Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros. Mostrar todas las entradas

13 de enero de 2016

Os Luns...Obradoiros Internivelares!!!

Este luns estivo cheo de emocións!!!!
Pola mañá comezamos os espazos de aprendizaxe dos que xa vos contaremos cousiñas máis polo miúdo moi pronto....E pola tarde..... os OBRADOIROS INTERNIVELARES nos que participamos os nenos e nenas de infantil e  1º de primaria.
Este ano temos catro obradoiros e as nosas profes fixeron catro grupos nos que hai nenos e nenas de todos os grupos que iremos pasando por cada un deles cada semana. 
Este luns xa fomos ao primeiro.... 
¿Queredes saber cales son?

                                  O HORTO con Mila
horto


                                      AS EMOCIÓNS con Catuxa
intelixencia emocional


                    A COCIÑA con Carmen
cociña

                               ARTISTAS con Andrea
Artistas

Este primeiro día foi moi divertido, Temos moitas ganas de que chegue a tarde dos luns para poder saber a onde nos toca ir e gozar de todas as sorpresas que nos agradan en cada un deles!!!
Estade atentos ao blog pois iremosvos contando que facemos en cada un deles.

De momento......Bicos mil!!!

18 de octubre de 2015

Obradoiros para a tarde do martes

As nenas e nenos de 1º e 2º de EP inciamos xa os obradoiros dos martes.
As nosas profes estaban un pouco emocionadas con todo o que nos tiñan preparado.
No de música descubrimos a forma na que  os contos poidan ser   máis intensos se cabe  e  de que o noso sentido do oído se agudice......
E....como? pois creamos un conto con música ou fixemos música cun conto.. como  máis vos guste.

foto 1

foto 2
foto 3

Con Selene, a profe do obradoiro de inglés, mergullámonos no conto da Carapuchiña Vermella: cantamos, bailamos, pintamos, interpretamos... 
Cantas emocións..! e canto traballo..!
foto 4
foto 5
foto 6


Tamén escribimos cartas, coma as de antes! de amor, de amizade, con palabras bonitas e debuxos cheos de cores para as nosas amigas e amigos doutras clases, cos datos moi clariños para que chegara aos seus destinatarios. 
E xogamos a ser escritores e ilustradoras do noso propio libro. Gustaralle aos nosos compañeiros e compañeiras!
foto 7
foto 8



Foi moi emocionante convertermos por unha tarde en alumnos e alumnas da ESO e BAC para ir á aula de informática. Que maiores nos sentimos utilizando as súas cadeiras e ordenadores!
E que fan os maiores???..pois traballar! A ver: o rato, a pantalla, o procesador.. pero aínda nos quedou tempo para xogar! Podemos volver outro día?

foto 9
foto 12
foto 11
foto 10



Nos vindeiros martes......moito máis!!!!








24 de marzo de 2015

A cociñar!!!!

A tarde dos luns é moi especial e moi divertida para todos os  nenos e nenas de infaltil e os nenos e nenas de 1º de Primaria pois é a tarde dos obradoiros.

Hoxe queremos contarvos o que fixemos este trimestre no obradoiro de cociña. Xa sabemos facer moitas cousas aínda que parezca que non, e si nos axudades un chisquiño na casa podemos facer cousas moi moi ricas e divertidas...

No cole fixemos batidos, probamos a facelos con xeado, iogur e froita,.... Preparamos todos os ingredientes, cortamos,mesturamos, batimos e fomos probando os diferentes sabores e texturas.

Algúns gustáronnos moitísimo e outros......  mirade, mirade como traballamos e como gozamos!!!


Cociña 8


Cociña 10


Cociña 11


Cociña 9


  Na seguinte volta todos e todas fixemos pizza que levamos cada quen  para merendar na casa.....Chegaría  algún anaquiño para probala???

 Fixemos a masa, estirámola, puxemoslle os ingredientes que quixemos e despois dun chisco de forno.... mmmmmm!!!!

