31 de mayo de 2013

Último día en Garabullos!

Si, é así , todo o bo remata. Pasámolo tan tan ben que o tempo voou.

Esta mañá costounos un pouquichiño erguernos porque a festa de onte á noite foi ....moita festa!! Cantamos, bailamos, saltamos e....durmímonos enseguida!
 Sobre as 09:00 estabamos todos e todas xa espertos agás os máis cansos que aproveitabamos cada minuto para repoñer forzas.
Despois do almorzo, como cada mañá, fomos darlle de comer aos animais. Agora mesmo, de media mañá estamos a tomar uns batidos caseiros de plátano con sobaos para coller forzas e ir ao bosque en busca de floriñas olorosas para un obradoiro de bolsiñas de aromas.

Despois xantaremos, gozaremos dos ultimos xogos polos fermosos espazos exteriores en espera do bus, que sobre as 16:30 chegará a buscarnos. Así que sobre as 16:50-17:00 estaremos de volta no cole.

Despedirémonos con moita emoción dos monitores e monitoras que tan ben nos coidaron e tantas cousas nos descubriron, dos animais que con tanto mimo coidamos e deste marabilloso paraxe natural, para con emoción esperar o reencontro cos que nos estades esperando (tamén emocionados) en Galén.

Apertarémonos en breve!!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!