16 de mayo de 2013

Visitando o Traballo da mamá de Mauro

Que sorte temos os nenos e nenas de Galén, porque contamos con unhas familias moi moi colaboradoras como vedes. 
 Desta volta tocounos ir de visita a Abante BPO o traballo da mamá de Mauro, Belén. Podedes visitar a súa web aquí
 Aínda que non tiñamos moi claro que é o que realmente fan en Abante BPO (para nós é un concepto aínda moi abstracto) a expereriencia foi xenial: moitísima xente moi nova traballando diante de ordenadores (preto de 400), con cascos e micrófonos, teléfonos por todas partes......e cada un no seu posto unha especie de cadriño entre outros moitos, como se dunha colmea se tratase. 
 Na entrada recibiunos o garda de seguridade e enseguida baixaron a buscarnos Mónica e Ana. Só elas podían darnos acceso con unha tarxeta especial que ao pasar por un lector abría as portas. E como non, para poder entrar nós tamén tiñamos que ter unha tarxetiña colgada do pescozo....que ilusión nos fixo! 

Despois uníuse a nós Belén, a mamá de Mauro que nos foi presentando a moita xente e explicando como se  traballa alí.

 avante BPO 1 
Cando entramos nas diferentes salas onde traballaba a xente alucinamos: canta xente alí xunta!!! e todos e todas mirando para nós. Ao principio deunos un pouco de vergonza pero enseguida fomos collendo confianza. Eran rapaces e rapazas moi novos, traballando nos seus postos cos cascos, falando polo micrófono e mirando ás pantallas de ordenador. E como non, nós tamén quixemos probar. 
Abante bpo2 Abante BPO 4 
E tamén vimos como traballan en equipo, os nomes e debuxos que teñen para cada un deles e as pizarras onde van anotando os puntos conseguidos polo traballo ben feito. 
Esta parte encantounos porque os puntos son golfiños laranxas e noso maior interese era contalos ou movelos para que algún deles xuntase os máis posibles.
 Abante BPO 3 

 Despois de percorrer todos os rinconciños invitáronnos a almorzar na sala de reunións un biscoito riquísimo e zumes. E nós quixemos demostrarlles o noso agradecemento cuns debuxos nos que representamos o que máis nos chamou a atención da visita. 

Abante BPO 

A verdade é que foi unha experiencia moi positiva e agradecémosvos moito a vosa atención e adicación ao longo da mañá. Moitas grazas Belén, Mónica e Ana. Grazas a Abante BPO pola vosa colaboración. Foi un pracer!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!