 Estaba rica non si???

 Mirade  que ben o pasamos e que concentrados estabamos coa nosa pizza!!

Cociña 12


Cociña 4


Cociña 2


Cociña 1


Cociña 7


cociña 6


Cociña 5


Cociña 3


  Seguide moi atentos e atentas ao que imos facendo porque temos receitas moi apetitosas preparadas para as seguintes voltas. 

Bicos mil!!!

16 de marzo de 2015

Sementar, sementarei... !!!

As nenas e nenos do obradoiro de horto estamos moi atarefados, achégase a primavera e hai que empezar a preparar os semilleiros para o horto e o invernadoiro.
Comezamos polos tomates, vimos que dentro dos que comemos na ensalada hai sementes e que se as deixamos na terra nacerá unha planta de tomate. Pero tamén se poden mercar, que foi o que fixemos nós.  Sementamos tres variedades: cherry, de ramillete e raf.
Necesitamos, terra, auga e as sementes. Xa temos todo... estamos preparadas!

tomates 1

Enchemos de terra os semilleiros e botámoslle auga, as sementes precisan humidade para xermolar,  e despois co dedo fixemos un furadiño para meterlas  alí ... bueno algúns metemos máis de dúas, e de tres, e de catro....!

tomates 2
tomates 3
tomates 4
tomates 5
tomates 6
tomates 9
tomates 10
tomates 11
tomates 12
tomates 13
tomates 14
tomates 15

Algunhas nenas e nenos fixemos a sementeira na aula porque chovía e facía moito frío para saír fóra, pero o último grupo puidemos ir ao horto, estaba un día estupendo. Canto gozamos!!

Unha vez rematado este priemiro traballo colocámolos no peitoril da ventá para que lle dea o sol. Temos que estar moi pendentes para regalos e non deixar que se seque a terra. Cando medren transplantarémolos no invernadoiro para que sigan medrando e nos dean algún tomatiño.... para a ensalada, ou para a salsa de tomate duns macarróns. Mmmmm... que ricos!!!!

Xa vos seguiremos contando!!!!









21 de febrero de 2015

E os luns... obradoiros!!

Os luns pola tarde temos obradoiros internivelares. Que é isto? pois nos mesturamos nenas e nenos da clase dos dinosaurios, dos caracois, e os maiores do noso corredor, os de 1º de ep. Xuntos gozamos e compartimos experiencias, coñecementos e formas de facer que nos enriquecen a uns e outras.
Neste curso as nosas mestras pensaron que nos gustarían os obradoiros de cociña, horto e construcións.
Xa vos iremos contando o que facemos en cada un deles e o ben que o pasamos, pero para que vaiades vendo, aí vos van estas fotos.

foto 1
foto 2
foto 3

21 de abril de 2014

Obradoiros internivelares: Música e Expresión Corporal


O gusto pola música e a nosa capacidade para expresarnos é algo moi importante no noso crecemento, tanto físico coma emocional. É por iso que este curso temos un obradoiro adicado a esto nos obraodiros internivelares dos que xa vos falamos algunha vez.
As tardes dos luns cociñamos, o seguinte luns imos ao horto e o seguinte a música e expresón corporal mesturados os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria. Para nós é unha  tarde un pouquiño máis especial se cabe.

 Cada sesión do obradoiro comeza do mesmo xeito: ao ritmo de música animada imos entrando en calor dende os nocellos ata o pescozo, preparando así o noso corpo para os xogos que realizaremos. E para mostra, as seguintes imaxes...
Obradoiro Música e E.C. 1
 
Ufff logo do quencemento os xerseis e chaquetas sobran!

