18 de mayo de 2013

Xornadas da Cultura I: Semana do Libro

O mes de maio é o Mes da Cultura no cole Galén con unha chea de actividades en todos os cursos:  poesía, teatro, música.... Pero ímosvos contando por partes, estade atentos ao blog!

SEMANA DO LIBRO
Os nenos e nenas de Infantil iniciamos as xornadas o día do libro, como xa é tradición, o pasado 23 de abril, cunha visita á Biblioteca Nodal de Lugo. Alí estaban a esperándonos  Conchita e Pepiño para contarnos como funciona unha biblioteca e coñecer un pouquiño os segredos que este lugar máxico agocha.
biblio 1

Pepiño contounos como escoller os libros mirando os pegotes de diferentes cores e debuxos que teñen no lombo e Conchita fíxolles entrega aos nenos e nenas da clase das Fadas do seu carné de primeiros lectores e lectoras, para que así poidan gozar do préstamo de libros, cds, revistas, pelis etc....
biblio 2

biblio 3
 Despois Conchita ensinounos como están as zonas divididas en función das idades e puidemos gozar da lectura de contos no espazo especialmente deseñado para os nenos e nenas coma nós.  
 Antes de marchar escollemos cada un un libro en préstamo co carné do cole para levalos ás aulas e podelos contar ao longo destes días. Na hora de conto puidemos ollalos e compartilos, lelos e escoitalos e viaxar así ao mundo da fantasía ao que a lectura nos transporta. 
lendo 2
Lendo 1
 E como cada un de nós ten un ou varios libros favoritos na casa, quixemos traelos ao cole para compartir e ademais fixemos unha exposición con eles e cos marcapáxinas que en cada aula deseñamos. 

libro favorito


 Na clase das fadas fixemos uns marcapáxinas con material de refugallo, pintando con acuarela e adornando con flores feitas de restos de papel de parede! e quedaron moi moi chulos.
 Na clase dos leóns, como estabamos co proxecto da primavera, colgamos nun laciño varios bechiños e 
 floriñas do campo
marcapaxinas
.  

 E os nenos e nenas da clase das Sereas fixemos dous modelos: como estabamos co proxecto "Casas" fixemos unhas casiñas reutilizando tamén papel de parede e teas. E tamén fixemos estes orixinais "Comefollas"

comefollas
.  

Tamén para esta ocasión especial contamos coa colaboración das familias. Desta vez foi Marta, a mamá de Isaac, a que quixo compartir con nós un ratiño de literatura da man de Juan Ramón Jimenez. Leunos algúns dos pedaciños da fermosa obra "Platero" e a nós entusiasmounos. Como dixo un de nós referíndose á poesía, aquí tamén as palabras parece que cantan. Grazas Marta por compartir con nós este momento de lectura.

platero
 

Esta foi a primeira parte desta intensa actividade que nos traen as xornadas da cultura cada ano.
 En breve teredes a segunda parte....

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!