13 de mayo de 2013

Our Farm!

Moi boas a todos e todas!

Como puidestes comprobar hai pouco tempo, no corredor de infantil houbo unha granxa de animais feita con material de refugallo e plastilina, pero sobre todo con amor e ilusión. Esta granxa fixérona os nenos e nenas de 3º de infantil logo dun intenso, dinámico e moi divertido traballo.

Como facemos en todos os nosos proxectos, comezamos por aprender con xogos variados o vocabulario que imos a traballar. Logo de aprendelo e xogar con el, cantamos e escenificamos varias cancións populares en inglés onde nos tocou representar a moitos dos animais que podemos atopar nas granxas.
Despois puidemos ver e escoitar a historia de Old MacDonald e outra onde os animais montan en tren facendo que este non se poida mover, tendo que desmontar os animais un a un para axudar ao tren a moverse. 

Farm vocab learning

Farm video

Farm games

Farm train song


Unha vez feito isto, coloreamos unhas fichas onde cada un dos nenos e nenas tiñamos que intuír primeiro e indicar despois de que cor era cada número para logo colorealos desa cor.

Farm colour by number


Se isto de por si xa parece divertido, máis o foi aínda facer a nosa propia granxa e Ana MacDonald. En primeiro lugar, collemos material de refugallo e despois de darlle forma, pintámolo ao estilo da historia. Despois, saímos á carballeira para buscar ramiñas e líquen para poder facer as árbores. E como nos sobrou un pouco de tempo, quedamos alí para xogar un pouco. Foi moi divertido! Para continuar, fixemos os nosos propios animaliños de plastilina. E para rematar, coloreamos uns debuxos que serían o fondo da granxa. 

Farm painting

Farm twigs and lichen

Farm oak grove

Farm trees

Farm animals

Farm colouring

Farm finished

Como podedes comprobar, foi moi completo, pero sobre todo e máis importante: foi divertido, tal e como máis nos gusta e como mellor aprendemos os nenos e nenas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!