24 de junio de 2015

Saída a Santo Anxo 2015


Unha das actividades de fin de curso que nos gusta moitisimo, e que cada ano estamos esperando con moita ansia é a visita ao Santo Anxo de rábade.
Alí estaban esperándonos, como todos os anos, Alberto e Enrique, con moitas ganas de compartir con nós os seus saberes sobre as aves.

Ao longo da mañá visitamos as diferentes casiñas dos patos, os ñandús, os cisnes, faisáns.....e unha chea de nomes que aprendimos.


Santo Anxo 1

Santo Anxo 2

Santo Anxo 3

Santo Anxo 4
Despois, e sentíndonos grandes aventureiros e aventureiras, fixemos unha rota ata chegar á Lagoa do Rei. Aquel é un lugar máxico e moi bonito, onde as aves aniñan no inverno e veñen dende moi lonxe a pasar aquí a estación máis fría.
 
Santo Anxo 5
Despois de taaaanto esforzo e de un tempo de xogo, foron chegando as familias para compartir con nós o tempo de xantar e de xogo.
Santo Anxo 6

Santo Anxo 7

Santo Anxo 8
Foi un día estupendo. O sol acompañounos toda a xornada e o entorno axudou a que experiencia fose moi positiva. Grazas ás familias por compartir este día de despedida de curso. 

Santo Anxo 9

23 de junio de 2015

Saída a Garabullos 2015


Ola a todos e todas!!! Traemos moitas novidades que contarvos, xa que fomos de excursión tres días a Garabullos, unha granxa escola que está moi preto do cole, en Cospeito.

Ao longo de todo o curso tivemos moitas saídas e visitas, pero esta foi mooooi diferente porque durmimos fóra da casa sen papá e mamá, porque estivemos en contacto coa natureza e os animais, nun entorno rural que, en xeral, é diferente ao que nos rodea habitualmente e porque, en definitiva, tivemos que ser moi moi maiores para lembrarnos e responsabilizarnos en todo momento das nosas cousas, tarefas e rutinas.
 E sabedes que?... Obxectivos cumpridos!!! Fixémolo xenial, aprendemos un montón de cousas, aumentamos a nosa autonomía, adaptámonos ás normas e rutinas do novo contorno, fixémonos responsables dos animais da granxa e todo isto pasándoo xenial...
Pero será mellor que vos ensinemos o ben que o fixemos, así que aquí vos deixamos as fotos!

O mércores saímos do cole, algúns un chisco tristes e nerviosas e nerviosos por despedirnos das nosas familias, pero pouco a pouco esa peniña foi substituída polo entusiasmo e a ilusión coa que partimos en busca de aventuras!!!

Garabullos 1 Bus ida
 

Garabullos 2 Bus ida

Chegamos a Garabullos e Lume contounos s unha fascinante historia:
 Lume é un dragón enfeitizado convertido en persoa pola Meiga, que cando se enterou de que Lume e máis o seu irmán Fume axudaran a Pit nas tarefas da granxa usando a maxia, enfadouse moito descubriuno ao probar un pan cocido con lume de dragón e non no forno).  Así que  converteu a Lume en persoa e a Fume noutro animal. A cousa é que  Lume  non sabe en que animal porque agora non ten a capacidade de falar con outras especies, pero escoitou dicir que os nenos e nenas sí teñen esa capacidade e pídelles axuda para comunicarse co seu irmán e volverse a ver.
Deunos peniña que Lume e Fume estivesen separados, así que propuxémonos atopalo! Ao rematar a historia de Lume coñecimos ás monitoras que nos acompañarían estes tres días e ás rapazas da casa: Patri e Yoli, que nos fixeron unhas comidas riquísimas. E todas conseguiron  que esta experiencia fose divertida e que nos sentísemos coma na casa.

Garabullos 3 Chegada
 

Visitamos as instalacións nas que atopamos cabras, ocas, burro, eguas, coellos, galiñas... e preciosos cans: Moza, Breda, Cheiro... cos que fixemos moi boas migas e pasamos os tres días dándolles  moitos mimos. Ao longo destes tres días estivemos moi pendentes do coidado de todos os animais, mirade que fermosos están logo dos nosos mimos...

Garabullos 8 Animais
 

Garabullos 9 Animais

Tamén tivemos xogos cooperativos e xogos de auga, nos que ademais de mellorar a nosa psicomotricidade e a nosa confianza e autoestima, tamén o pasamos xenial compartindo, escoitando e colaborando!

Garabullos 10 Xogos1
 

Garabullos 11 xogos cooperativos

Garabullos 12 Xogos de auga

Garabullos 13 - Xogos coop.

Para facernos cargo das novas tarefas e responsabilidades precisamos coller forzas dende primeira hora da mañá e ao longo do día cos ricos almorzos, comidas e ceas ....mmmmm

Garabullos 4
 

Garabullos 5 Almorzo

Garabullos 6 A media mañá

Garabullos 7 Comida

Garabullos 7

Houbo tempo para gozar da natureza tirados en mantas mentres Mila nos contaba contos aproveitando o silencio e calma do contorno así como o bo tempo que nos acompañou... 

Garabullos 17 Conto

Tivemos tempo tamén para facer uns ratos moi xeitosiños para xogar logo con eles mirade, mirade!

Garabullos 20 Obradoiro

Entre tanto axetreo e actividades precisamos descansar e durmir para logo espertar con renovadas enerxías e moi moi guapos e guapas até sen peitear!!!

