Mostrando entradas con la etiqueta educación ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación ambiental. Mostrar todas las entradas

11 de diciembre de 2015

Proxecto lombrigas

As nenas e nenos de EP comezamos un proxecto moi interesante: as lombrigas
Queriamos saber moitas cousas sobre elas: que comen? teñen ollos? teñen fillos? como viven?.. e moitisimas máis!
Pensamos que non horto había moitas, pero que ir todos os días a observalas ía ser un pouco complicado, así é que montamos unha casiña para elas na aula.
Primeiro fomos ao patio a recoller area, e grava miúda e algunha pedra.


lombrigas 1

Montamos o terrario seguindo os pasos indicados e logo metemos as lombrigas que recolleramos no horto, e ate lle puxemos unhas follas de verdura
lombrigas 3
lombrigas 2


Despois con Elia observamos a través do microscopio unha lombriga que atopamos morta, e poidemos ver moitos detalles do seu corpo.....e tamén, un escarabello, que estaba vivo e aínda nos deu algún susto!
lombrigas 4

A investigación continúa... xa vos contaremos..!

28 de octubre de 2015

Rematou a Estadía de Outono

O venres foi o último día de estadía, e a pesares de estar moi cansos aínda nos quedaban folgos para saír de novo ao bosque a seguir explorando.
Fomos a un prado verde e soledado e atopamos.... sapos, chinches, saltóns, arañas...
foto 11
foto 10
foto 9
foto 8
foto 7
foto 6
foto 5
foto 4foto 3
foto 2
foto 1

Pero entre tantos animais e plantas tamén tivemos tempo para cociñar unhas deliciosas madalenas de outono con cabaza e pedaciños de chocolate!!!

foto 19
foto 20

foto 18


Tempo ......paras e  experimentar coas cores e  pintar!
foto 12
foto 13
...para facer festa..
foto 14foto 15
e tamén para descansar!
foto 16
foto 17

estamos desexando que sexa a vindeira !!!


23 de abril de 2015

Sementando o trigo

As nenas e nenos de 1º de EP saímos ao horto a sementar o trigo.
Antes da sementeira veu Alberto, o papá de Claudia de 3º EP, a fresar a terra, e quedou perfecta!
Escollemos un lugar no horto, onde nos parecía que lle ía dar ben o sol.

foto 1

Despois, vimos como eran as sementes de trigo, a súa forma, o duras que eran, e ate probamos para ver que sabor tiñan. Estaba moito mellor o pan!


foto 2


Preparados e preparadas!! Collemos un puñadiño cada un e botámolo á terra, procurando repartilo ben, para que naceran as plantas en todo o terreo.

foto 3
foto 4
foto 5
foto 6
foto 7



Ao rematar, cubrimos a terra cunha tea para protexelos dos paxaros, que lles encanta o trigo!

foto 8


Uff, que traballo tan duro!

9 de marzo de 2012

Maxia!!! de papel vello a papel novo!

Xa fai un tempo que o fixemos, pero non queriamos deixar de compartir con vós esta actividade que fixemos as nenas e os nenos da Clase do Sol que tanto nos impactou.

Na aula temos dous cubos do lixo: un para o papel e o outro para os outros resíduos. Cando vimos que o cubo do lixo do papel estaba moi moi cheo pensamos que poderiamos facer con el, porque xa sabedes, no cole todo pode ter un segundo ou mesmo un terceiro uso. Falamos que nas nosas casas tiramos o papel no contenedor azul e que despois o levan a un lugar onde o comverten outra vez en papel pero....non eramos quen de imaxinarnos tal proceso, polo que decidimos pedirlle axuda a Elia.

Ah!! Elia é a profe que máis sabe de reciclaxe e conservación da natureza e encantounos compartir unha mañá na aula con ela. Grazas Elia!!
E con ela inciamos o proceso:

1º-Picamos en anaquiños ben pequechos os papeliños
anaquiños
anaquiños 2
anaquiños 3

2º-Botámolos nunha tina de auga quentiña ben grande e batímolo con esa SUPERXIGANTE batidora. UAUE!!! era enorme e fixo desaparecer nun tris os papeliños e converteunos en masa de papel.
batir 2
batir

3º-Coa axuda duns bastidores iamos sacando un pouco de pasta de papel e escurríndoa para logo, con unha baeta absorver a maior cantidade de auga e que quedase só a pasta.
escurrir 2
escurrir

4º- Seguinte paso supermáxico: Elia colle a baeta coa pasta e pegada......a coloca sobre o cristal da ventana e.....tacháaaaaaaaaaan!!!! un papel cadradiño ben ben lindo!!!!
ventana 2
ventana

Mirade as nosas caras que o din todo!
mirando

Unha vez secos os sacamos con moito coidado e...a darlles uso!!!

Nós utilizámolos para facer un agasallo no día Internacional da Muller, 8 marzo, para as mulleres que nós consideramos as máis importantes : as nosas mamás.
flores muller
flores muller 2

16 de abril de 2011

Proxecto internivelar- Cambio climático

Ao longo deste segundo trimestre que agora remata, os nenos e nenas de Infantil participamos no proxecto sobre Cambio climático ao redor do cal participamos todos os cursos, dende 1º EI ata bacharelato.
En Infantil centramos o tema no cotiá, no máis cercano para nós porque é o que realmente nos interesa e motiva e a partir do cal somos quen de ir construíndo os concetos máis abstractos. Nesta ocasión centramos a nosa investigación nos residuos que xeramos no comedor: as botellas de plástico de auga. Titulámolo: O NOSO CONSUMO, A NOSA PEGADA facendo referencia á pegada ecolóxica.

A primeira parte do proxecto consistíu en averiguar cantas botellas de 1,5l gastabamos en 1 semana, e nun mes. Ao longo dos días fómonos xuntando cunha chea de botellas, demasiadas!!!que almacenamos e....xa se nos ocorrería que facer con elas!!!
recoller botellas
Os nenos e nenas de ESO suxeríronos que as botellas máis grandes consumían menos plástico. Algo totalmante paradóxico para nós. Pero quixemos comprobalo polos nosos propios medios. Experimentalmente vimos que era certo. Empezamos a consumir garrafas de 5 l e despois de 8 l. Comparamos as cantidades de residuos que xerabamos e....claro! canto máis grande a botella menos resíduo a igual cantidade de auga.
1 semana
Pero quixemos ir máis aló, e investigando investigando coñecimos as botellas de cristal retornables e tamén apuntamos a posibilidade de consumir auga da billa e utilizar xerras para servila no comedor. Esta será a nosa proposta de mellora!!!!!
mural
Descubrimos que non só contamina o resíduo en si senón o mesmo feito da súa fabricación. Así que falamos da separación de resíduos nos bidóns axeitados para poder reciclalos pero démonos conta de que o máis importante é poder reducir o consumo dos mesmos e reutilizar os materiais o máis posible.

E como sempre unha cousa leva á outra....pois os nenos e nenas da clase das medusas démonos conta de que o leite que tomamos no cole tamén ven en botellas de plástico, e decidimos escribir unhas cartas para mandar á fábrica de onde a mandan para propor que as substitúan por botellas de cristal retornables. Temos moita ilusión en que nos respondan e ver se somos quen de conseguir algún pequeno cambio......

Coas nosas conclusións e propostas de mellora fixemos un mural para poder comunicarlle aos compañeiros e compaleiras e familias que viñeron ao acto final de proxecto as nosas ideas, e coas botellas que fomos xuntando fixemos unha instalación e escultura.....a que impacta! (son só as botellas que xeramos en dúas semanas!!!)

mural
instalacion
DSC01821
DSC01820
escultura