30 de mayo de 2013

O Rexo-Allariz

Xa é  noite e estamos a aproveitar os últimos minutiños antes de deitarnos facendo algúns xogos cos monitores e monitoras.
 Foi un día intenso e divertido. A pesar da choiva que nos acompañou a ratiños puidemos facer todo o que tiñamos previsto.:
Comezou a tarde cunha emocionante camiñata a través da fermosa fraga que nos levou ata a granxa e queixería onde logo puidemos ver, facer e aprender un montón de cousas. A volta polos mesmos derroteiros
foi se cabe máis fascinante xa que contamos coa compaña da choiva. Logo dunha relaxante ducha fixemos algunhas actividades e despois ceamos.
En breve tocará deitarnos para descansar pois mañá será outro día.
Boas noites e ata mañá.

3 comentarios:

  1. Que boa pinta ten o que nos contades!! Que sorte poder vivir unha experiencia tan enriquecedora para os nosos fillos e fillas. Gozade moito moito moito!!!!

    ResponderEliminar
  2. Que durmades todos moi ben. Grazas polas fotos e a disfrutar do que queda, que seguro sera xenial. Apertas para tod@s.

    ResponderEliminar
  3. Pero que envexa, a próxima temos que ir os pais tamén, je,je

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!