Garabullos 15 Espertar
 

Garabullos 16 Espertar

E menos mal que fomos recuperando forzas porque non paramos! Fomos ao bosque en busca de aventuras e atopámolas.
Se  lembrades tiñamos unha misión: atopar a Fume e..... alá fomos! Polo bosque  tamén fomos atopando sinais de Pit, o trasno que nos gastou bromas mentres estivemos de visita, así, no bosque atopamos o pixama de Aldán, as zapatillas de Alexandra, o móbil de Cris... e outros tesouros que nos demostraron que Pit é un bromista!

Garabullos 14 Pit
Como nos encantou o bosque voltamos outro día, esta vez para avistar un niño de cegoñas...

Garabullos 21 Cegoñas
 

Garabullos 22 Cegoñas

Garabullos 23 Cegoñas

E como non, tamén tivemos tempo para mellorar as nosas aptitudes culinarias e cociñar un exquisito biscoito para celebrar o aniversario de Cayetana, que cumpliu con nós os 6 anos!!! Mirade que ben o pasamos cociñando e probando (por suposto!!!).

Garabullos 18 Cocinamos
 

Garabullos 19 Cocinamos

O xoves á noite celebramos a festa de despedida e o cumple de Caye, degustando a exquisita tarta que fixeramos .... mmmm aquí vos deixamos fotos da celebración (sentimos a calidade das imaxes pero bailamos e xogamos taaaaanto que as fotos tamén saen movidas!)

Garabullos 24 Cea cumple
 

Garabullos 25 Festa

Voltamos o venres, esgotados e un pouquiño tristes pola despedida pero tamén contentos e contentas porque voltamos á casa e desexosos de vervos aos papás e mamás, darvos uns mimos e contarvos todo o que vivimos e o ben que o pasamos.
Estes tres días foron unha experiencia que nos aportou moitísimo e nos axudou a medrar un pouquiño máis. Mirade que cariñas traiamos no bus de volta... 

Garabullos 26 Bus volta
 

Garabullos 27 Bus volta

Agardamos que gozarades vendo o ben que o pasamos e o moito que aprendimos, gozamos e medramos na nosa saída! 
Biquiños mil a todos e todas!!!

15 de junio de 2015

Músicos e música na aula 4

O último en pasar pola clase a contarnos cousiñas do seu instrumento foi Manuel Elías, compañeiro de 4º EP que toca o violín. Xa nos viñeran a contar algunhas cousas de instrumentos de corda pero este ten algo diferente: o arco. Non se trata dun arco cos que se cazaban antigamente os animais, non!!! É un arco co que se fregan as cordas do violín para conseguir un son hipnotizador. 
Puidemos ver como na familia da corda fretada existen varios instrumentos como o contrabaixo, o violonchelo (chelo para os amigos) ou a viola. 
Manuel ensinounos todos os segredos deste instrumento tan especial e tamén nos amosou o ben que o sabe tocar. Non debe de ser nada doado!!!

 Graciñas Manuel por esa tarde tan divertida.


Manuel Elias 1 Manuel Elías 2

14 de junio de 2015

Músicos e música na aula 3

Hoxe imos a falarvos de Antón, compañeiro de 3º de EP que tamén quixo compartir con nós a súa paixón pola música. Antón toca a batería.
Resulta que a batería é como se collésemos un montón de instrumentos de percusión, os puxésemos xuntos e decidísemos tocalos todos. Difícil, non? Pois Antón conségueo. É un fenómeno. 
Para elo ten que empregar mans e pés pero o resultado é espectacular. 
Deixámosvos unhas fotos do que foi esta tarde tan chea de ritmo e rock. 
Grazas Antón. 

antón 2 antón 1

13 de junio de 2015

Músicos e música na aula (2)

Nesta  ocasión  foron Ignacio e Carmen, alumnos de 1º ESO, os que nos achegaron dous instrumentos ben distintos pero que no fondo teñen un eixo común: as cordas que producen os seus sons. 
A guitarra, tan bonita, sensible e seguramente xa coñecida por nós pero que Ignacio nos axudou a coñecer un pouco máis deleitándonos logo coa súa música. 
E o piano, ese instrumento tan espectacular que se volve máis impactante se cabe en canto se despeza e vemos todo o que ten no seu interior: unha morea de cordas, mecanismos... 
Foi unha tarde moi divertida e chea de música.
 Grazas Carmen e  Ignacio.


carmen ignacio 3
carmen ignacio 2
carmen ignacio 1
 

11 de junio de 2015

Músicos e música na aula 1

Nestas últimas semanas varios compañeiros e compañeiras de primaria e secundaria acudiron ás aulas de infantil para compartir con nós unha das súas afección.
Todos e todas elas  teñen un gusto común como é gozar coa música e quixeron aproveitar para achegarnos a nós dita motivación e coñecementos. Saben un montón de cousas e puideron resolvernos unha chea de dúbidas. 
Hoxe imos a falar de Catuxa, alumna de 6º de EP que nos presentou o clarinete. Un instrumento de vento cheo de segredos como por exemplo que todo o clarinete sería inservible se non tivese esa pequena lingüeta que vibra e o fai sonar cando sopramos. As súas chaves tan brilantes, a madeira negra da que está feita, ou todas as pezas que o compoñen xa non son un segredo para nós. Ademais de todo iso tocounos unha canción ben coñecida por nós. 
Foi moi divertido!!!. 
Graciñas Catuxa. 

catuxa 1
catuxa 2
Catuxa 3
 

10 de junio de 2015

Comedor Maio

E xa estamos a piques de rematar o curso siii!!!! Aquí podedes ver ás familias que no mes de maio compartiron con nós este momento tan especial que é o xantar. Grazas familias por compartir con nós este ratiños, foi un pracer. 

Comedor Pablo e Miguel

Lucía y Sara comedor


 


Comedor Antía


Comedor Álvaro