos.

Esperamos os cosos comentarios!!!

22 de febrero de 2013

Novidades no blog!!!

Bueno, algunhas das novidades que queremos contarvos saltan á vista verdade??
 Siiii, estreamos nova imaxe e iniciamos ademais unha nova etapa con novos compañeiros e compañeiras de viaxe: os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria!!!
 E é que como  traballamos moito xuntos: obradoiros internivelares, saídas conxuntas, obradoiro de Saca a lingua e moitos proxectos que irán xurdindo,  quixemos tamén ter este espazo en común no que compartir algunhas das cousiñas que vivimos nas aulas e fóra delas.
Ademais coa súa participación tamén vos queremos mostrar a contunuidade que queremos nas dúas etapas xa que rematar a Infantil e inciar a etapa de primaria no cole Galén non supón unha ruptura senón todo o contrario. As nosas profes e todo o equipo educativo traballan día a día para conseguir que os nenos e nenas sigamos sentíndonos seguros, confiados, acollidos e tranquilos cunha liña metodolóxica común e coherente entre as etapas.
 Esta é uha nova etapa con novos retos para este espazo compartido con vós familias e tamén de cara a abrirnos ao exterior na que esperamos seguir contando coa vosa participación.

Grazas por seguirnos!! Esperamos os vosos comentarios!!


13 de septiembre de 2012

Empezamos o cole!!! curso 2012-13

blog2

 Xa sabemos que moitos de vós estabades xa esperando novas a través do  blog e...pedimos disculpas por esta tardanza pero entre os preparativos nas aulas, os recibimentos e o intenso dos primeiros días non puidemos inicialo antes.

Aquí estamos un ano máis, famillias, mestres, nenos e nenas iniciando un novo curso con moitas ilusións, expectativas e proxectos. Dende aquí damos tamén a benvida ás novas familias de 1º EI e darvos a todos e todas as grazas por seguir confiando en nós, en todo o equipo de Galén Centro Educativo, para acompañarvos na aventura de medrar cos vosos fillos e fillas, facendo xuntos o camiño (de aí a foto dos seus peíños)
 Para as familias que vos incorporades agora, e tamén para as que xa sodes seguidoras, lembrarvos que este blog pretende ser unha vía de comunicación entre o cole e a casa, para que vaiades vendo algunhas das cousiñas que vivimos nas aulas e fóra delas. E dicimos algunhas porque a verdade é que non somos quen de plasmar todo o que nos acontece...son tantas emocións, tantas sensacións e descubrimentos.....

Esperamos os vosos comentarios e aportacións para enriquecer este blog e poder facelo un pouco máis ameno e participativo. Xa sabedes, ao final de cada entrada tedes o espazo para os comentarios
Animádevos que vos esperamos con ilusión!!!

E...claro que si!!! en breve teredes fotos destes primeiros días de cole......estade atentos!!

Benvidos e benvidas ao Blog de Educación Infantil!


2 de septiembre de 2011

Empezamos novo curso!!

colores
Si si, xa estamos a preparar todo para cando cheguedes!!!
Iniciamos unha nova aventura, un novo curso cheo de sorpresas, emocións, experiencias, sentimentos...música, amizades, xogo, natureza ......o vindeiro 7 de Setembro ás 10:00 para os nenos e nenas de 2º e 3º de EI e ás 10:30 darémoslles a benvida aos máis pequechos da etapa que inician por primeira vez a experiencia escolar no cole dos grandes, todo un reto!
Este curso serán Carmen en 1º EI, Cristina en 2º EI e Catuxa en 3º EI as titoras que xunto con Conchi, Ana English e David, vos acompañarán nesta fermosa tarefa de medrar, de aprender, de convivir cos outros e gozar do tempo de lecer, da natureza, dos contos e de tantas e tantas historias que imaxinar, que contar, que ler, que escribir.....

Nós xa estamos con moitas ganas de vervos a todos e todas!!!.
Ata mércores!!!

16 de noviembre de 2010

Benvida


Dámosvos a benvida ao blog de Educación Infantil de Galén que nace tentando converterse nun espazo de comunicación para toda a comunidade escolar.
Abrímolo coa primeira festa do curso: O Magosto. Do mesmo xeito que esta festa nos liga á natureza e ás tradicións, neste espazo queremos compartir o noso propio ser e a forma na que medramos, aprendemos e gozamos do noso contorno.
Tentamos que sexa interactivo e así como nós vos comunicamos as nosas experiencias e emocións agardamos que vós nos acheguedes as vosas opinións, os vosos intereses e todo aquelo que queirades compartir.
O blog inicia a súa andaina e como se dunha criatura se tratara entre todos e todas axudarémolo a medrar