Xa estamos listos e listas para a sesión na que alternamos actividades dinámicas con xogos máis relaxados. Os nenos e nenas aprendemos moitas cousas por imitación, representando o que vemos, por isto sempre acostumamos a facer  algún xogo no que somos animais: ssssserpess que ssse arrassstran polo chan, grandes elefantes que se moven de xeito pesadooooo, rápidos e áxiles leóns que avanzan pola selva, tranquilas e cómicas galiñas "Cocorocoooo".
Tamén podemos ser sementes que cunha pouquiña auga medran e se converten en marabillosas flores, árbores que abanea o vento, ondas que se axitan nunha treboada, enormes montañas que  quedan moi moi quietas... Logo somos de chocolate e como vai taaaanta calor... pois claro, derretémonos.

TODO VALE sempre e cando sexa divertido!!! Mirade que posturas!

Obradoiros Música e E.C. 2

Tamén temos moi en conta as nosas emocións... que importante é ser quen de expresar como nos sentimos e facer partícipes aos demais! 
 Así en todas as sesións tamén temos un oco para traballar estas emocións coa expresión corporal que lles corresponde. Facemos xogos nos que temos que representar unha acción ou situación na que xorde un sentimento e os demais teñen que adiviñala e ademais representala:  dende o susto e a sorpresa... ao medo, o enfado, a ledicia ou a tristura, todas elas emocións básicas que nos invaden de cando en vez e que debemos aprender a ver e atender no momento no que xorden, tanto en nós mesmos coma nos demais.

Todos estes xogos axúdannos a aumentar a nosa capacidade para empatizar co resto da xente que nos rodea, para entender aos demais e convivir dun xeito saudable e  feliz. Estaredes dacordo en que as nosas caras o din todo!!! Adiviñade que emocións estamos a representar...

Obradoiros Música e E.C. 3

  Os xogos de roles supoñen un reto para nós xa que temos que lembrar que ou quen somos, como se move, como actúa, como se comunica e manter isto ao longo de todo o xogo. Para levalos a cabo buscamos  ser animais de dous tipos: os que comen herba ou plácton (coellos, vermes, peixes) e os que comen carne (lobos, águias, tiburóns)  MMMMM os animais teñen moita fame e buscan comida, por iso o coello sae comer herba a saltiños, ao ritmo da música, pero de súpeto a música para e aparece no bosque o lobo... que tamén está moi moi famento... e mirade por onde, sempre pasa o mesmo: os lobos queren merendar coello, mirade qué cariñas de velocidade levamos!
Obradoiros Música e E.C. 4
 

Está chegando a hora de recoller e despois  de tanto xogo e movemento precisamos relaxarnos un pouquiño, así que cambiamos a música e poñemos acordes suaves que fan que o corazón latexe máis lento... a respiración tamén acouga... pechamos os ollos... respiramos paseniñamente polo nariz e botamos o aire 
 pola boca...

Obradoiros Música e E.C. 5
 
E cinco minutos despois estamos listos e listas para marchar á casa logo  dunha extenuante sesión. Como vedes gozamos moito e o material que precisamos é: un ordenador ou radio, nós mesmos e moitas ganas de pasalo ben!

Animádevos a facelo vós na casa, calquera momento é bo para divertirse!!

16 de marzo de 2014

Obradoiros internivelares: cociña

Os luns pola tarde é un día moi divertido xa que é o día dos obradoiros internivelares nos que traballmos mesturados os nenos e nenas dende 1º de EI ata 1º EP e imos rotando cada semana a un de entre os tres que temos:horta, coicña e baile.
 Xa vistes hai uns días o que facíamos no obradoiro de horta e hoxe toca contarvos o que estamos a facer na cociña, aínda que seguro que puidestes probar algo do que estivemos a facer....
Estas últimas semanas fixemos magdalenas e  saíronnos boísimas... non si??? Mirade como as fixemos e que ben se nos dá isto de cociñar....


                           obradoiro cociña 2



                               obradoiro cociña 3



                               obradoiro cociña 4



                            obradoiro cociña 5     


                            obradoiro cociña 6

 E aquí vos deixamos a receita das nosas magdalenas, esperamos que vos animedes a facelas un día na casa e xa nos contaredes...


                          .. obradoiro cociña 1



                                                                                 Bicos Mil