26 de abril de 2016

Unha irmá música na aula!!

Tamén os nenos e nenas de 3º EI tivemos unha visita musical e moi moi especial!!! E desta volta foi a irmá de Manoel que veu a contarnos cousiñas sobre o violoncello e a deleitarnos con algunhas pezas.

violoncello 4 
 Descubriunos algúns segredos do seu instrumento, o nome das súas partes e cousas ben interesantes. Ademais tocounos dúas pezas e....o que estabamos desexando....ensinounos a tocar un chisquiño: postura, como coller o arco e onde frotar as cordas e tamén aprendemos unha palabra que nos encantou  "pizzicato", un xeito de tocar as cordas co dedo en lugar de frotalas co arco.

violoncello 2 violoncello 1 violoncello 3 
Grazas Carme por acompañarnos e facer desta tarde musical unha tarde ben emotiva.

24 de abril de 2016

Participamos na Semana da Ciencia

As nenas e nenos de 1º EP tamén participamos na Semana da ciencia cun traballo sobre o efecto invernadoiro. Investigamos a composición da atmósfera e os gases de efecto invernadoiro, tamén reflexionamos sobre as accións que realizabamos que deterioraban a atmosfera e polo tanto ao noso planeta. E, o máis importante, pensamos que cousas podiamos facer para conservar o planeta.
Para entender o efecto invernadoiro sobre os seres vivos realizamos un experimento con dúas plantas e unha caixa de plástico.

  ciencia 1 ciencia 2 ciencia 3 
Anotamos a temperatura dentro e fóra da caixa cada dous minutos, durante 14 minutos. A inicial era de 20ºC nos dous casos. Mentres que fóra a temperatura non variou, dentro subiu ate os 29ºC.
O máis emocionante foi expoñer o noso traballo ás compañeiras e compañeiros do cole e escoitar as explicacións que nos daban eles.
  foto 5
foto 4


 Moi interesante!!!


22 de abril de 2016

Uns clarinetes mooooi especiais!!!

Fai uns días na clase de música da clase dos Dragóns e da clase de 1º Ep tivemos a sorte de contar cun concerto didáctico en exclusiva.
Viñamos de investigar nas anteriores clases como son e como soan algúns instrumentos das diferentes familias: o piano, o violín, o contrabaixo, o xilófono, ... E para ensinarnos como funcionan os instrumentos de vento viñeron dous "grandes clarinetistas" , polo menos para Xabi e Antía seguro que son os máis grandes.
Nuria e José Luis ensináronnos as diferentes partes  e segredos do clarinete para logo tocar os grandes éxitos que todos e todas coñecen. Pasámolo xenial e aprendemos un montón sobre o clarinete!

Moitísimas grazas Nuria e José Luis!

18 de abril de 2016

Visita á Casa do Home

     
As nenas e nenos de 1º de E.P. fomos visitar a Casa do Home en A Coruña.O museo era moi grande, e había moitas cousas para ver e tamén para tocar. 

Empezamos por probar a nosa resistencia colgándonos dunha barra: un, dous, tres, catro....! 

domus 1
domus 2
e a nosa flexibilidade!!!

Que bolboretas tan bonitas, todas diferentes, grandes, pequenas, de distintas cores..
Tamén sentimos como se movía un bebé na barriga da súa mamá,  e ademais un video dun parto.
domus 4
Comparámonos co home máis grande do mundo.......que baixiños somos!
domus 5
Nos espellos estabamos moi raros, alargados... gordisimos...
domus 6

De que lado estou tocando, da dereita ou da esquerda?
domus 7
Despois pasamos a través dun corazón, que susto!
domus 8
E, para que sirven todas estas ferramentas?,  coitelos de pan, de queixo, de carne...
domus 9
Tamén probamos quen era capaz de concentrarse mellor con este artiluxio divertidisimo.
E ademais, tocamos, probamos, escoitamos, miramos....

domus 11
domus 12domus 13
E por último, fixemosnos unha foto cos nosos antepasados.
domus 14

Pasámolo moi ben!!!

14 de abril de 2016

Nuria cóntanos moito sobre tartarugas

Ola a todos e todas!!!
Fai uns días estivo compartindo cos Dragóns un anaquiño a nai de Xabi, Nuria. 
Contounos un montón de cousas sobre as tartarugas:...como nacen, que comen, as súas partes,.... Descubrimos que hai moitas tartarugas diferentes e que hai tres tipos: de terra, de auga, e as mariñas. Estivemos moi atentos a todo o que Nuria dicia e gozamos moito de todo o  aprendido. Ensinounos diferentes tartarugas nunha presentación que puidemos ver no ordenador xigante.


Colaboración Nuria Corro

O que máis nos gustou foi poder tocar e ver o caparazón e o peto dunha tartaruga boba e os esqueletes de outras dúas tartarugas máis pequerrechas. Puidemos ver os seus ósos e como son por dentro. Ademais Nuria trouxo unha tartaruga disecada que parecía que ía camiñar en calquer instante... Non sabedes o moito que gozamos de tantas cousas que poder ver e sentir coas nosas  propias mans.

Colaboración Nuria tartaruga

colaboración Nuria presentación


colaboración Nuria esqueletes

Colaboración Nuria caparazón

 E para que seguiramos investigando deixounos moitas fotografías de tartarugas coas que estamos a facer un precioso mural que pronto veredes.

colaboración Nuria Fotos
 

Cantas emocións e que ben o pasamos!!
 Moitas grazas Nuria por preparar tanto a túa colaboración e por pasar un ratiño con nós.

E aos demais papas e mamas...... xa sabedes esperámosvos para compartir xuntos calquer actividade porque o importante é compartir un anaquiño de día xuntos no cole. Agardámosvos


< https: dateposted-public="" in="" photos="" title="Dragóns e Nuria" www.flickr.com="">Dragóns e Nuria